Comités Abertos de Faculdade: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Etiqueta: Revertida
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.7
Etiqueta: Reversión manual
Liña 27: Liña 27:
== Véxase tamén ==
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
=== Ligazóns externas ===
* [https://web.archive.org/web/20200413033738/http://www.comitesabertos.org/ Páxina web oficial dos Comités] {{ligazón morta}}
* [https://web.archive.org/web/20200413033738/http://www.comitesabertos.org/ Páxina web oficial dos Comités]
* [https://web.archive.org/web/20140517172910/http://ligaestudantilgalega.info/ Páxina web oficial da Liga Estudantil Galega]
* [https://web.archive.org/web/20140517172910/http://ligaestudantilgalega.info/ Páxina web oficial da Liga Estudantil Galega]



Revisión como estaba o 21 de decembro de 2020 ás 06:30

Os Comités Abertos de Escola e Faculdade (CAF-CAEF) foi unha organización estudantil universitaria galega, que defendía un ensino galego, público, democrático e de calidade. O 10 de maio de 2008 disolveuse para formar cos CAE unha nova organización, Comités. No ano 2011 constituise a Liga Estudantil Galega que tamén recolle o legado dos CAF e CAE. A organización que cumpría o papel dos CAF no ensino medio eran os Comités Abertos de Estudantes (CAE).

Historia

Durante a efervescencia das loitas na Universidade de Santiago de Compostela, nos primeiros anos oitenta do século XX, foron xurdindo unha serie de Asembleas de Centro que confluirían arredor do ano 86 nos Comités Abertos (a pesar que algunha, como CAMAE, seguira a ser semi-autónoma). Aínda que teoricamente abranguía toda a universidade, na práctica era unha organización compostelá con algún comité nos outros campus, e só foi a partir da segregación das universidades de A Coruña e Vigo que comezou a ser unha organización de carácter galego e ter presenza nos sete campus.[Cómpre referencia] Nas orixes funcionaba a nivel de Asemblea de Faculdade e cun órgano de coordinación (Consello de Campus) formado por dúas persoas de cada centro.

Dende a súa creación, coa disolución de ERGA, no 1988, os CAF foron medrando até converterse na organización maioritaria do estudantado galego,[Cómpre referencia] presentes na meirande parte das institucións universitarias con representación estudantil.[Cómpre referencia]

Aínda que nos anos 90 apareceu o Movemento Estudantil Universitario como reacción ao que estes denunciaron como seguidismo da UPG por parte dos CAF, os Comités Abertos conseguiron recuperar a súa presenza lixeiramente.[Cómpre referencia]

No ano 2008 as repetidas crises internas dos CAF e CAE levan á súa unificación nun novo proxecto, os Comités, porén non se deu solución aos problemas que se viñan dado nas organizacións anteriores.[Cómpre clarificar]

Estrutura

O órgano básico de organización dos CAF son os Comités de Centro, que elixen un ou unha responsábel de Comité.

A nivel campus, os CAF organizábase en Asembleas de Campus, órgano coordinador dos Comités do mesmo campus no cal se elixía un ou unha Responsábel de Campus.

Esta Asemblea delegaba responsabilidades nos Consellos de Campus, órgano de dirección e control da organización en cada Campus. Os Consellos estaban conformados, como mínimo, pola responsabilidade de Campus, as e os responsábeis de cada Comité de Centro e, no seu caso, por outras responsabilidades delegadas da Asemblea de Campus (historicamente foron as responsabilidades Institucional, Muller, Finanzas, Comunicación, e Formación).

O máximo órgano de decisión dos CAF era a súa Asemblea Nacional, que se reunía cunha periodicidade bianual.

O Consello Nacional, órgano de dirección en período interasemblear, tiña 19 membros, 12 membros escollidos pola Asemblea Nacional máis os 7 responsábeis de Campus.

Composición

Na súa composición, tradicionalmente os CAF incorporaban á práctica totalidade das organizacións da esquerda nacionalista que operaban na universidade (BNG, PSG-EG, MCG, PCPG...), aínda que coa integración da maioría destes grupos no BNG pasou a estar formada maioritariamente por militantes de Galiza Nova e persoas sen afiliación política.[Cómpre referencia]

Véxase tamén

Ligazóns externas