Software libre: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Agremon (conversa | contribucións)
m ligazóns e cambio de un par de verbas
Unho (conversa | contribucións)
ligazon a traducion da gpl
Liña 33: Liña 33:
*[http://www.opensource.org/ Open Source Initiative]
*[http://www.opensource.org/ Open Source Initiative]
*[http://www.gnu.org/licenses/gpl.html Texto da GNU GPL]
*[http://www.gnu.org/licenses/gpl.html Texto da GNU GPL]
*[http://members.tripod.com.br/RamonFlores/GNU/gpl.html Texto da GNU GPL traducido ó Galego por Ramón Flores]
*[http://www.gnu.org/licenses/lgpl.html Texto da GNU LGPL]
*[http://www.gnu.org/licenses/lgpl.html Texto da GNU LGPL]
*[http://www.gnu.org/licenses/fdl.html Texto da GNU FDL]
*[http://www.gnu.org/licenses/fdl.html Texto da GNU FDL]

Revisión como estaba o 25 de xullo de 2005 ás 17:45

Segundo a Free Software Foundation (FSF), o software libre está formado por aqueles programas que teñen unha licencia que dá a todos aqueles que reciban unha copia do programa as seguintes liberdades:

  • liberdade para executar o programa, con calquera propósito;
  • liberdade para estudiar o seu funcionamento e adaptalo ás túas necesidades; unha condición a priori para isto é ter acceso ao código fonte;
  • liberdade para redistribuír copias e así poder axudar ao veciño;
  • liberdade para mellorar o programa e publicar as melloras, beneficiándose así toda a comunidade. Tamén é condición a priori para isto ter acceso ao código fonte.

Historia

A historia do software libre comeza case no principio da informática, cando os programadores intercambiaban libremente as súas ideas, consellos e código fonte. Pouco a pouco, isto foise reducindo segundo as empresas (e ás veces as propias universidades) poñían obstáculos neste libre intercambio de coñecementos, empregando as leis de propiedade intelectual e de patentes para isto.

A idea moderna de software libre comezou despois de que, en 1983, Richard Stallman fundase a FSF e o proxecto GNU e, nos seguintes anos, fose formulando diversos conceptos ideolóxicos e filosóficos, como as catro liberdades xa citadas.

Hoxendía existen varias correntes no referido ao software libre. Aínda que coinciden na importancia das catro leis anteriormente citadas, teñen diferentes ideas sobre o seu alcance, estratexias para promove-los ideais do software libre, alcance destes ideais, etc. As principais correntes son:

Licencias

Existen varios tipos de licencias de software libre, que se poden dividir en dous tipos: con copyleft e sen copyleft

Copyleft

Richard Stallman considerou que para cumprir de xeito efectivo o obxectivo do proxecto GNU, dar liberdade aos usuarios, é necesario que o software libre se manteña libre e non se convirta en software propietario. Para isto desenvolveu o chamado Copyleft, que usa as leis de propiedade intelectual ("Copyright"), pero invirte os termos tradicionais do contrato; así no canto de "privatizar" o software fai que se manteña sempre como software libre. "Copyleft" é, pois, un xogo de palabras para indicar que ten como meta o contrario do que se pretendía nun principio co "Copyright".

Creouse con este propósito a Licencia Pública Xeral de GNU (GNU General Public License ou simplemente GNU GPL), que é a que usa a meirande parte do software do sistema GNU. Tamén hai actualmente outras dúas semellantes, cun propósito específico: GNU Lesser GPL (anteriormente GNU Library GPL), para usar só con algunhas librerías; e GNU FDL, para usar coa documentación. Estas dúas son simplemente adaptacións para casos especiais ou partes do software que non son código.

Hai actualmente moitísimo software baixo licencia GPL que non foi feito por GNU, sen ir máis lonxe o núcleo Linux; se non estivera baixo esa licencia seguramente non teriamos hoxe o sistema combinado GNU/Linux.

Licencias sen copyleft

Hai tamén moita xente que ten problemas filosóficos co concepto de Copyleft, xa que consideran que limita a liberdade do usuario dun xeito inaceptable; cren que o usuario debería te-lo dereito de distribuir versións modificadas dun programa libre sen lle da-los mesmos dereitos aos que reciban esas copias.

Os exemplos máis clásicos de licencias construidas baixo esa filosofía son a licencia BSD e a licencia MIT.

Referencias