Oakland: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 23: Liña 23:
|alcalde = Ron Dellums ([[Partido Demócrata (Estados Unidos)|D]])
|alcalde = Ron Dellums ([[Partido Demócrata (Estados Unidos)|D]])
|sitio web = [http://www.oaklandnet.com Páxina oficial]
|sitio web = [http://www.oaklandnet.com Páxina oficial]
}}'''Oakland''' é unha cidade en [[California]] situada na parte leste (''East Bay'') da [[San Francisco|Área da Baía de San Francisco]]. É unha cidade étnicamente moi diversa con visibles poboacións de [[Asia|asiáticos]], [[afroamericano]]s, [[Oceanía|nativos do pacífico]], [[Arabia|árabes]], [[Amerindio|indíxenas]], indios, e mestizos. Ten unha poboación de 404.155 en [[2008]], 7.264.887 se contamos toda a [[área metropolitana]] de [[San Francisco]].
}}'''Oakland''' é unha cidade en [[California]] situada na parte leste (''East Bay'') da [[San Francisco|Área da Baía de San Francisco]]. É unha cidade etnicamente moi diversa con visibles poboacións de [[Asia|asiáticos]], [[afroamericano]]s, [[Oceanía|nativos do pacífico]], [[Arabia|árabes]], [[Amerindio|indíxenas]], indios, e mestizos. Ten unha poboación de 404.155 en [[2008]], 7.264.887 se contamos toda a [[área metropolitana]] de [[San Francisco]].


== Poboación demográfica ==
== Poboación demográfica ==

Revisión como estaba o 4 de xaneiro de 2021 ás 15:37

Modelo:Cidade dos EUAOakland é unha cidade en California situada na parte leste (East Bay) da Área da Baía de San Francisco. É unha cidade etnicamente moi diversa con visibles poboacións de asiáticos, afroamericanos, nativos do pacífico, árabes, indíxenas, indios, e mestizos. Ten unha poboación de 404.155 en 2008, 7.264.887 se contamos toda a área metropolitana de San Francisco.

Poboación demográfica

Oakland contaba cunha poboación de 404.155 habitantes en 2008. As estimacións da oficina do censo da EE.UU. 2005 mostran un 33,15% de afroamericanos, 22,80% de brancos, 1,80% de nativos americanos, 18,20% de asiáticos, 1,23% de insulares pacíficos, 15,53% doutras etnias, e 7,40% a partir de dúas ou máis razas. Os hispanos ou latinos de calquera etnia eran o 28,03% da poboación.

Xeografía

  • Altitude: 12 metros.
  • Latitude: 37º 48' N
  • Lonxitude: 122º 15' O

Deportes

Oakland ten un equipo de béisbol da liga americana, os Oakland Athletics, un equipo na liga nacional de fútbol americano, os Raiders e un equipo de baloncesto na NBA, os Golden State Warriors. Todos estes xogan no complexo McAfee Coliseum/Oakland Area.

Transporte público

Oakland ten servizo de autobuses (AC Transit) locais, rápidos, e transbaía, un servizo de metro (BART), así como varias frotas de taxi e un servizo de transbordador a San Francisco.

Autoestradas

Oakland conéctase ao resto da área da Baía por varias autoestradas interestatais. As autoestradas interestatais máis importantes da cidade de Oakland son a 80, 580, 880, 238, e a 980. A Ponte da Baía Oakland-San Francisco é a ponte que conecta as cidades de Oakland e San Francisco (Interestatal 80), por onde pasan millleiros de vehículos cada día, dende as áreas residenciais de East Bay aos centros de traballo de San Francisco.

Aeroporto de Oakland

O aeroporto internacional Oakland Internacional, ou simplemente OAK, é o preferido por moita da área pola abundancia de voos baratos, aínda que o aeroporto ten voos internacionais limitados, de xeito predominante a México e Canadá.

Cidades irmandadas

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas