Everest: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
→‎Estatísticas: Máis de es.wiki
Jglamela (conversa | contribucións)
Liña 50: Liña 50:


== Estatísticas ==
== Estatísticas ==
Ata a fin de 2017, 4833 personas escalaron a cima nun total de 8306 ascensións, o que significa que 3473 ascensións as realizaron persoas que subiron en máis dunha ocasión, a maioría delas sherpas. Delas, 536 foron logradas por mulleres.
Ata a fin de 2017, 4833 persoas escalaron a cima nun total de 8306 ascensións, o que significa que 3473 ascensións as realizaron persoas que subiron en máis dunha ocasión, a maioría delas sherpas. Delas, 536 foron logradas por mulleres.


288 persoas (115 delas, sherpas) morreron no intento entre 1921 e 2017. As condicións da montaña son tan difíciles que a gran maioría dos corpos permanecen na montaña. Moitos deles son visibles desde as vías de ascenso habituais<ref name=AAstats>{{cita web|url=http://www.alanarnette.com/blog/2017/12/17/everest-by-the-numbers-2018-edition/|work=The Blog on alanarnette.com|dataacceso=25 de xaneiro de 2017 |título=Everest by the numbers:2018 Edition |data=17 de decembro de 2017|lingua=en}}</ref> e algúns serven como puntos de referencia.<ref>{{Cita web|título=BBC - Future - Death in the clouds: The problem with Everest’s 200+ bodies|url=http://www.bbc.com/future/story/20151008-the-graveyard-in-the-clouds-everests-200-dead-bodies|autor=Rachel Nuwer}}</ref><ref>{{Cita web|data=28 de novembro de 2012|título=There Are Over 200 Bodies on Mount Everest, And They’re Used as Landmarks|url=http://www.smithsonianmag.com/smart-news/there-are-over-200-bodies-on-mount-everest-and-theyre-used-as-landmarks-146904416/?no-ist|dataacceso=17 de xuño de 2016|editorial=Smithsonianmag.com|autor=Rachel Nuwer}}</ref>
288 persoas (115 delas, sherpas) morreron no intento entre 1921 e 2017. As condicións da montaña son tan difíciles que a gran maioría dos corpos permanecen na montaña. Moitos deles son visibles desde as vías de ascenso habituais<ref name=AAstats>{{cita web|url=http://www.alanarnette.com/blog/2017/12/17/everest-by-the-numbers-2018-edition/|work=The Blog on alanarnette.com|dataacceso=25 de xaneiro de 2017 |título=Everest by the numbers:2018 Edition |data=17 de decembro de 2017|lingua=en}}</ref> e algúns serven como puntos de referencia.<ref>{{Cita web|título=BBC - Future - Death in the clouds: The problem with Everest’s 200+ bodies|url=http://www.bbc.com/future/story/20151008-the-graveyard-in-the-clouds-everests-200-dead-bodies|autor=Rachel Nuwer}}</ref><ref>{{Cita web|data=28 de novembro de 2012|título=There Are Over 200 Bodies on Mount Everest, And They’re Used as Landmarks|url=http://www.smithsonianmag.com/smart-news/there-are-over-200-bodies-on-mount-everest-and-theyre-used-as-landmarks-146904416/?no-ist|dataacceso=17 de xuño de 2016|editorial=Smithsonianmag.com|autor=Rachel Nuwer}}</ref>

Revisión como estaba o 20 de xaneiro de 2021 ás 20:22

Coordenadas: 27°59′17″N 86°55′31″L / 27.98806, -86.92528 Modelo:Infobox Montaña

O monte Everest é o máis alto cumio do mundo, dentro da cadea do Himalaia. Está situado sobre a fronteira entre o Nepal e mailo Tíbet (China). En nepalés, o cumio chámase Sagarmata (do sánscrito सगरमाथा, fronte do ceo), en tibetano, Chomolungma (ཇོ་མོ་གླང་མ), Chomolangma ou Qomolangma (devesa do universo), e en chinés 珠穆朗瑪峰 (pinyin: Zhūmùlǎngmǎ Fēng) ou 聖母峰. A montaña foi nomeada Everest en honra de Sir George Everest, xeógrafo británico, en 1865.

Medida da súa altitude

Everest visto desde KalarPatar.

Ata 1865 as autoridades coloniais británicas das Indias, denominaban ao monte Everest coma Peak XV (Pico XV).

Radhanat Sikdar, un matemático e topógrafo indio do Bengal, foi o primeiro en identificar o Everest coma o cumio máis alto do mundo, por cálculos trigonométricos en 1852. A súa altitude foi entón estimada en 29.002 pés (en vez dos 29.035 reais), cálculos que foron feitos públicos por Sir Andrew Waugh, gobernador xeral da India colonial británica desde 1843.

No 1865, o mesmo Andrew Waugh bautiza o Peak XV co nome do seu predecesor a gobernador xeral, Sir George Everest (1790-1866), gobernador de 1830 a 1843. Desde entón, o nome de monte Everest establécese en todas as linguas occidentais. Certos indios[quen?] pensan que o cumio debería de se chamar Sikdar, e non Everest, a fin de render xustiza ao autor dos cálculos de 1852.

A altitude de 8848 m foi determinada por un estudo indio realizado en 1955, achegándose máis á montaña e empregando teodolitos. Esa altitude foi ratificada en 1975 por unha medición chinesa.[1] En ambos os casos mediuse a cima de neve e non de rocha.

Unha medida GPS efectuada en maio 1999 por unha expedición estadounidense dirixida por Bradford Washburn e aceptada pola National Geographic Society situou a altura do Everest en 8850 metros.[2] Outra medición tomada en 2005 pola República Popular da China con aparellos máis modernos reflectiron como medida a de 8844,43 cun índice de erro non superior a 30 centímetros. En 2020 un estudo conxunto de Nepal e China deu como altitude 8848,86 m[3]

O monte Everest aínda se está a elevar e a mover cara ao nordés a causa da tectónica de placas da zona do sur de Asia. Dúas fontes,[2][4] suxiren que a velocidade de movemento é de 4 mm ao ano en elevación e 3-6 mm cara ao nordés.

Ascensións

Desde 1921 fixéronse varias tentativas de ascensións á montaña.

Everest visto desde a Estación Espacial Internacional.

Estatísticas

Ata a fin de 2017, 4833 persoas escalaron a cima nun total de 8306 ascensións, o que significa que 3473 ascensións as realizaron persoas que subiron en máis dunha ocasión, a maioría delas sherpas. Delas, 536 foron logradas por mulleres.

288 persoas (115 delas, sherpas) morreron no intento entre 1921 e 2017. As condicións da montaña son tan difíciles que a gran maioría dos corpos permanecen na montaña. Moitos deles son visibles desde as vías de ascenso habituais[5] e algúns serven como puntos de referencia.[6][7]

Clima

O clima do Everest é extremo. En xaneiro, o mes máis frío, a temperatura media no cumio é de -36 °C podendo baixar incluso ata os -60 °C. En xullo, o mes máis cálido, a temperatura media no cumio é de -20 °C. Porén estas temperaturas xa de por si extremas co efecto do vento a sensación térmica é dunha temperatura moito máis baixa.

Cronoloxía

Everest visto desde Rombok Gompa (Tíbet).
  • 1841: O coronel George Everest, Topógrafo Xeral na India, bautiza provisionalmente a montaña como Pico XV.
  • 1852: Cálculos da Great Trigonometrical Survey levan a concluír que se trata da montaña máis alta da Terra.
  • 1921: Primeira expedición británica no Everest.
  • 1924: O 8 de xuño George Mallory e Andrew Irvine parten rumbo ao pico e desaparecen na néboa. Nunca se soubo se chegaron ou non.
  • 1953: Na mañá do 29 de maio, o apicultor neozelandés Edmund Hillary e o sherpa Tenzing Norgay chegan ao pico.
  • 1995: Waldemar Niclevicz e Mozart Catão son os primeiros brasileiros en atinxir o cume do Everest, ás 11h 22m do día 14 de maio.
  • 1996: O porriñés Jesús Martínez Novás convértese no primeiro galego en subir o Everest (e sen osíxeno).
  • 1996: Maior número de alpinistas mortos nun só ano: quince.
  • 1999: O corpo de Mallory é atopado con obxectos persoais, mais sen a foto da esposa, que prometera deixar no pico.
  • 1999: En maio, João Garcia é o primeiro portugués en atinxir o pico (e sen osíxeno adicional), mais pérdese no descenso (o seu colega de escalada belga morre na descendida) e é rescatado polo matrimonio brasileiro Helena e Paulo Rogério Coelho. Após unha longa hospitalización sobrevive, mais perde parte de nove dedos e parte do nariz.
  • 1999: O 26 de maio a galega Chus Lago é a primeira muller galega, e terceira do mundo, en realizar a ascensión sen osíxeno artificial.

Rutas de ascenso

As dúas principais rutas de ascenso, a suroeste (laranxa) e a nordés (amarelo).

O monte Everest ten dúas rutas principais para acceder ao cumio: a ruta pola cara suroeste, dende o Nepal, e a ruta nordés, dende o Tibet, porén existen outras trece rutas menos frecuentadas.[8] Das dúas rutas principais a máis fácil tecnicamente e a máis utilizada é a suroeste, foi a seguida por Hillary e Tenzing en 1953 e a primeira das quince rutas descritas en 1996,[8] porén esta foi máis unha decisión política que técnica, xa que a China pechou a súa fronteira aos estranxeiros en 1949.[9]

A maior parte dos intentos de ascensión realízanse entre abril e maio, antes de que comece o verán, a estación dos monzóns. Isto débese a que un cambio nas corrente en chorro nesa época do ano reduce a velocidade media do vento en altas cotas da montaña.[10][11] A pesar de que tamén se realizan intentos despois dos monzóns (en setembro ou outubro) a neve depositada polo monzón e o clima menos estabel fan a escalada máis complexa.

Aceso en helicóptero

O 14 de maio de 2005 o piloto francés Didier Delsalle aterrizou cun helicóptero Eurocopter modelo AS 350 B3 no cumio do Everest. Permaneceu alí durante dous minutos, coa engalaxe posterior sentou a marca mundial de engalaxe con helicóptero dende o punto máis elevado.

Masificación

Na actualidade o monte Everest é un centro turístico de importancia mundial, atraendo cada ano miles de persoas, podendo emprender a ruta de ascenso ao cumio nun mesmo día 234 persoas. Esta masificación comporta varios problemas como o de pelexas a máis de 6.000 metros de altura polo uso das cordas ancoradas na parede da montaña, roubos e sobre todo a acumulación de lixo en zonas de difícil aceso como é o cumio do Everest.

Por estas razóns no ano 2014 o goberno nepalí lexislou ao respecto, decretando que todo aquel que ascenda á montaña deberá recoller e descender con oito quilogramos de lixo, así mesmo creou un posto de seguridade cun pequeno corpo formado por membros do exército, policía e policía armada nepalís[12][13].

Notas

  1. "ABC.net". Consultado o 20 de maio de 2007. 
  2. 2,0 2,1 "Elevation of Mount Everest newly defined:8,850 not 8,848 meters above sea level". Fondation Suisse pour Recherches Alpines. 30 de novembro de 1999. Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2007. Consultado o 20 de maio de 2007. 
  3. Rosa M. Bosch (8 de decembro de 2020). "El Everest se eleva hasta los 8.848,86 metros". La Vanguardia (en castelán). 
  4. "National Geographic". Arquivado dende o orixinal o 12 de xullo de 2007. Consultado o 20 de maio de 2007. 
  5. "Everest by the numbers:2018 Edition". The Blog on alanarnette.com (en inglés). 17 de decembro de 2017. Consultado o 25 de xaneiro de 2017. 
  6. Rachel Nuwer. "BBC - Future - Death in the clouds: The problem with Everest’s 200+ bodies". 
  7. Rachel Nuwer (28 de novembro de 2012). "There Are Over 200 Bodies on Mount Everest, And They’re Used as Landmarks". Smithsonianmag.com. Consultado o 17 de xuño de 2016. 
  8. 8,0 8,1 "Ascent Routes on Everest". EverestHistory.com. Consultado o 21 de xaneiro de 2008. 
  9. "Everest Time Line: 80 Years of Triumph and Tragedy". National Geographic Society.  Parámetro descoñecido |nombre= ignorado (suxírese |nome=) (Axuda); Parámetro descoñecido |fecha= ignorado (suxírese |data=) (Axuda); Parámetro descoñecido |apellido= ignorado (suxírese |apelidos=) (Axuda); Parámetro descoñecido |fechaacceso= ignorado (suxírese |data-acceso=) (Axuda)
  10. "Climbing Mount Everest". The New York Times. 19 de maio de 1997. Consultado o 24 de outubro de 2008. 
  11. Team Everest 03. "Mt. Everest Information". Consultado o 24 de outubro de 2008.  Parámetro descoñecido |urlarchivo= ignorado (suxírese |url-arquivo=) (Axuda)
  12. http://www.elmundo.es/deportes/2014/03/03/5314e10a268e3ecd758b4585.html
  13. http://deportes.elpais.com/deportes/2014/03/07/actualidad/1394210738_506147.html

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas