Atalanta: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
recén > recentemente
Lles (conversa | contribucións)
Liña 7: Liña 7:
{{Control de autoridades}}
{{Control de autoridades}}


[[Categoría:Mitoloxía grega]]
[[Categoría:Mulleres na mitoloxía grega]]

Revisión como estaba o 13 de xaneiro de 2021 ás 08:34

Atalanta e Hipomenes, de Guido Reni.

Atalanta é unha personaxe da mitoloxía grega. Existen dúas versións sobre a súa historia.

Na versión arcadiana, é filla de Iasos, rei do Peloponeso. Como Iasos desexaba un home, enfureceuse cando soubo que tivera unha filla e decidiu expor a acabada de nacer no bosque Pelión para que morrese. Mais, unha osa apiadouse da criatura e protexeuna até que uns pastores a recolleron para criala. Cos anos, Atalanta chegou a ser unha magnífica cazadora e distinguiuse especialmente na cacería do xabarín de Calidón. Como Artemisa, deusa tamén cazadora, Atalanta fixo voto de virxindade, de modo que polas súas frechas pereceron os centauros Hileo e Reco que intentaran abusar dela. Foi a única muller que formou parte da expedición dos argonautas.

Na versión beocia, Atalanta é filla do rei Xoeneo. O seu pai quería casala, mais ela desexaba permanecer virxe, polo que argallou un plan para evitar o matrimonio: só tomaría como esposo aquel que conseguise vencela nunha carreira pedestre, e os que intentasen a proba e fracasasen serían executados. Así morreron moitos pretendentes. Non obstante, un día apareceu o mozo Hipomenes disposto a conseguir a man da princesa grazas á axuda de Afrodita. A deusa obséquiao coas tres mazás de ouro que Heracles roubara no xardín das Hespérides. Durante a carreira, Atalanta adiantou a Hipomenes en tres ocasións pero, en cada unha delas, o rapaz lanzaba unha das mazás por diante da súa opoñente que, chea de curiosidade, se agachaba para recollelas e era adiantada polo seu rival. Despois deste episodio, os recentemente casados cometeron un sacrilexio no templo de Démeter, que os transformou en leóns e os xunguiu ó seu carro. Son os leóns da fonte da Cibeles en Madrid.