Alcioneo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
cita
Lameiro (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 7: Liña 7:
Ancioneo e [[Porfirión]] foron os principais protagonistas do enfrontamento. Alcioneo tiña a propiedade da inmortalidade mentres loitase na terra onde nacera ([[Palene]], en [[Reino de Macedonia|Macedonia]]), por iso erguíase de novo unha e outra vez tras ser ferido polas frechas de Heracles (envenenadas co sangue da [[Hidra de Lerna]]). Aconsellado por [[Atenea]], Heracles logrou sacar a Alcioneo da súa terra e así conseguiu acabar con el. As distintas fontes dan dúas explicacións: para uns arrastrouno ata fóra do seu territorio; para outros, Heracles simulou fuxir enganando ó xigante, que ó perseguilo non se deu de conta que estaba fóra da súa terra.

{{cita|"''Sobrepasaban a todos Porfirio e Alcioneo, que era inmortal en tanto que luchara sobre a terra pola que precisamente fora enxendrado...'' [Heracles] ''primeiro disparou as súas frechas contra Alcioneo, pero en canto caía en terra recobraba o seu vigor. Por recomendación de Atenea, arrastrouno fóra de Palene e deste xeito logrou que morrera''".|(Pseudo-Apolodoro: ''Biblioteca mitológica'' I, 6, 1)}}
{{cita|"''Superaban a todos Porfirio e Alcioneo, que era inmortal en tanto que luchara sobre a terra pola que precisamente fora enxendrado...'' [Heracles] ''primeiro disparou as súas frechas contra Alcioneo, pero en canto caía en terra recobraba o seu vigor. Por recomendación de Atenea, arrastrouno fóra de Palene e deste xeito logrou que morrera''".|(Pseudo-Apolodoro: ''Biblioteca mitológica'' I, 6, 1)}}

Durante esta persecución, Alcioneo lanzou unha rocha enorme contra Heracles, esmagando a 24 dos seus compañeiros. Nalgún texto explícase que o propio Heracles rexeitou a rocha coa súa clava, matando así ó xigante. [[Píndaro]] afirma que a rocha podía verse no [[istmo]] de [[Istmo de Corinto|Corinto]].

Revisión como estaba o 17 de decembro de 2020 ás 11:11

Atenea loitando contra Alcioneo, mentres Xea, a nai deste, pide clemencia (Altar de Pérgamo, Berlín)

Na mitoloxía grega Alcioneo (ou Alción) era un xigante de inmenso tamaño e forza terrible, fillo -como o resto dos Xigantes- de Xea (a terra) e Tártaro, un dos deuses primordiais. Este deus era a personificación do Tártaro, rexión no máis profundo do inframundo onde se mantiña encerrado ós Titáns.

Os Xigantes, incitados por Xea como vinganza pola sorte sufrida polos Ciclopes e os Hecatonquiros, tamén fillos seus, rebeláronse contra Zeus e o resto dos deuses olímpicos nunha guerra coñecida como Xigantomaquia, na que foron derrotados e mortos. Aínda que os Xigantes foran de raza divina, eran mortais, pero sempre que foran feridos simultaneamente por un deus e un mortal, polo que Zeus chamou ó seu lado ó heroe Heracles

Ancioneo e Porfirión foron os principais protagonistas do enfrontamento. Alcioneo tiña a propiedade da inmortalidade mentres loitase na terra onde nacera (Palene, en Macedonia), por iso erguíase de novo unha e outra vez tras ser ferido polas frechas de Heracles (envenenadas co sangue da Hidra de Lerna). Aconsellado por Atenea, Heracles logrou sacar a Alcioneo da súa terra e así conseguiu acabar con el. As distintas fontes dan dúas explicacións: para uns arrastrouno ata fóra do seu territorio; para outros, Heracles simulou fuxir enganando ó xigante, que ó perseguilo non se deu de conta que estaba fóra da súa terra.

"Superaban a todos Porfirio e Alcioneo, que era inmortal en tanto que luchara sobre a terra pola que precisamente fora enxendrado... [Heracles] primeiro disparou as súas frechas contra Alcioneo, pero en canto caía en terra recobraba o seu vigor. Por recomendación de Atenea, arrastrouno fóra de Palene e deste xeito logrou que morrera".
(Pseudo-Apolodoro: Biblioteca mitológica I, 6, 1)

Durante esta persecución, Alcioneo lanzou unha rocha enorme contra Heracles, esmagando a 24 dos seus compañeiros. Nalgún texto explícase que o propio Heracles rexeitou a rocha coa súa clava, matando así ó xigante. Píndaro afirma que a rocha podía verse no istmo de Corinto.

As fillas de Alcioneo (Alcipe, Ante, Asteria, Ctonia, Drimo, Metone, Palene e Phtonia ou Fostonia), chamadas as Alciónides, botáronse ó mar, desesperadas pola morte do pai, e foron trasformadas pola deusa Anfítrite en picapeixes (Alcedo atthis, da familia dos Alcedínidos).

Véxase tamén

Bibliografía

  • GRIMAL, Pierre: Diccionario de mitología griega y romana. Ed. Paidós, 1981.
  • PSEUDO-APOLODORO: Biblioteca mitológica. Tradución e notas de Julia García Moreno. Alianza Editorial 3ªed. 2016 [a numeración segue a utilizada neste texto].