Proxecto Trasno: Diferenzas entre revisións
Mozilla ten o seu propio proxeto de tradución. Mellor dito dous proxetos. |
ligazon a GNU en vez de a Proxecto GNU |
||
Liña 19: | Liña 19: | ||
#[[KDE]] |
#[[KDE]] |
||
#[[GNOME]] |
#[[GNOME]] |
||
#[[ |
#[[GNU]] |
||
Tamén están a traducir diversas distribucións de [[GNU/Linux]] e aplicacións soltas. |
Tamén están a traducir diversas distribucións de [[GNU/Linux]] e aplicacións soltas. |
Revisión como estaba o 25 de xullo de 2005 ás 17:47
Introducción
O proxecto Trasno é o proxecto dedicado á adaptación á lingua galega do sistema operativo GNU/Linux e o software libre en xeral. Pretende se-lo punto de encontro onde se reúnan todos aqueles que traballan en calquera dos aspectos que abrangue esta adaptación. Isto inclúe a tradución dos programas (utilidades, interfaces de usuario e instalación das distribucións de GNU/Linux), a documentación sobre diferentes aspectos do sistema, e un dicionario para o corrector ortográfico.
A proposta da creación de Trasno, foi de Francisco X. Vázquez Grandal, e tras unha votación resultou elixida pola maioría. Tentouse atopar algo que definira mediante iniciais o proxecto, pero non se conseguiu nada acaído (razón pola que se usa ás veces o acrónimo "TRAductores Sen NOme").
Historia
As orixes de Trasno están en dous grupos diferentes que traballaban por separado. Na primavera de 1999 naceu o grupo GzLinux, fundado por Manuel A. Fernández Montecelo e Woden. Este grupo dedicábase á tradución de documentación (guías e manuais).
En xullo de 1999, iniciouse no GPUL (Grupo de Programadores e Usuarios de Linux da Universidade da Coruña) un sub-proxecto coordinado por Jacobo Tarrío, para a tradución, das utilidades de GNU e programas libres en xeral.
Ambos grupos evolucionaron por separado ata que a principios do ano 2000 membros dun e doutro, así como outros independentes, decidiron xuntarse nun grupo único, que pretendía servir como punto de referencia para todo aquilo relacionado ca galeguización do software libre.
Trasno non é ningún tipo de asociación legal. A coordinación do traballo faise a través da Internet. Moitos dos colaboradores de Trasno non se coñecen, ou vense só unha ou dúas veces ó ano. Non hai necesidade de reunirse para tomar decisións (xa que non hai moitas que tomar, polo que non fai falla que ninguén lidere o proxecto) ou para falar da difusión do traballo.
A información de enriba extraeuse da páxina do proxecto Trasno.
Traducións nas que están a traballar
Tamén están a traducir diversas distribucións de GNU/Linux e aplicacións soltas.
Ver tamén
O proxecto trasno ten páxina web de seu: http://www.trasno.net/