Lingua afrikaans: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Rocastelo (conversa | contribucións)
m retiro en uso
Unho (conversa | contribucións)
→‎Distribución xeográfica: correccións ortográficas
Liña 8: Liña 8:
*Bostwana 6.000
*Bostwana 6.000
== Distribución xeográfica ==
== Distribución xeográfica ==
En Sudáfrica o afrikaans fálase na en Cidade do Cabo e en toda a metade occidental do país ademais das cidades de [[Pretoria]], [[Johannesburgo]] e [[Bloemfontein]].

En Sudáfrica o afrikaans fálase na Cidade do Cabo e en toda a metade occidental do país ademais das cidades de [[Pretoria]], [[Johannesburgo]] e [[Bloemfontein]].

En Nambia a Constitución de [[1990]] garante ao afrikaans o status de lingua nacional, aínda que non é oficial como si o era antes da independencia. Aproximadamente o 25% da poboación de [[Windhoek]] ten o afrikaans como lingua materna.

En Namibia a Constitución de [[1990]] garante ao afrikaans o status de lingua nacional, aínda que non é oficial como si o era antes da independencia. Aproximadamente o 25% da poboación de [[Windhoek]] ten o afrikaans como lingua materna.

En Cimbabue existía unha comunidade afrikaans importante, pero a maioría emigraron despois de [[1980]], e actualmente descoñécese o seu número. En Malaui e Zambia hai pequenas minorías de lingua afrikaans.

En Cimbabue existía unha comunidade afrikaans importante, pero a maioría emigraron despois de [[1980]], e actualmente descoñécese o seu número. En Malaui e Zambia hai pequenas minorías de lingua afrikaans.

En Botswana fálase no [[distrito de Ghazi]] e na vila de [[Takatokwane]], no distrito de Kweneng.

En Botswana fálase no [[distrito de Ghazi]] e na vila de [[Takatokwane]], no distrito de Kweneng.

Como resultado da emigración actualmente existen colonias falantes de afrikaans en [[Australia]] ([[Perth]]), [[Nova Celandia]], en [[Canadá]] ([[Vancouver]] e [[Toronto]]), [[Arxentina]], [[Reino Unido]] ([[Londres]]), [[Estados Unidos]], Países Baixos e [[Bélxica]].
Como resultado da emigración actualmente existen colonias falantes de afrikaans en [[Australia]] ([[Perth]]), [[Nova Celandia]], en [[Canadá]] ([[Vancouver]] e [[Toronto]]), [[Arxentina]], [[Reino Unido]] ([[Londres]]), [[Estados Unidos]], Países Baixos e [[Bélxica]].

== Dialectos ==
== Dialectos ==
*Afrikaans do Cabo Oriental (Oosgrensafrikaans), base da lingua estándar
*Afrikaans do Cabo Oriental (Oosgrensafrikaans), base da lingua estándar

Revisión como estaba o 26 de xullo de 2005 ás 21:32

O afrikaans é unha lingua xermánica occidental que se fala principalmente en Sudáfrica e Namibia
ISO/DIS 639-3: afr

Falantes

Falan o afrikaans como lingua materna 6.200.000 persoas, ademais en Sudáfrica pode haber 4.000.000 que o teñan como segunda ou terceira lingua. O 60% dos brancos sudafricanos e o 50% dos mestizos teñen o afrikaans como lingua materna

• Sudáfrica 5.811.547 (censo 1996)
• Namibia 146.000
• Cimbabue100.000 (ou uns poucos miles)
• Bostwana 6.000

Distribución xeográfica

En Sudáfrica o afrikaans fálase na Cidade do Cabo e en toda a metade occidental do país ademais das cidades de Pretoria, Johannesburgo e Bloemfontein.
En Namibia a Constitución de 1990 garante ao afrikaans o status de lingua nacional, aínda que non é oficial como si o era antes da independencia. Aproximadamente o 25% da poboación de Windhoek ten o afrikaans como lingua materna.
En Cimbabue existía unha comunidade afrikaans importante, pero a maioría emigraron despois de 1980, e actualmente descoñécese o seu número. En Malaui e Zambia hai pequenas minorías de lingua afrikaans.
En Botswana fálase no distrito de Ghazi e na vila de Takatokwane, no distrito de Kweneng.
Como resultado da emigración actualmente existen colonias falantes de afrikaans en Australia (Perth), Nova Celandia, en Canadá (Vancouver e Toronto), Arxentina, Reino Unido (Londres), Estados Unidos, Países Baixos e Bélxica.

Dialectos

• Afrikaans do Cabo Oriental (Oosgrensafrikaans), base da lingua estándar
• Afrikaans do Cabo (Kaapse Afrikaans)
• Afrikaans do Río Orange (Oranjerivierafrikaans).

Orixe

Orixinariamente o afrikaans é unha variedade local do neerlandés que se desenvolveu na colonia neerlandesa da Cidade do Cabo despois que a Compañía Holandesa das Indias Orientais establecera alí unha colonia en 1652, aumentada con emigración de holandeses, alemáns e franceses entre os séculos XVIII e XIX, esa poboación europea mesturouse coa poboación local bantú e khoisan, así como con poboación procedente das colonias holandesas de Asia.
Á lingua local denominouse inicialmente holandés do Cabo (Taal Dutch), houbo tamén outras linguas creoulas que influíron no desenvolvemento do afrikaans: o Orange Rivers Afrikaans (ou Kleurling Afrikaans) falada por europeos mesturados con falantes de linguas khoisan, nama e outras poboación africanas (os seus falantes coñecíanse como griqua ou koranna). Os Rehobot Basters era unha poboación rural descendente de homes holandeses e mulleres khoi que falaban un creoulo semellante. O cabo malaio era a variedade afrikaans falada pola poboación islámica descendente de malaios.
A mutua interferencia do afrikaans con estas outras variedades creoulas levou á a unha grande regularidade da gramática. O holandés do Cabo diverxía ademais do neerlandés na introdución de préstamos do baixoalemán, alemán, francés, portugués, do malaio e outras linguas malaio-polinesias e das linguas africanas, aínda que comparte o 85% do léxico co neerlandés.

Gramática

O afrikaans presenta unha forte simplificación gramatical comparada co neerlandés, non distingue xéneros gramaticais nos substantivos, o plural indícase mediante o morfema -e, (neerlandés -en, -n, -s, -'s) e posúe un único artigo, die.
Non presenta inflexión verbal, hai que colocar o pronome antes para saber quen fai a acción.
Conta con 15 vogais, e é unha das poucas linguas xermánicas en empregar a dobre negación: Hy kan nie Afrikaans praat nie. (literalmente El pode non afikaans falar non.)"

Historia

O afrikaans considerouse un dialecto do neerlandés ata comezos do século XX, lingüísticamente aínda está próximo ao holandés (dialecto neerlandés) que se falaba nas provincias de Holanda do Norte e Holanda do Sur no século XVII, e por extensión ao neerlandés moderno.
O holandés do Cabo diverxía do neerlandés na introdución de préstamos do baixoalemán, alemán, francés, portugués, do malaio e outras linguas malaio-polinesias e das linguas africanas.
Arnoldus Pannevis (1838-1884) foi un reverendo neerlandés considerado o pai do afrikaans, á súa chegada a Sudáfrica deuse de conta que a lingua difería considerablemente do neerlandés, e puxo os alicerces para que fose considerada unha lingua diferente.
Despois da guerra boer de 1899-1902 produciuse un movemento de reivindicación política da lingua que deu como resultado que en 1925 o goberno da Unión Sudafricana oficializara o afrikaans, en substitución do holandés. A máis grande asociación de defensa do afrikaans fundouse en Cidade do Cabo o 19 de agosto de 1930, a Afrikaanse Taal- en Kultuurvereniging(ATKV), aínda que ao seu primeiro mitín só acudiron 33 persoas, ao ano seguinte xa tiña 30 seccións locais.
En 1933 publicouse a tradución completa da Biblia.
En 1976 a intención do goberno sudafricano de establecer o afrikaans como lingua vehicular das escolas negras en substición do inglés provocou disturbios en Soweto que chamou a atención internacional sobre o réxime do apartheid A Constitución de 1994 proclama o afrikaans unha das once linguas oficiais do país, malia iso o inglés cada vez actúa máis como lingua pública.
En 1996 a SABC reduciu as emisións de televisión en afrikaans, como reacción en 1999 fundouse unha televisión de pago en afrikaans (KykNet) con moito éxito

Escrita

Ao primeiro os falantes de afrikaans escribían en neerlandés estándar, pero arredor de 1850 o afrikaans comeza a se utilizar en folletos relixiosos ou políticos, pero aínda considerado un dialecto rexional. En 1856 aparece o primeiro libro en afrikaans, era un libro relixioso islámico en alfabeto árabe, escrito na variedade afrikaans coñecida como cabo malaio ou afrikaans do Cabo.
En 1875 creouse a Genootskap vir Regte Afrikaanders (Sociedade dos verdadeiros Africáners) que publicou moitos libros en afrikaans, incluíndo gramáticas, dicionarios, material relixioso e historias, e elaborou unhas normas baseadas nos dialectos falados polos brancos.

Ligazóns