Xabaril de Erimanto: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
máis
Lameiro (conversa | contribucións)
máis
Liña 21: Liña 21:
Folo deu de comer a Heracles (carne asada para este e carne crúa para el) pero Heracles pediulle [[viño]]. Folo tiña unha cántara de viño pero era propiedade común de tódolos centauros e non quería abrila por medo a que aparecesen. Heracles tranquilizouno e insistiu, e Folo cedeu e abriu a cántara. Efectivamente, ó recendo do viño chegaron axiña numerosos centauros, e Heracles axotounos primeiro botando tizóns acesos contra eles, e logo xa perseguiunos lanzándolles frechas. Os centauros refuxiáronse xunto a [[Quirón]] con tan mala sorte que unha das frechas de Heracles feriu a un deles, [[Élato]], e foi dar no xeonllo de Quirón.
Folo deu de comer a Heracles (carne asada para este e carne crúa para el) pero Heracles pediulle [[viño]]. Folo tiña unha cántara de viño pero era propiedade común de tódolos centauros e non quería abrila por medo a que aparecesen. Heracles tranquilizouno e insistiu, e Folo cedeu e abriu a cántara. Efectivamente, ó recendo do viño chegaron axiña numerosos centauros, e Heracles axotounos primeiro botando tizóns acesos contra eles, e logo xa perseguiunos lanzándolles frechas. Os centauros refuxiáronse xunto a [[Quirón]] con tan mala sorte que unha das frechas de Heracles feriu a un deles, [[Élato]], e foi dar no xeonllo de Quirón.


Aínda que Heracles lle sacou a frecha inmediatamente e botoulle unha untura que lle dera o propio Quirón <ref>Quirón tiña grandes coñecementos de medicina, farmacia e botánica, segundo recoñece [[Plinio o Vello]].</ref>, as feridas provocadas polas frechas de Heracles eran incurables, pois
Aínda que Heracles lle sacou a frecha inmediatamente e botoulle unha untura que lle dera o propio Quirón <ref>Quirón tiña grandes coñecementos de medicina, farmacia e botánica, segundo recoñece [[Plinio o Vello]].</ref>, el sabía que as feridas provocadas polas frechas de Heracles eran incurables, pois estaban impregnadas co sangue da [[Hidra de Lerna]]. Retirouse para morir ó interior da cova, pero Quirón era inmortal, pois era fillo de [[Cronos]] e de [[Filira]] (unha filla de [[Océano (mitoloxía)|Océano]], así que [[Prometeo]] ofreceuse a Zeus para ser el inmortal no lugar de Quirón, e asi este puido morrer.

E non só foi que morrera Quirón senón que mentres tanto, Folo sacoulle unha frecha a un dos cadáveres, asombrado de que puidera matar a centauros tan grandes sendo unha cousa tan pequena. Ó manipulala caeulle das mans e foi caerlle nun pé, morrendo de socate.





Revisión como estaba o 21 de xaneiro de 2021 ás 20:27

Heracles e o Xabaril de Erimanto (Antonio Tempesta e Nicolo Van Aelst, 1608)

Na mitoloxía grega, o Xabaril de Erimanto era un enorme xabaril que se alimentaba da xente e devastaba a rexión do Erimanto, na Arcadia.

A caza do xabaril

Heracles, para ser purificado tralo asasinato dos seus fillos, acto cometido ó volverse louco por culpa de Hera, inimiga de Heracles por celos [1], tivo que acometer doce traballos que lle encomendara o seu primo Euristeo.

O terceiro destes traballos [2] foi cazar o Xabaril de Erimanto e levar o seu corpo ante Euristeo.

Heracles, dando grandes berros, fixo saír do covo ó xabaril e foi empurrándoo ata chegar a unha zona cuberta dunha grosa capa de neve. Alí seguiu tras o animal ata agotalo e así puido darlle morte. Cargouno sobre os ombros e levouno a Micenas, ante Euristeo. Este, aterrorizado, agochouse na cántara de bonce que mandara construír para protexerse de Heracles.

Cóntase que a pel do xabaril e mailos cairos gardáronse como exvoto no santuario de Apolo en Cumas [3], unha antiga cidade da Magna Grecia (actual Campania, ó sur de Italia).

O centauro Folo

Heracles e o seu amigo o centauro Folo (hidria ática de figuras negras, 520-510 aC, Louvre)

No camiño cara o Erimanto, Heracles parou na casa do centauro Folo (fillo de Sileno, un sátiro compañeiro de Dioniso). Este Folo era amigo de Heracles e, xunto a Quirón, os dous únicos centauros sabios e rectos [4], mentres que o resto deles eran personaxes salvaxes, luxuriosos, violentos cando estaban borrachos, como resultaba habitual.

Folo deu de comer a Heracles (carne asada para este e carne crúa para el) pero Heracles pediulle viño. Folo tiña unha cántara de viño pero era propiedade común de tódolos centauros e non quería abrila por medo a que aparecesen. Heracles tranquilizouno e insistiu, e Folo cedeu e abriu a cántara. Efectivamente, ó recendo do viño chegaron axiña numerosos centauros, e Heracles axotounos primeiro botando tizóns acesos contra eles, e logo xa perseguiunos lanzándolles frechas. Os centauros refuxiáronse xunto a Quirón con tan mala sorte que unha das frechas de Heracles feriu a un deles, Élato, e foi dar no xeonllo de Quirón.

Aínda que Heracles lle sacou a frecha inmediatamente e botoulle unha untura que lle dera o propio Quirón [5], el sabía que as feridas provocadas polas frechas de Heracles eran incurables, pois estaban impregnadas co sangue da Hidra de Lerna. Retirouse para morir ó interior da cova, pero Quirón era inmortal, pois era fillo de Cronos e de Filira (unha filla de Océano, así que Prometeo ofreceuse a Zeus para ser el inmortal no lugar de Quirón, e asi este puido morrer.

E non só foi que morrera Quirón senón que mentres tanto, Folo sacoulle unha frecha a un dos cadáveres, asombrado de que puidera matar a centauros tan grandes sendo unha cousa tan pequena. Ó manipulala caeulle das mans e foi caerlle nun pé, morrendo de socate.


Notas

  1. Heracles era fillo de Zeus, e Hera, a esposa do mesmo deus, perseguía ás súas amantes e ós fillos bastardos que tivera.
  2. A ordenación dos doce traballos non é sempre a mesma segundo o mitógrafo consultado. Para Grimal ou Hixino, este foi o terceiro traballo; para Pseudo-Apolodoro, foi o cuarto.
  3. Pausanias VIII, 24, 5.
  4. Quirón foi o preceptor de Aquiles.
  5. Quirón tiña grandes coñecementos de medicina, farmacia e botánica, segundo recoñece Plinio o Vello.

Véxase tamén

Bibliografía

  • ELVIRA BARBA: Miguel Ángel: Arte y mito. Manual de iconografía clásica. Sílex, 3ª ed. 2017.
  • GRAVES, Robert: Los mitos griegos, Ariel 2007, px. 9.
  • GRIMAL, Pierre: Diccionario de mitología griega y romana. Ed. Paidós, 1981.
  • PSEUDO-APOLODORO: Biblioteca mitológica. Tradución e notas de Julia García Moreno. Alianza Editorial 3ª ed. 2016 [a numeración segue a utilizada neste texto].


Era un jabalí enorme que se alimentaba de hombres y de tal fuerza que con sus colmillos era capaz de arrancar árboles de raíz.