Ponto (mitoloxía): Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 21: Liña 21:
{{listaref}}
{{listaref}}
== Véxase tamén ==
== Véxase tamén ==
{{Commonscat}}
=== Bibliografía ===
=== Bibliografía ===
* GRIMAL, Pierre: ''Diccionario de mitología griega y romana''. Ed. Paidós, 1981.
* GRIMAL, Pierre: ''Diccionario de mitología griega y romana''. Ed. Paidós, 1981.
Liña 27: Liña 28:
{{Control de autoridades}}
{{Control de autoridades}}
{{Sencat}}
{{Sencat}}
{{Seniw}}

Revisión como estaba o 8 de xaneiro de 2021 ás 10:14

Na mitoloxía grega, Ponto (en grego antigo Πόντος Póntos, 'mar'; en latín Pontus) foi un deus primixenio, anterior ós Titáns e ós deuses olímpicos. Foi fillo de Xea (a Terra) e irmán de Urano. Hesíodo escribe que Xea enxendrou a Ponto por si mesma, sen elemento masculino [1]. Considérase a personificación masculina do mar.

"Así mesmo trouxo á luz ó estéril mar, de impetuosas ondas, o Ponto, sen o desexable amor"
(Hesíodo: Teogonía 131-132)

Higino afirmaba que foi fillo de Xea con Éter, o Ceo luminoso.[2]

Mitoloxía

Uniuse a Xea e tivo con ela cinco fillos:

"O Ponto enxendrou ó veraz Nereo, o maior dos seus fillos, ó que chaman o Ancián, porque, infalible e bondadoso, non lle pasan inadvertidas as leis divinas, senón que coñece xustos e benévolos designios. Logo, uníndose a Xea, deu a luz ó gran Taumante, ó poderoso Forcis, a Ceto, de hermosas meixelas, e a Euribia, que ten un ánimo de aceiro nas entrañas"
(Hesíodo: Teogonía 234-240)

Con Talasa, personificación do mar Mediterráneo, foi pai dos Telquines: Acteo, Megalesio, Órmeno e Lico.

Algunhas fontes fano tamén pai de Briareo, un dos Hecatonquiros.

Notas

  1. Este último comentario, segundo as tradutoras do texto de Hesíodo, debe aplicarse ós primeiros fillos da Terra (o ceo, as montañas e o mar). Posteriormente, uníndose a Urano, tería máis fillos: os Titáns.
  2. Higino: Fábulas.

Véxase tamén

Bibliografía