Saltar para o conteúdo

Diferenzas entre revisións de «Xabaril de Erimanto»

máis
(máis)
(máis)
Aínda que Heracles lle sacou a frecha inmediatamente e botoulle unha untura que lle dera o propio Quirón <ref>Quirón tiña grandes coñecementos de medicina, farmacia e botánica, segundo recoñece [[Plinio o Vello]].</ref>, el sabía que as feridas provocadas polas frechas de Heracles eran incurables, pois estaban impregnadas co sangue da [[Hidra de Lerna]]. Retirouse para morir ó interior da cova, pero Quirón era inmortal, pois era fillo de [[Cronos]] e de [[Filira]] (unha filla de [[Océano (mitoloxía)|Océano]], así que [[Prometeo]] ofreceuse a Zeus para ser el inmortal no lugar de Quirón, e asi este puido morrer.
 
E non só foi que morrera Quirón senón que mentres tantoHeracles perseguía ós outros centauros, Folo sacoulle unha frecha a un dos cadáveres, asombrado de que puidera matar a centauros tan grandes sendo unha cousa tan pequena. Ó manipulala caeulle das mans e foi caerlle nun pé, morrendo de socate.
 
== Iconografía ==
A representación iconográfica deste traballo reduciuse, practicamente, ó momento no que Heracles carga co xabaril sobre os ombros. O motivo case desaparece na [[Idade Media]] e [[Idade Moderna|Moderna]], e só se reflicte nos ciclos que recollan os diferentes traballos do heroe, como os realizados por [[Francisco de Zurbarán|Zurbarán]] en 1634 para o [[Palacio del Buen Retiro]] (Madrid), hoxe no [[Museo do Prado]] <ref>[https://www.museodelprado.es/coleccion/obra-de-arte/hercules-y-el-jabali-de-erimanto/3a8854b9-1b19-4cf9-8158-7ffa138bcf7e?searchid=0228cff1-eed2-6d9a-c3fe-1ed85ce569b3 ''Hércules e o xabaril de Erimanto'' (ficha no Museo do Prado)].</ref> ou por [[EugeneEugène Delacroix|Delacroix]] en 1854.
 
== Notas ==
* [[Robert Graves|GRAVES, Robert]]: ''Los mitos griegos'', Ariel 2007, px. 9.
* GRIMAL, Pierre: ''Diccionario de mitología griega y romana''. Ed. Paidós, 1981.
* [[Hixino|HIGINOHIXINO]]: ''Fábulas mitológicas''. Tradución, introdución e notas de Francisco Miguel del Rincón Sánchez. Alianza Editorial 2009, 30.
* [[Pseudo-Apolodoro|PSEUDO-APOLODORO]]: ''Biblioteca mitológica''. Tradución e notas de Julia García Moreno. Alianza Editorial 3ª ed. 2016, II, 5, 4 [a numeración segue a utilizada neste texto].
59.994

edicións