Basílio da Gama: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 11: Liña 11:
== O Uraguai ==
== O Uraguai ==

O poema épico ''Uraguai'' trata da expedición mixta de portugueses e españois contra as misións xesuítas do [[Rio Grande]], para executar as cláusulas do [[Tratado de Madrid]], en [[1756]].
O poema épico ''Uraguai'' trata da expedición mixta de portugueses e españois contra as misións xesuítas do [[Río Grande do Sur]], para executar as cláusulas do [[Tratado de Madrid]], en [[1756]].

No poema, o autor posiciónase favorabelmente ao Marqués de Pombal e aos portugueses, caracterizando os xesuítas como os viláns da historia. Tivo tamén a intuición de describir o conflito entre o ordenamento racional da Europa e o primitivismo do indio. Basílio mostra simpatia polo indio vencido en canto transfere o ataque aos xesuítas. Traballa o poema en dous planos complementarios: o dos versos e o das notas. As notas en prosa, paralelas aos versos, louban a tarefa proposta de combater os xesuítas e exaltar a Pombal.

Revisión como estaba o 2 de xaneiro de 2021 ás 15:42

Infotaula de personaBasílio da Gama

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(pt) José Basílio da Gama Editar o valor em Wikidata
8 de abril de 1741 Editar o valor em Wikidata
Tiradentes (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte31 de xullo de 1795 Editar o valor em Wikidata (54 anos)
Lisboa, Portugal Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaIgreja e antigo Convento de Nossa Senhora da Boa Hora (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstado do Brasil (pt) Traducir
Brasil
Reino de Portugal Editar o valor em Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , poeta Editar o valor em Wikidata
Pseudónimo literarioTermindo Sipílio Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua portuguesa Editar o valor em Wikidata
Orde relixiosaCompañía de Xesús Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables

José Basílio da Gama, nado en São José do Rio das Fortes, Minas Gerais o 22 de xullo de 1740[1] e finado en Lisboa o 31 de xullo de 1795[2], foi un poeta mineiro, pioneiro da literatura brasileira, e o patrono da Cadeira n. 4 da Academia Brasileira de Letras, por escolla do fundador Aluísio Azevedo. Considerado un poeta pre-romántico ao exemplo de Manuel Maria Barbosa du Bocage e Tomás Antônio Gonzaga. [3]

Traxectoria

Tivo formación xesuíta, chegando a novizo. No seu período de novizo os xesuítas foron expulsados do Brasil.

Tendo que emigrar navega a Europa, primeiro en 1763, en viaxe por Italia, é adherido á sociedade literaria Arcadia Romana, baixo o pseudónimo de Termindo Sipílio, en Roma. Seguidamente estuda Dereito na Universidade de Coimbra desde o 1764. Acabou preso, no 1768, xa en Lisboa, baixo a acusación de ligazón política cos xesuítas recentemente expulsados do territorio portugués, na crise Pombalina.

Librouse da pena coa composición dun poema en loanza ao Marqués de Pombal, concretamente un epitalamio que escribiu para as núpcias de Dona Maria Amália, filla de Pombal. Este simpatizou co poeta, perdoouno e, despois de lle conceder carta de nobreza e fidalguia, deulle o lugar de oficial da Secretaria do Reino. Basílio identificouse, desde entón, coa política pombalina. Para conciliar as grazas de Pombal, compón o Uraguai, publicado en 1769 na Real Oficina Tipográfica, de Lisboa. Xa retirado, foi admitido na Academia das Ciências de Lisboa e publicou o poema Quitúbia (1791).

O Uraguai

O poema épico Uraguai trata da expedición mixta de portugueses e españois contra as misións xesuítas do Río Grande do Sur, para executar as cláusulas do Tratado de Madrid, en 1756.

No poema, o autor posiciónase favorabelmente ao Marqués de Pombal e aos portugueses, caracterizando os xesuítas como os viláns da historia. Tivo tamén a intuición de describir o conflito entre o ordenamento racional da Europa e o primitivismo do indio. Basílio mostra simpatia polo indio vencido en canto transfere o ataque aos xesuítas. Traballa o poema en dous planos complementarios: o dos versos e o das notas. As notas en prosa, paralelas aos versos, louban a tarefa proposta de combater os xesuítas e exaltar a Pombal.

José Basílio da Gama fai detalladas e exuberantes descricións da natureza brasileira. Nun lirismo sen referencias nin fórmulas presentes en Os Lusíadas, feito remarcado polos críticos contemporáneos dos séculos XVII e XVIII, sendo esta referencia un fenómeno común para os poetas da época.[4]

En canto á estrutura técnica, o poema ten cinco cantos, versos decasílabos sen esquema rítmico ( brancos ) e sen estrofa, obedecendo á tradición épica das cinco partes (proposta, invocación, dedicatoria, narración e epílogo) mais sen seguila nesa secuencia.

Mistúranse personaxes ficticias con outras históricas, como: Sepé Tiarayú, Padre Balda, Gomes Freire e outros.

Para críticos literarios clásicos coma Garrett é o poema brasileiro de maior valor na súa época, para Afrânio Peixoto, ao contrario, está mal composto, non ten nexo, senso común nin vislumbre de epopeia, e o seu mérito principal consiste no seu carácter pragmático antixesuítico e pombalino.

Na crítica moderna a disparidade mantense, Antonio Candido considera que se distingue entre a literatura clásica. Massaud Moisés entende que o poema lido nos nosos días non esconde o envellecemento nin como situación dramática nin como actitude poética.[5]

Notas

  1. "Basílio da Gama"(en portugués)
  2. "Basílio da Gama"(en portugués)
  3. "Basílio da Gama"(en portugués)
  4. "Basílio da Gama"(en portugués)
  5. Pinheiro Chaves, Vania (1997). O Uraguai e a Fundação da Literatura Brasileira. UNICAMP. p. 13.