Diferenzas entre revisións de «Cariclo (nai de Tiresias)»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
máis
(máis)
(máis)
Formaba parte do cortexo da deusa [[Atenea]], da que era unha das preferidas. Un día que o mozo Tiresias andaba de caza, sorprendeunas bañándose na fonte Hipocrone, completamente núas, e Atenea castigou a súa ousadía deixándoo cego. Cariclo recriminoulle o que lle parecía unha crueldade e Atenea contestoulle que todo mortal que vise a un inmortal sen o consentemento deste, debía quedar cego, pero aceptou compensarlle a perda da vista outorgándolle tres dons.
 
Atenea lavoulle os oídos e así fixo que Tiresias puidese entender a linguaxe dos paxaros, concedéndolle así o don da profecía (que [[Zeus]] estendeu á súa vida despois de morto, cando estivese no [[Hades]], de xeito que foi o único adiviño que conservaba esta facultade na outra vida). A esta capacidade de adiviñación sumouse unha vida extremadamente longa, equivalente a sete xeracións humanas <ref>"''Xúpiter fixo que vivira durante sete xeracións e destacara como adiviño entre o resto dos mortais''" (Higino: ''Fábulas'' 75, 3.</ref> e, en terceiro lugar, deulle un bastón feito de [[cerdeira|cerdeira brava]], que lle permitía camiñar sen problemas, como o resto das persoas videntes <ref>Pseudo-Apolodoro III, 6, 7.</ref>.
 
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
 
* GRIMAL, Pierre: ''Diccionario de mitología griega y romana''. Ed. Paidós, 1981, s.v. ''Cariclo'' e ''Escirón''.
* [[HIGINO]]: ''Fábulas mitológicas''. Tradución, introdución e notas de Francisco Miguel del Rincón Sánchez. Alianza Editorial 2009.
* [[Pseudo-Apolodoro|PSEUDO-APOLODORO]]: ''Biblioteca mitológica''. Tradución e notas de Julia García Moreno. Alianza Editorial 3ª ed. 2016 [a numeración segue a utilizada neste texto].
 
58.684

edicións

Menú de navegación