Diferenzas entre revisións de «Tomé de Mancasola»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
Engade 1 libro para verificar (20210112)) #IABot (v2.0.7) (GreenC bot
(Engade 1 libro para verificar (20210112)) #IABot (v2.0.7) (GreenC bot)
Etiqueta: Revertida
'''Tomé de Mancasola''' ou '''Tommaso Mancasola''' foi un monxe [[Orde dos Predicadores|dominicano]], que chegou a ser bispo de [[diocese católica latina de Samarcanda|Samarcanda]] no [[século XIV]].
== Traxectoria ==
A cidade de [[Samarcanda]] era nos séculos [[século XIII|XIII]] e [[século XIV|XIV]] un dos principais centros do [[khanato de Chagatai]]. Segundo as fontes da época na cidade, xunto ás comunidades [[Igrexa do Oriente|nestoriana]] e [[Igrexa Ortodoxa de Antioquía|ortodoxa]] había unha misión dos [[Orde dos Predicadores|dominicanos]] traballando.<ref name="Beazley">{{cita libro |título=The Dawn of Modern Geography ...: From the middle of the thirteenth to the early years of the fifteenth century (c.A.D. 1260-1420) |url=https://archive.org/details/dawnofmoderngeog0002beaz |nome=Charles Raymond |apelidos=Beazley |ligazónautor=Charles Raymond Beazley |editorial=P. Smith |ano=1949 |páxinas=[https://archive.org/details/dawnofmoderngeog0002beaz/page/240 240]-241}}</ref> Desta comunidade dominicana, Mancasola e un compañeiro fixeron de embaixadores entre o [[papa]] e o [[khan]]. Mancasola tería chegado alí logo de pasar por [[Persia]].<ref name="Beazley"/><ref name="Sinor"/>
 
As boas perspectivas da misión fixeron que o papa [[Xoán XXII, papa|Xoán XXII]] erixise a [[diocese católica latina de Samarcanda|diocese de Samarcanda]] en [[1329]], nomeando a Mancasola primeiro bispo da mesma.<ref name="Beazley"/><ref name="Sinor">{{cita libro |título=Inner Asia: History - Civilization - Languages. A Syllabus |nome=Denis |apelidos=Sinor |ligazónautor=Denis Sinor |editorial=Bloomington: Indiana University Press |ano=1969 |páxina=229 }}</ref> Mancasola volveu dende [[Roma]] a Samarcanda na primavera [[1330]], mais na súa ausencia a situación política no khanato mudara, co pasamento de [[Eljigidey]] (converso ao [[cristianismo]])<ref name="Sinor"/> e cos gobernos de [[Duwa Temür]] e [[Tarmashirin]] (conversos ao [[islam]]), que destruíron [[Igrexa (arquitectura)|igrexas]] e [[sinagoga]]s. A situación mudou coa chegada de [[Buzan]].
173.009

edicións

Menú de navegación