Ponto (mitoloxía): Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
comezo
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 17 de decembro de 2020 ás 23:12

Na mitoloxía grega, Ponto (en grego antigo Πόντος Póntos, 'mar'; en latín Pontus) foi un deus primixenio, anterior ós Titáns e ós deuses olímpicos. Foi fillo de Xea (a Terra) e irmán de Urano. Hesíodo escribe que Xea enxendrou a Ponto por si mesma, sen elemento masculino [1].

"Así mesmo trouxo á luz ó estéril mar, de impetuosas ondas, o Ponto, sen o desexable amor"
(Hesíodo: Teogonía 131-132)

Higino afirmaba que foi fillo de Xea con Éter, o Ceo luminoso.[2]


Notas

  1. Este último comentario, segundo as tradutoras do texto de Hesíodo, debe aplicarse ós primeiros fillos da Terra (o ceo, as montañas e o mar). Posteriormente, uníndose a Urano tería máis fillos: os Titáns.
  2. Higino: Fábulas.

Bibliografía