Corporación de Radio e Televisión de Galicia: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través da aplicación móbil Edición desde aplicación Android
Liña 38: Liña 38:

O 1 de xaneiro de 2016 extinguiuse a Compañía de Radio-Televisión de Galicia e pasou a denominarse Corporación de Radio-Televisión de Galicia.<ref>{{Cita novas|autor = Sampedro, D.|data = 4 de decembro de 2015|título = La CRTVG se extingue para renacer como corporación|url = http://www.lavozdegalicia.es/noticia/television/2015/12/04/crtvg-extingue-renacer-corporacion/0003_201512G4P56997.htm|data-acceso = 6 de xaneiro de 2015|xornal = La Voz de Galicia}}</ref>
O 1 de xaneiro de 2016 extinguiuse a Compañía de Radio-Televisión de Galicia e pasou a denominarse Corporación de Radio-Televisión de Galicia.<ref>{{Cita novas|autor = Sampedro, D.|data = 4 de decembro de 2015|título = La CRTVG se extingue para renacer como corporación|url = http://www.lavozdegalicia.es/noticia/television/2015/12/04/crtvg-extingue-renacer-corporacion/0003_201512G4P56997.htm|data-acceso = 6 de xaneiro de 2015|xornal = La Voz de Galicia}}</ref>

= Actividades =
=== Televisión ===
En televisión, [[Televisión de Galicia]] agrupa para a emisión dentro de territorio galego das canles xeneralistas. Todos as canles se poden ver por TDT en Galicia, plataformas de satélite ou cable. As canles son:
{| class="wikitable"

! Logo
! width="300" | Canle
! width="250" | Inicio de transmisións

| [[File:Televisión de Galicia Logo.svg|63px|center]]
|'''[[Televisión de Galicia|TVG]]'''
Canle xeneralista.
|{{data|24|7|1985}}

|[[File:TvG2.jpg|63px|center]]
|'''[[TVG2]]'''
Canle xeneralista.
|{{data|2|2|2009}}

==== Televisión no exterior ====
As canles de [[Televisión de Galicia|TVG]] para o exterior están dispoñibles a través de Internet e de diversos satélites e plataformas de pago en [[España]], [[Europa]] e [[Latinoamérica]].
{| class="wikitable"

! Logo
! width="300" | Canle
! width="250" | Inicio de transmisións

| [[File:Televisión de Galicia Logo.svg|63px|center]]
|'''TVG Europa'''
Canle xeneralista.
| 1998

|[[File:Televisión de Galicia Logo.svg|63px|center]]
|'''TVG América'''
Canle xeneralista.
| 1998

=== Radio ===
En radio, [[Radio Galega]] conta con tres emisoras que abarcan o territorio galego.
{| class="wikitable"

! Logo
! width="300" | Emisora
! width="250" | Inicio de transmisións

| [[File:Radiogalega.jpg|63px|center]]
|'''[[Radio Galega]]'''
Emisora xeneralista.
|{{data|24|2|1985|idade}}

|'''Radio Galega Música'''
Emisora de música.
|{{data|3|3|2004|idade}}

|'''Son Galicia Radio'''
Emisora de música.
|{{data|17|5|2004|idade}}

== Lista dos directores xerais ==
== Lista dos directores xerais ==

Revisión como estaba o 15 de decembro de 2020 ás 23:02

Coordenadas: 42°51′43.81″N 8°33′27.70″O / 42.8621694, -8.5576944

Corporación Radio e Televisión de Galicia
TipoSociedade anónima
Fundación1984, comezo da emisión 1985
LocalizaciónBando-San Marcos Santiago de Compostela 15820 A Coruña Galicia Galicia
Persoas claveAlfonso Sánchez Izquierdo (Director Xeral)
IndustriaTelevisión e radio
ProdutosRadio e Televisión pública de Galicia
Na rede
https://www.crtvg.es/
editar datos en Wikidata ]

A Corporación de Radio e Televisión de Galicia (CRTVG) é un ente público con titularidade xurídica propia creada polo Parlamento de Galicia en 1984 co obxectivo de pór en funcionamento, xestionar, e explotar os medios de comunicación públicos de Galicia. Para tal fin e para contribuír na normalización lingüística e a cohesión social de Galicia, creáronse as sociedades anónimas Televisión de Galicia S.A. e Radio-televisión de Galicia S.A. que co seu sinal chegan a todo o territorio galego.

Historia

O primeiro goberno galego xurdido dunhas eleccións autonómicas en 1981 estaba dividido acerca da constitución dun medio público galego que entre outras cousas favorecera a normalización da lingua galega, dunha banda o conselleiro da Presidencia, Xosé Luís Barreiro Rivas, era o principal impulsor do proxecto e da outra o vicepresidente José Manuel Romay Beccaría era totalmente contrario preferindo unha política de axuda aos medios privados. Cando Romay Beccaria deixou o goberno galego, Barreiro comezou a redactar a Lei de Radio e Televisión que conduciu á creación da CRTVG aínda que se mantivo a oposición dun sector de AP; na oposición o PSOE tamén estaba dividido xa que os catro deputados independentes galeguistas que concorreron polas listas socialistas estaban a favor da súa creación mentres o PSOE mantiña unha política ambigua, tan só os nacionalistas do BNPG-PSG e EG estaban totalmente a favor da súa creación. O 11 de xullo de 1984 aprobouse a Lei de Creación da Compañía de Radio-Televisión de Galicia[1]

A TVG e a Radio Galega iniciaron as súas emisións en 1985 e foron o primeiro medio audiovisual e radiofónico en emitir en lingua galega toda a súa programación.

A CRTVG xestiona as cadeas de radio Radio Galega, Radio Galega Música e Son Galicia Radio (DAB e TDT) e as canles de televisión TVG, G2, TVG Europa e TVG América, emitindo as dúas últimas canles por satélite. Ademais TVG América tamén emite por TDT e G2 exclusivamente por TDT.

O seu Consello de Administración está composto por seis membros elixidos para un mandato de cinco anos polo Parlamento de Galicia entre persoas de acreditado prestixio profesional. A súa misión céntrase en velar polo cumprimento do disposto na Lei de Creación da Compañía e, especialmente, en aprobar aquelas materias que asentan as directrices do funcionamento da entidade pública, como son a programación, a memoria anual, o cadro de persoal e as normas reguladoras da emisión de publicidade.

A TVG e a Radio Galega contan cun consello asesor, que non ten competencias decisorias, senón só asesoras. Está compostos por vogais elixidos entre os traballadores, xestores dos servizos públicos, representantes da Administración Autónoma, Consello da Cultura Galega, universidades, Parlamento e deputacións provinciais.

A Dirección Xeral é un órgano universal que ten a responsabilidade executiva e é nomeado polo Goberno de Galicia para cada lexislatura. As súas funcións son as de xestionar o ente público e as súas sociedades. Para iso conta cun equipo técnico, administrativo e xurídico enmarcado na estrutura da Compañía. Da Dirección Xeral depende tamén a Dirección de Comunicación e Relacións Externas.

Ao redor da Corporación da Radio-Televisión de Galicia e as súas dúas sociedades móvense actualmente un total de 671 traballadores dos que un 70% son homes e un 30% mulleres.

O 1 de xaneiro de 2016 extinguiuse a Compañía de Radio-Televisión de Galicia e pasou a denominarse Corporación de Radio-Televisión de Galicia.[2]

Actividades

Televisión

En televisión, Televisión de Galicia agrupa para a emisión dentro de territorio galego das canles xeneralistas. Todos as canles se poden ver por TDT en Galicia, plataformas de satélite ou cable. As canles son:

Logo Canle Inicio de transmisións
TVG
Canle xeneralista.
24 de xullo de 1985
TVG2
Canle xeneralista.
2 de febreiro de 2009

Televisión no exterior

As canles de TVG para o exterior están dispoñibles a través de Internet e de diversos satélites e plataformas de pago en España, Europa e Latinoamérica.

Logo Canle Inicio de transmisións
TVG Europa
Canle xeneralista.
1998
TVG América
Canle xeneralista.
1998

Radio

En radio, Radio Galega conta con tres emisoras que abarcan o territorio galego.

Logo Emisora Inicio de transmisións
Radio Galega
Emisora xeneralista.
24 de febreiro de 1985 (39 anos)
Radio Galega Música
Emisora de música.
3 de marzo de 2004 (20 anos)
Son Galicia Radio
Emisora de música.
17 de maio de 2004 (19 anos)

Lista dos directores xerais

Anos Director
1985-1986 Luis Losada
1986-1987 Lois Caeiro
1987-1990 Abilio Bernardo de Quirós
1990-1994 Ramón Villot
1994-2005 Francisco Campos
2005-2009 Benigno Sánchez
2009- Alfonso Sánchez Izquierdo

Programación

Notas

1. "Texto da lei (PDF)" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 05 de febreiro de 2009. Consultado o 13 de xullo de 2008.
2. Sampedro, D. (4 de decembro de 2015). "La CRTVG se extingue para renacer como corporación". La Voz de Galicia. Consultado o 6 de xaneiro de 2015.

Véxase tamén

Ligazóns externas