Cariclo (nai de Tiresias): Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
feito!
Liña 17: Liña 17:
* [[HIGINO]]: ''Fábulas mitológicas''. Tradución, introdución e notas de Francisco Miguel del Rincón Sánchez. Alianza Editorial 2009.
* [[HIGINO]]: ''Fábulas mitológicas''. Tradución, introdución e notas de Francisco Miguel del Rincón Sánchez. Alianza Editorial 2009.
* [[Pseudo-Apolodoro|PSEUDO-APOLODORO]]: ''Biblioteca mitológica''. Tradución e notas de Julia García Moreno. Alianza Editorial 3ª ed. 2016 [a numeración segue a utilizada neste texto].
* [[Pseudo-Apolodoro|PSEUDO-APOLODORO]]: ''Biblioteca mitológica''. Tradución e notas de Julia García Moreno. Alianza Editorial 3ª ed. 2016 [a numeración segue a utilizada neste texto].

{{Control de autoridades}}


[[Categoría:Mitoloxía grega]]
[[Categoría:Mitoloxía grega]]

Revisión como estaba o 10 de xaneiro de 2021 ás 12:34

Cariclo foi unha ninfa, nai do afamado adiviño Tiresias.

Formaba parte do cortexo da deusa Atenea, da que era unha das preferidas. Un día que o mozo Tiresias andaba de caza, sorprendeunas bañándose na fonte Hipocrone, completamente núas, e Atenea castigou a súa ousadía deixándoo cego. Cariclo recriminoulle o que lle parecía unha crueldade e Atenea contestoulle que todo mortal que vise a un inmortal sen o consentemento deste, debía quedar cego, pero aceptou compensarlle a perda da vista outorgándolle tres dons.

Atenea lavoulle os oídos e así fixo que Tiresias puidese entender a linguaxe dos paxaros, concedéndolle así o don da profecía (que Zeus estendeu á súa vida despois de morto, cando estivese no Hades, de xeito que foi o único adiviño que conservaba esta facultade na outra vida). A esta capacidade de adiviñación sumouse unha vida extremadamente longa, equivalente a sete xeracións humanas [1] e, en terceiro lugar, deulle un bastón feito de cerdeira brava, que lle permitía camiñar sen problemas, como o resto das persoas videntes [2].

Notas

  1. "Xúpiter fixo que vivira durante sete xeracións e destacara como adiviño entre o resto dos mortais" (Higino: Fábulas 75, 3.
  2. Pseudo-Apolodoro III, 6, 7.

Véxase tamén

Bibliografía

  • GRIMAL, Pierre: Diccionario de mitología griega y romana. Ed. Paidós, 1981, s.v. Cariclo.
  • HIGINO: Fábulas mitológicas. Tradución, introdución e notas de Francisco Miguel del Rincón Sánchez. Alianza Editorial 2009.
  • PSEUDO-APOLODORO: Biblioteca mitológica. Tradución e notas de Julia García Moreno. Alianza Editorial 3ª ed. 2016 [a numeración segue a utilizada neste texto].