Iolao: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
máis
Lameiro (conversa | contribucións)
máis
Liña 11: Liña 11:
[[Ficheiro:Hercules Killing the Lernean Hydra.jpg|miniatura|250px|Iolao axuda a Heracles a acabar coa Hidra de Lerna]]
[[Ficheiro:Hercules Killing the Lernean Hydra.jpg|miniatura|250px|Iolao axuda a Heracles a acabar coa Hidra de Lerna]]

Formou parte da expedición dos [[Argonautas]] ([[Higino]]: ''Fábulas'' 14, 22; aínda que Pseudo-Apolodoro non o inclúe entre eles) e na partida de caza do [[xabaril de Calidón]].
Formou parte da expedición dos [[Argonautas]] ([[Higino]]: ''Fábulas'' 14, 22; aínda que Pseudo-Apolodoro non o inclúe entre eles) e na partida de caza do [[xabaril de Calidón]] (Higino: 173, 2; pero Pseudo-Apolodoro tampouco o cita, aínda que si ó pai de Iolao, Ificles).

Iolao acompañou a Heracles a matar a [[Hidra de Lerna]], no contexto dos [[os doce traballos de Heracles|doce traballos]] que este tivo que realizar ó mandado do seu tío [[Euristeo]] para poder ser purificado tralo asasinato dos seus fillos. A Hidra tiña a propiedade de rexenerar as súas múltiples cabezas se eran cortadas, polo que, mentres Heracles as ía cortando, Iolao ía cauterizando o corte do pescozo con tizóns sacados dun bosque próximo ó que prendeu lume. Por esta axuda recibida, Euristeo non considerou válido este traballo na conta dos dez que debía realizar.

Liña 27: Liña 27:
Euristeo, trala morte de Heracles, prohibiu o regreso a [[Tirinto]] de [[Alcmena]], de Ificles e mais Iolao (xa na vida do heroe, prohibiulle regresar aínda despois de cumprir os doce traballos). A maiores, obrigou ós reis de [[Corinto]] e de [[Traquis]] que os acolleran, polo que tiveron que refuxiarse en [[Atenas]]. Tamén esixiu ó rei de Atenas que os expulsase da cidade, pero os atenienses negáronse. Euristeo declaroulles a guerra pero foi derrotado e tivo que fuxir. Foi perseguido por [[Hilo (mitoloxía)|Hilo]], o fillo maior de Heracles, que lle deu alcance e o matou, aínda que [[Píndaro]] (''Píticas'', IX, 79) conta que foi Iolao quen o matou. Respecto a estes feitos, dise que Iolao pediu ós deuses do Hades que lle permitiran recuperar a súa forza da xuventude durante só unha hora (ou un día), para poder axudar á súa familia. Foille permitido e puido volver para matar a Euristeo.

Ovidio di que este don lle foi concedido por [[Hebe (mitoloxía)|Hebe]], deusa da xuventude <ref>Lémbrese que Heracles, tras morrer e ascender ó Olimpo, casou coa deusa Hebe.</ref>.
[[Ovidio]] di que este don lle foi concedido por [[Hebe (mitoloxía)|Hebe]], deusa da xuventude <ref>Lémbrese que Heracles, tras morrer e ascender ó Olimpo, casou coa deusa Hebe.</ref>.

{{cita|"''Pois na alta soleira presentouse un mozo, case meniño, coas meixelas cubertas por certo bozo, Iolao, co rostro rexuvenecido tal como nos seus anos mozos. Este don fóralle outorgado por Hebe, filla de Iuno, vencida polas súplicas do seu esposo ... Por mor do destino volveu Iolao a uns anos que xa vivira''".|(Ovidio: ''Metamorfosis'' IX, 397-401, 430-431)}}

Higino narra as circunstancias da morte de Iolao. Xunto a Heracles, participou na [[Guerra de Troia]], pero existía un oráculo que auguraba a morte ó primeiro que desembarcara. Foi Iolao que o fixo e caeu morto por unha frecha de [[Heitor]].

{{cita|"''Segundo o oráculo, o primeiro dos aqueos que puxera o pé nas costas troianas, perecería. Cando os aqueos atracaron as naves, visto que os demais titubeaban, Iolao, fillo de Íficlo e de Diomedea, foi o primeiro en saltar desde a súa nave e ó instante Heitor matouno. Todos o chamaron Protesilao, por morrer o primeiro''".|(Higino: ''Fábulas'' 103, 1)}}

== Notas ==
== Notas ==
Liña 39: Liña 43:
=== Bibliografía ===
=== Bibliografía ===
* GRIMAL, Pierre: ''Diccionario de mitología griega y romana''. Ed. Paidós, 1981.
* GRIMAL, Pierre: ''Diccionario de mitología griega y romana''. Ed. Paidós, 1981.
* [[HIGINO]]: ''Fábulas mitológicas''. Tradución, introdución e notas de Francisco Miguel del Rincón Sánchez. Alianza Editorial 2009.
* HIGINO: ''Fábulas mitológicas''. Tradución, introdución e notas de Francisco Miguel del Rincón Sánchez. Alianza Editorial 2009.
* [[Ovidio|OVIDIO]]: ''Metamorfosis''. Tradución de Antonio Ramírez de Verger. Alianza Editorial 3ª ed. 2015, 2ª reimp. 2017 [a numeración segue a utilizada neste texto].
* OVIDIO: ''Metamorfosis''. Tradución de Antonio Ramírez de Verger. Alianza Editorial 3ª ed. 2015, 2ª reimp. 2017 [a numeración segue a utilizada neste texto].

Revisión como estaba o 11 de xaneiro de 2021 ás 18:20

Iolao e Heracles, nun mosaico romano do s. I (Ninfeo de Anzio)

Na mitoloxía grega, Iolao era o fillo de Ificles e Automedusa, sobriño de Heracles e un dos compañeiros deste, a quen aparece conducindo o carro. Para Plutarco e Eurípides puido ser un amante de Heracles.

A lenda conta que a esposa de Zeus, Hera (que perseguía ás amantes e fillos de Zeus), mandou a Heracles un ramo de loucura, e nese estado este matou ós seus fillos, e mais dous dos fillos de Ificles. Ificles conseguiu salvar a Iolao e á esposa de Heracles, Mégara [1]

Tras matar os fillos recuperou a razón e, ó ver o crime cometido, Heracles exiliouse e cedeu a Mégara a Iolao, coa que tivo unha filla, Leipéfile, que significa "Amor da abandonada".

Iolao axuda a Heracles a acabar coa Hidra de Lerna

Formou parte da expedición dos Argonautas (Higino: Fábulas 14, 22; aínda que Pseudo-Apolodoro non o inclúe entre eles) e na partida de caza do xabaril de Calidón (Higino: 173, 2; pero Pseudo-Apolodoro tampouco o cita, aínda que si ó pai de Iolao, Ificles).

Iolao acompañou a Heracles a matar a Hidra de Lerna, no contexto dos doce traballos que este tivo que realizar ó mandado do seu tío Euristeo para poder ser purificado tralo asasinato dos seus fillos. A Hidra tiña a propiedade de rexenerar as súas múltiples cabezas se eran cortadas, polo que, mentres Heracles as ía cortando, Iolao ía cauterizando o corte do pescozo con tizóns sacados dun bosque próximo ó que prendeu lume. Por esta axuda recibida, Euristeo non considerou válido este traballo na conta dos dez que debía realizar.

"Heracles, polo tanto, chegou a Lerna montado nun carro conducido por Iolao ... Chamou na súa axuda a Iolao, que prendeu lume a unha parte dun bosque próximo e, queimando cos tizóns os tocos das cabezas, impediu que brotasen de novo".
(Pseudo-Apolodoro: Biblioteca mitológica II, 5, 2.)

Tamén acompañou a Heracles na expedición que este organizou para roubar as vacas de Xerión e axudouno na loita mantida con Cicno, fillo de Ares.

Heracles mandou a Iolao a Sardeña ó mando dalgúns dos fillos que tivera coas cincuenta fillas de Tespio, co encargo de fundar alí unha colonia. Iolao conquistou as mellores terras da illa e civilizou ós seus habitantes, polo que chegaría a ser adorado por estes.

Nos primeiros Xogos Olímpicos instaurados por Heracles, Iolao participou e ganou conducindo un carro tirado polos cabalos do heroe. Tamén nos xogos fúnebres celebrados en honor de Pelias.

Posteriormente volveu con Heracles pouco antes da morte deste e algunhas fontes din que foi el quen prendeu a pira funeraria na que se inmolou o heroe, se ben se adoita atribuír esta acción a Filoctetes, un dos compañeiros de Heracles.

Euristeo, trala morte de Heracles, prohibiu o regreso a Tirinto de Alcmena, de Ificles e mais Iolao (xa na vida do heroe, prohibiulle regresar aínda despois de cumprir os doce traballos). A maiores, obrigou ós reis de Corinto e de Traquis que os acolleran, polo que tiveron que refuxiarse en Atenas. Tamén esixiu ó rei de Atenas que os expulsase da cidade, pero os atenienses negáronse. Euristeo declaroulles a guerra pero foi derrotado e tivo que fuxir. Foi perseguido por Hilo, o fillo maior de Heracles, que lle deu alcance e o matou, aínda que Píndaro (Píticas, IX, 79) conta que foi Iolao quen o matou. Respecto a estes feitos, dise que Iolao pediu ós deuses do Hades que lle permitiran recuperar a súa forza da xuventude durante só unha hora (ou un día), para poder axudar á súa familia. Foille permitido e puido volver para matar a Euristeo.

Ovidio di que este don lle foi concedido por Hebe, deusa da xuventude [2].

"Pois na alta soleira presentouse un mozo, case meniño, coas meixelas cubertas por certo bozo, Iolao, co rostro rexuvenecido tal como nos seus anos mozos. Este don fóralle outorgado por Hebe, filla de Iuno, vencida polas súplicas do seu esposo ... Por mor do destino volveu Iolao a uns anos que xa vivira".
(Ovidio: Metamorfosis IX, 397-401, 430-431)

Higino narra as circunstancias da morte de Iolao. Xunto a Heracles, participou na Guerra de Troia, pero existía un oráculo que auguraba a morte ó primeiro que desembarcara. Foi Iolao que o fixo e caeu morto por unha frecha de Heitor.

"Segundo o oráculo, o primeiro dos aqueos que puxera o pé nas costas troianas, perecería. Cando os aqueos atracaron as naves, visto que os demais titubeaban, Iolao, fillo de Íficlo e de Diomedea, foi o primeiro en saltar desde a súa nave e ó instante Heitor matouno. Todos o chamaron Protesilao, por morrer o primeiro".
(Higino: Fábulas 103, 1)

Notas

  1. .Higino dá outra versión, segundo a cal Heracles matou ós fillos e tamén a Mégara (Higino: Fábulas mitológicas 32, 1-2.).
  2. Lémbrese que Heracles, tras morrer e ascender ó Olimpo, casou coa deusa Hebe.

Véxase tamén

Bibliografía

  • GRIMAL, Pierre: Diccionario de mitología griega y romana. Ed. Paidós, 1981.
  • HIGINO: Fábulas mitológicas. Tradución, introdución e notas de Francisco Miguel del Rincón Sánchez. Alianza Editorial 2009.
  • OVIDIO: Metamorfosis. Tradución de Antonio Ramírez de Verger. Alianza Editorial 3ª ed. 2015, 2ª reimp. 2017 [a numeración segue a utilizada neste texto].