Éter (mitoloxía): Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
|||
Liña 3: | Liña 3: | ||
[[Ficheiro:Pergamonaltarfight.jpg|miniatura|200px|Éter loitando contra un xigante na [[Xigantomaquia]] (Altar de Pérgamo)]] |
[[Ficheiro:Pergamonaltarfight.jpg|miniatura|200px|Éter loitando contra un xigante na [[Xigantomaquia]] (Altar de Pérgamo)]] |
||
Na [[mitoloxía grega]], '''Éter''' era unha das deidades primoriais, personificación do ceo superior, onde a luz do sol é máis limpa que no ceo máis próximo á terra. É dicir, Éter sería o espazo situado por riba do ceo que vemos: segundo os ''Himnos homéricos'', [[Helios]] (o Sol) habita no Éter, e tamén os [[ |
Na [[mitoloxía grega]], '''Éter''' era unha das deidades primoriais, personificación do ceo superior, onde a luz do sol é máis limpa que no ceo máis próximo á terra. É dicir, Éter sería o espazo situado por riba do ceo que vemos: segundo os ''Himnos homéricos'', [[Helios]] (o Sol) habita no Éter, e tamén os [[Ventos (mitoloxía)|Ventos]] soplan desde este lugar. Debe diferenciarse a Éter (esa rexión superior do ceo) do ceo propiamente dito, personificado en Urano. |
||
Considérase fillo de [[Érebo]] (a Escuridade) e [[Nicte]] (ou Nix, a Noite), e irmán de [[Hémera]] (a Luz do día). |
Considérase fillo de [[Érebo]] (a Escuridade) e [[Nicte]] (ou Nix, a Noite), e irmán de [[Hémera]] (a Luz do día). |
Revisión como estaba o 13 de xaneiro de 2021 ás 23:09
Na mitoloxía grega, Éter era unha das deidades primoriais, personificación do ceo superior, onde a luz do sol é máis limpa que no ceo máis próximo á terra. É dicir, Éter sería o espazo situado por riba do ceo que vemos: segundo os Himnos homéricos, Helios (o Sol) habita no Éter, e tamén os Ventos soplan desde este lugar. Debe diferenciarse a Éter (esa rexión superior do ceo) do ceo propiamente dito, personificado en Urano.
Considérase fillo de Érebo (a Escuridade) e Nicte (ou Nix, a Noite), e irmán de Hémera (a Luz do día).
"Do Caos naceron Érebo e a negra Noite. Da Noite, á súa vez, xurdiron Éter e Hémera, ós que enxendrou como froito dos seus amores con Érebo".(Hesíodo: Teogonía 124-126)
Outras tradicións, como recolle Higino no prólogo ás súas Fábulas [1], narran que Éter se uniu a Hémera (o Día), e que de aí naceron Xea (a Terra), Urano (o Ceo) e Ponto (o Mar). Tamén naceron desta unión diferentes conceptos abstrancos, que foron personificados na mitoloxía: a Dolor, o Pesar, a Ira, a Astucia, a Mentira, o Xuramento, a Vinganza, o Esquecemento, a Covardía, o Medo, o Incesto, etc. E finalmente, tamén diferentes titáns (como Océano, Temis, Hiperión), e outros moitos personaxes mitolóxicos, como o Tártaro, os Ciclopes e os Hecatonquiros, Atlas, etc.
Segundo Cicerón, Éter era o pai de Xúpiter e de Urano (Grimal).
Notas
- ↑ Prólogo a Fábulas, 3.
Véxase tamén
Bibliografía
- GRIMAL, Pierre: Diccionario de mitología griega y romana. Ed. Paidós, 1981.
- HIGINO: Fábulas mitológicas. Tradución, introdución e notas de Francisco Miguel del Rincón Sánchez. Alianza Editorial 2009.