Pedro Barrié de la Maza: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Etiquetas: Edición visual edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil
Sen resumo de edición
Liña 6: Liña 6:
|ocupación = Empresario
|ocupación = Empresario
|cónxuxe = Amalia Torres Sanjurjo, [[Carmela Arias Díaz de Rábago]]}}
|cónxuxe = Amalia Torres Sanjurjo, [[Carmela Arias Díaz de Rábago]]}}
'''Pedro Barrié de la Maza''', [[condado de Fenosa|conde de Fenosa]], nado na [[A Coruña|Coruña]] o [[17 de decembro]] de [[1888]] e falecido na mesma cidade o [[14 de marzo]] de [[1971]]<ref>[http://hemeroteca.abc.es/nav/Navigate.exe/hemeroteca/sevilla/abc.sevilla/1971/03/14/023.html Ha muerto el conde de Fenosa]</ref>, foi un empresario [[Galicia|galego]].
'''Pedro Barrié de la Maza''', [[condado de Fenosa|conde de Fenosa]], nado na [[A Coruña|Coruña]] o [[17 de decembro]] de [[1888]] e falecido na mesma cidade o [[14 de marzo]] de [[1971]],<ref>[http://hemeroteca.abc.es/nav/Navigate.exe/hemeroteca/sevilla/abc.sevilla/1971/03/14/023.html "Ha muerto el conde de Fenosa"] ''ABC'', 14/3/1971 {{Es}}.</ref> foi un empresario [[Galicia|galego]].

== Traxectoria ==
== Traxectoria ==
[[Ficheiro:Avenida Pedro Barrie de la Maza.001 - A Coruña.jpg|miniatura|Placa da Avenida Pedro Barrié de la Maza.]]
[[Ficheiro:Avenida Pedro Barrie de la Maza.001 - A Coruña.jpg|miniatura|Placa da Avenida Pedro Barrié de la Maza.]]
[[Ficheiro:Fundación Barrié (1).JPG|miniatura|Edificio da Fundación Pedro Barrié de la Maza na Coruña.]]
Fillo de [[Pedro Barrié Pastor]], herdeiro do [[Banco Pastor]]. Estudou a carreira de Comercio na Escola Superior de Comercio da [[A Coruña|Coruña]], e logo ampliou os seus estudos financeiros en [[Gran Bretaña]], [[Alemaña]] e [[Francia]]. Á súa volta comezou a traballar no negocio do pai e en [[1915]] foi nomeado socio e xerente da empresa, coa razón social Sobrinos de José Pastor. Cando morreu o seu pai en [[1919]], quedou á fronte da sociedade xunto ao curmán deste, [[Ricardo Rodríguez Pastor]]. En [[1925]] produciuse unha escisión en Sobrinos de José Pastor, a parte bancaria constituíuse en sociedade anónima e pasou a chamarse [[Banco Pastor]]. Barrié de la Maza, accionista maioritario da nova entidade, cedeulle a presidencia a Ricardo Rodríguez, desempeñando os cargos de vicepresidente e director xeral. En [[1939]] faleceu Rodríguez Pastor e Pedro Barrié foi nomeado presidente.

Liña 25: Liña 24:
O 1 de outubro de [[1955]] foille outorgado o título de [[condado de Fenosa|conde de Fenosa]] pola promoción e o desenvolvemento da empresa eléctrica. Foi posuidor de moitas outras distincións como a [[Gran Cruz de Isabel a Católica]], a [[Gran Cruz de Beneficencia]] e a [[Gran Cruz do Mérito Civil]].

Foi agraciado co primeiro premio da lotaría nacional de [[1958]]. Despois dunha incerteza inicial en torno ao gañador, publicouse nos diarios que seis das sete series do número 33704 vendidas na administración o Gato Negro ([[A Coruña]]) cun importe de 180 millóns de pesetas foran depositadas no [[Banco Pastor]]<ref>{{Cita novas |título= Seis series del gordo han sido depositadas en un banco de La Coruña |autor= |url= http://hemeroteca.abc.es/nav/Navigate.exe/hemeroteca/madrid/abc/1958/12/30/061.html |xornal= ABC |data= 30 de decembro de 1958 |dataacceso=10 de decembro de 2012}}</ref>. Segundo relata o libro ''Grandes Empresas, grandes historias de Galicia'' (2000) as súas empresas do sector eléctrico e mineiro tiveron a fortuna de recibir estes 180 millóns de pesetas de inxección extra.
Foi agraciado co primeiro premio da lotaría nacional de [[1958]]. Despois dunha incerteza inicial en torno ao gañador, publicouse nos diarios que seis das sete series do número 33704 vendidas na administración o Gato Negro ([[A Coruña]]) cun importe de 180 millóns de pesetas foran depositadas no [[Banco Pastor]].<ref>{{Cita novas |título= Seis series del gordo han sido depositadas en un banco de La Coruña |autor= |url= http://hemeroteca.abc.es/nav/Navigate.exe/hemeroteca/madrid/abc/1958/12/30/061.html |xornal= ABC |data= 30/12/1958 |dataacceso=10/12/2012}}</ref> Segundo relata o libro ''Grandes Empresas, grandes historias de Galicia'' (2000) as súas empresas do sector eléctrico e mineiro tiveron a fortuna de recibir estes 180 millóns de pesetas de inxección extra.

En [[1966]] creou a [[fundación Conde de Fenosa]] con sede na Coruña e un capital inicial de 3.300 millóns de pesetas e declarouna herdeira universal ó seu falecemento. A fundación é actualmente posuidora de máis do 40 % das accións do [[Banco Pastor]], absorbido por [[Banco Popular Español|Banco Popular]], e despois [[Banco Santander]].

== Vida persoal ==
== Vida persoal ==
Casou en [[1916]] con Amalia Torres Sanjurjo, filla de [[Eduardo Torres Taboada]], que finou en 1952<ref>{{Cita web |url=http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2002/01/05/900455.shtml |título=Amalia Torres, la primera esposa de Pedro Barrié, falleció hace medio siglo |data-acceso=08/04/2016 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20160421183049/http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2002/01/05/900455.shtml |dataarquivo=21/04/2016 |urlmorta=yes }}</ref>. Volveu casar en [[1966]] con [[Carmela Arias Díaz de Rábago]], filla do seu curmán [[Vicente Arias de la Maza]].
Casou en [[1916]] con Amalia Torres Sanjurjo, filla de [[Eduardo Torres Taboada]], que finou en 1952<ref>{{Cita web |url=http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2002/01/05/900455.shtml |título=Amalia Torres, la primera esposa de Pedro Barrié, falleció hace medio siglo |data-acceso=08/04/2016 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20160421183049/http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2002/01/05/900455.shtml |dataarquivo=21/4/2016 |urlmorta=yes |xornal=La Voz de Galicia |lingua=es}}</ref>. Volveu casar en [[1966]] con [[Carmela Arias Díaz de Rábago]], filla do seu curmán [[Vicente Arias de la Maza]].

== Notas ==
== Notas ==
Liña 38: Liña 37:
{{Commonscat}}
{{Commonscat}}
=== Bibliografía ===
=== Bibliografía ===
{{Refempeza}}
* {{Cita libro |artigo=Barrié de la Maza, Pedro |título=[[Dicionario biográfico de Galicia]] |ano=2010-2011 |volume=1 |páxina=99 |editorial=[[Ir Indo|Ir Indo Edicións]] }}
* {{Cita enciclopedia |autor= |artigo=Barrié de la Maza, Pedro |enciclopedia=[[Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada]] |tipo=[[DVD]] |editorial=[[Grupo El Progreso|El Progreso]] |ano=2005 |isbn=84-87804-88-8 }}
* {{Cita libro |nome-editor= Feliciano |apelidos-editor= Barrera |ligazón-editor= Feliciano Barrera |título= Hijos Predilectos y Adoptivos de Galicia |ano= [[novembro]] de [[2004]] |editorial= [[Editorial Compostela]]: ''[[El Correo Gallego]]'' / ''[[O Correo Galego]]'' |lugar= [[Santiago de Compostela]] |lingua= castelán |isbn= 84-8064-137-1 |url= }}
* {{Cita libro |título=La economía de la guerra civil |nome1=Pablo |apelidos1=Martín Aceña |apelidos2=Martínez Ruiz |nome2=Elena |ano=2006 |editorial=Marcial Pons|lugar= |isbn=8496467333}}
* {{Cita libro |título=La economía de la guerra civil |nome1=Pablo |apelidos1=Martín Aceña |apelidos2=Martínez Ruiz |nome2=Elena |ano=2006 |editorial=Marcial Pons|lugar= |isbn=8496467333}}
* {{Cita libro |título=Historia política del constitucionalismo español |nome=José |apelidos=Peña González |ano=2006 |editorial=Dykinson |isbn=8497729064}}
* {{Cita libro |título=Historia política del constitucionalismo español |nome=José |apelidos=Peña González |ano=2006 |editorial=Dykinson |isbn=8497729064}}
{{Reftermina}}
=== Outros artigos ===
=== Outros artigos ===
* [[Fundación Pedro Barrié de la Maza]]
* [[Fundación Barrié]]
=== Ligazóns externas ===
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.congreso.es/portal/page/portal/Congreso/Congreso/SDocum/ArchCon/SDHistoDipu/SDBuscHisDip?_piref73_1340033_73_1340032_1340032.next_page=/wc/servidorCGI&CMD=VERLST&BASE=DIPH&FMT=DIPHXLSS.fmt&DOCS=1-100&DOCORDER=FIFO&OPDEF=Y&QUERY=%2812420.NDIP.%29 Ficha no Congreso dos Deputados]

Revisión como estaba o 12 de decembro de 2020 ás 11:06

Pedro Barrié de la Maza
Nacemento17 de decembro de 1888
Lugar de nacementoA Coruña
Falecemento14 de marzo de 1971
Lugar de falecementoA Coruña
Soterradocemiterio de Santo Amaro da Coruña
NacionalidadeEspaña
Alma máterEscola Superior de Comercio da Coruña
OcupaciónEmpresario
PaiPedro Barrié Pastor
CónxuxeAmalia Torres Sanjurjo, Carmela Arias Díaz de Rábago
PremiosGran Cruz da Orde de Isabel a Católica, Gran Cruz da Orde do Mérito Civil, Gran Cruz da Orde Civil de Beneficencia, doutor honoris causa pola Universidade de Santiago de Compostela, Gran Cruz del Mérito Naval con distintivo blanco e Medalla de Ouro ó Merito no Traballo
editar datos en Wikidata ]

Pedro Barrié de la Maza, conde de Fenosa, nado na Coruña o 17 de decembro de 1888 e falecido na mesma cidade o 14 de marzo de 1971,[1] foi un empresario galego.

Traxectoria

Ficheiro:Avenida Pedro Barrie de la Maza.001 - A Coruña.jpg
Placa da Avenida Pedro Barrié de la Maza.

Fillo de Pedro Barrié Pastor, herdeiro do Banco Pastor. Estudou a carreira de Comercio na Escola Superior de Comercio da Coruña, e logo ampliou os seus estudos financeiros en Gran Bretaña, Alemaña e Francia. Á súa volta comezou a traballar no negocio do pai e en 1915 foi nomeado socio e xerente da empresa, coa razón social Sobrinos de José Pastor. Cando morreu o seu pai en 1919, quedou á fronte da sociedade xunto ao curmán deste, Ricardo Rodríguez Pastor. En 1925 produciuse unha escisión en Sobrinos de José Pastor, a parte bancaria constituíuse en sociedade anónima e pasou a chamarse Banco Pastor. Barrié de la Maza, accionista maioritario da nova entidade, cedeulle a presidencia a Ricardo Rodríguez, desempeñando os cargos de vicepresidente e director xeral. En 1939 faleceu Rodríguez Pastor e Pedro Barrié foi nomeado presidente.

Foi un dos principais financeiros do bando nacional durante a guerra civil española, motivo polo cal Franco concedeulle importantes privilexios. O 5 de decembro de 1938, xunto con Julio Muñoz Aguilar, gobernador civil da Coruña, promoveu a adquisición mediante unha subscrición popular do Pazo de Meirás, que fora de Emilia Pardo Bazán, para convertelo en residencia de verán do xeneral Franco.

En 1937 asumiu a presidencia da Sociedad General Gallega de Electricidad, creando a partir dela en 1943 a empresa de electricidade Fuerzas Eléctricas del Noroeste S.A. (FENOSA), hoxe Gas Natural Fenosa, e desde 1939 ata 1971 dirixiu o principal banco de Galicia (Banco Pastor), participando así no desenvolvemento económico de Galicia.

Foi presidente de Astilleros y Talleres del Noroeste, S.A. (ASTANO) desde 1948 ata 1971. Desde 1944 ata 1971 foi Presidente da Xunta de Obras do Porto da Coruña construíndo, entre outras cousas, o dique de abrigo.

Promoveu ou presidiu moitas outras empresas como Aluminio de Galicia, Gas Madrid, La Toja, Minero Siderúrgica de Ponferrada, PEBSA etc.

Foi procurador en Cortes designado por Franco dende 1946 até a súa morte en 1971.

O 1 de outubro de 1955 foille outorgado o título de conde de Fenosa pola promoción e o desenvolvemento da empresa eléctrica. Foi posuidor de moitas outras distincións como a Gran Cruz de Isabel a Católica, a Gran Cruz de Beneficencia e a Gran Cruz do Mérito Civil.

Foi agraciado co primeiro premio da lotaría nacional de 1958. Despois dunha incerteza inicial en torno ao gañador, publicouse nos diarios que seis das sete series do número 33704 vendidas na administración o Gato Negro (A Coruña) cun importe de 180 millóns de pesetas foran depositadas no Banco Pastor.[2] Segundo relata o libro Grandes Empresas, grandes historias de Galicia (2000) as súas empresas do sector eléctrico e mineiro tiveron a fortuna de recibir estes 180 millóns de pesetas de inxección extra.

En 1966 creou a fundación Conde de Fenosa con sede na Coruña e un capital inicial de 3.300 millóns de pesetas e declarouna herdeira universal ó seu falecemento. A fundación é actualmente posuidora de máis do 40 % das accións do Banco Pastor, absorbido por Banco Popular, e despois Banco Santander.

Vida persoal

Casou en 1916 con Amalia Torres Sanjurjo, filla de Eduardo Torres Taboada, que finou en 1952[3]. Volveu casar en 1966 con Carmela Arias Díaz de Rábago, filla do seu curmán Vicente Arias de la Maza.

Notas

  1. "Ha muerto el conde de Fenosa" ABC, 14/3/1971 (en castelán).
  2. "Seis series del gordo han sido depositadas en un banco de La Coruña". ABC. 30/12/1958. Consultado o 10/12/2012. 
  3. "Amalia Torres, la primera esposa de Pedro Barrié, falleció hace medio siglo". La Voz de Galicia (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 21/4/2016. Consultado o 08/04/2016. 

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas