Éter (mitoloxía): Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
m engado a Categoría:Deuses gregos mediante HotCat
Lameiro (conversa | contribucións)
outros homónimos
Liña 1: Liña 1:
{{Outros homónimos|Éter (homónimos)}}

[[Ficheiro:Pergamonaltarfight.jpg|miniatura|200px|Éter loitando contra un xigante na [[Xigantomaquia]] (Altar de Pérgamo)]]
[[Ficheiro:Pergamonaltarfight.jpg|miniatura|200px|Éter loitando contra un xigante na [[Xigantomaquia]] (Altar de Pérgamo)]]



Revisión como estaba o 10 de xaneiro de 2021 ás 22:38

Éter loitando contra un xigante na Xigantomaquia (Altar de Pérgamo)

Na mitoloxía grega, Éter era unha das deidades primoriais, personificación do ceo superior, onde a luz do sol é máis limpa que no ceo máis próximo á terra. É dicir, Éter sería o espazo situado por riba do ceo que vemos: segundo os Himnos homéricos, Helios (o Sol) habita no Éter, e tamén os Ventos soplan desde este lugar. Debe diferenciarse a Éter (esa rexión superior do ceo) do ceo propiamente dito, personificado en Urano.

Considérase fillo de Érebo (a Escuridade) e Nicte (ou Nix, a Noite), e irmán de Hémera (a Luz do día).

"Do Caos naceron Érebo e a negra Noite. Da Noite, á súa vez, xurdiron Éter e Hémera, ós que enxendrou como froito dos seus amores con Érebo".
(Hesíodo: Teogonía 124-126)

Outras tradicións, como recolle Higino no prólogo ás súas Fábulas [1], narran que Éter se uniu a Hémera (o Día), e que de aí naceron Xea (a Terra), Urano (o Ceo) e Ponto (o Mar). Tamén naceron desta unión diferentes conceptos abstrancos, que foron personificados na mitoloxía: a Dolor, o Pesar, a Ira, a Astucia, a Mentira, o Xuramento, a Vinganza, o Esquecemento, a Covardía, o Medo, o Incesto, etc. E finalmente, tamén diferentes titáns (como Océano, Temis, Hiperión), e outros moitos personaxes mitolóxicos, como o Tártaro, os Ciclopes e os Hecatonquiros, Atlas, etc.

Segundo Cicerón, Éter era o pai de Xúpiter e de Urano (Grimal).

Notas

  1. Prólogo a Fábulas, 3.

Véxase tamén

Bibliografía

  • GRIMAL, Pierre: Diccionario de mitología griega y romana. Ed. Paidós, 1981.
  • HIGINO: Fábulas mitológicas. Tradución, introdución e notas de Francisco Miguel del Rincón Sánchez. Alianza Editorial 2009.