Basílio da Gama: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Liña 17: Liña 17:
José Basílio da Gama fai detalladas e exuberantes descripcións da natureza brasileira. Nun lirismo sen referencias nin fórmulas presentes en ''Os Lusíadas'', feito remarcado polos críticos contemporáneos dos séculos XVII e XVIII, sendo esta referencia un fenómeno común para os poetas da época.<ref>[http://193.137.34.194/index.php/rll/article/viewFile/8233/7521 "Basílio da Gama"]{{pt}}</ref>
José Basílio da Gama fai detalladas e exuberantes descripcións da natureza brasileira. Nun lirismo sen referencias nin fórmulas presentes en ''Os Lusíadas'', feito remarcado polos críticos contemporáneos dos séculos XVII e XVIII, sendo esta referencia un fenómeno común para os poetas da época.<ref>[http://193.137.34.194/index.php/rll/article/viewFile/8233/7521 "Basílio da Gama"]{{pt}}</ref>


En canto á estrutura técnica, o poema ten cinco cantos, versos decasílabos sen esquema rítmico ( brancos ) e sen estrofa, obedecendo á tradición épica das cinco partes ( proposta, invocación, dedicatoria, narración e epílogo ), mais sen seguila nesa secuencia.
En canto á estrutura técnica, o poema ten cinco cantos, versos decasílabos sen esquema rítmico ( brancos ) e sen estrofa, obedecendo á tradición épica das cinco partes (proposta, invocación, dedicatoria, narración e epílogo ), mais sen seguila nesa secuencia.


Mistúranse persoaxes fictícias con outras históricas, como: [[Sepé Tiarayú]], Padre Balda, Gomes Freire e outros.
Mistúranse persoaxes fictícias con outras históricas, como: [[Sepé Tiarayú]], Padre Balda, Gomes Freire e outros.

Revisión como estaba o 17 de decembro de 2020 ás 14:00

Basílio da Gama
Nome completoJosé Basílio da Gama
AlcumeTermindo Sipílio
Nacemento8 de abril de 1741 e 1740
Lugar de nacementoTiradentes
Falecemento31 de xullo de 1795 e 1795
Lugar de falecementoLisboa
SoterradoIgreja e antigo Convento de Nossa Senhora da Boa Hora
NacionalidadeEstado do Brasil, Brasil e Reino de Portugal
Relixióncatolicismo
Ocupaciónescritor e poeta
Coñecido porO Uraguai
editar datos en Wikidata ]

José Basílio da Gama, nado en São José do Rio das Fortes, Minas Gerais o 22 de xullo de 1740[1] e finado en Lisboa o 31 de xullo de 1795[2], foi un poeta mineiro, pioneiro da literatura brasileira, e o patrono da Cadeira n. 4 da Academia Brasileira de Letras, por escolla do fundador Aluísio Azevedo. Considerado un poeta pre-romántico ao exemplo de Manuel Maria Barbosa du Bocage e Tomás Antônio Gonzaga. [3]

Traxectoria

Tivo formación xesuíta, chegando a novizo. No seu periodo de novizo os xesuítas foron expulsados do Brasil.

Tendo que emigrar navega a Europa, primeiro en 1763, en viaxe por Italia, é aderido á sociedade literaria Arcadia Romana, baixo o pseudónimo de Termindo Sipílio, en Roma. Seguidamente estuda Dereito na Universidade de Coimbra desde o 1764. Acabou preso, no 1768, xa en Lisboa, baixo a acusación de ligazón política cos xesuítas recentemente expulsados do territorio portugués, na crise Pombalina.

Librouse da pena coa composición dun poema en loubanza ao Marqués de Pombal, concretamente un epitalamio que escribiu para as núpcias de Dona Maria Amália, filla de Pombal. Este simpatizou co poeta, perdoouno e, depois de lle conceder carta de nobreza e fidalguia, deulle o lugar de oficial da Secretaria do Reino. Basílio identificouse, desde entón, coa política pombalina. Para conciliar as grazas de Pombal, compón o Uraguai, publicado en 1769 na Real Oficina Tipográfica, de Lisboa. Xa retirado, foi admitido na Academia das Ciências de Lisboa e publicou o poema Quitúbia (1791).

O Uraguai

O poema épico Uraguai trata da expedición mixta de portugueses e españois contra as misións xesuítas do Rio Grande, para executar as cláusulas do Tratado de Madrid, en 1756.

No poema, o autor posiciónase favorabelmente ao Marqués de Pombal e aos portugueses, caracterizando os xesuítas como os viláns da historia. Tivo tamén a intuición de describir o conflito entre o ordenamento racional da Europa e o primitivismo do indio. Basílio mostra simpatia polo indio vencido en canto transfere o ataque aos xesuítas. Traballa o poema en dous planos complementarios: o dos versos e o das notas. As notas en prosa, paralelas aos versos, louban a tarefa proposta de combater os xesuítas e exaltar a Pombal.

José Basílio da Gama fai detalladas e exuberantes descripcións da natureza brasileira. Nun lirismo sen referencias nin fórmulas presentes en Os Lusíadas, feito remarcado polos críticos contemporáneos dos séculos XVII e XVIII, sendo esta referencia un fenómeno común para os poetas da época.[4]

En canto á estrutura técnica, o poema ten cinco cantos, versos decasílabos sen esquema rítmico ( brancos ) e sen estrofa, obedecendo á tradición épica das cinco partes (proposta, invocación, dedicatoria, narración e epílogo ), mais sen seguila nesa secuencia.

Mistúranse persoaxes fictícias con outras históricas, como: Sepé Tiarayú, Padre Balda, Gomes Freire e outros.

Para críticos literarios clásicos Garrett é o poema brasileiro de maior valor na sua época, para Afrânio Peixoto, ao contrario, está mal composto, non ten nexo, senso común nen vislumbre de epopeia, e o seu mérito principal consiste no seu carácter pragmático antixesuítico e pombalino.

Na crítica moderna a disparidade mantense, Antonio Candido considera que se distingue entre a literatura clásica. Massaud Moisés entende que o poema lido nos nosos días non esconde o envellecemento nin como situación dramática nin como actitude poética.[5]

Notas

  1. "Basílio da Gama"(en portugués)
  2. "Basílio da Gama"(en portugués)
  3. "Basílio da Gama"(en portugués)
  4. "Basílio da Gama"(en portugués)
  5. Pinheiro Chaves, Vania (1997). O Uraguai e a Fundação da Literatura Brasileira. UNICAMP. p. 13.