José María Fernández Colmeiro: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta10ehf1)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 5: Liña 5:
Aos 18 anos emigrou a [[Uruguai]], onde desempeñou diversos traballos, rematando de farmacéutico. En [[1928]] graduouse en [[Medicina]] na [[Universidade da República]] en [[Montevideo]]. Nos anos trinta foi representante da [[Liga contra o Fascismo, o Nacionalsocialismo e as persecucións raciais]].
Aos 18 anos emigrou a [[Uruguai]], onde desempeñou diversos traballos, rematando de farmacéutico. En [[1928]] graduouse en [[Medicina]] na [[Universidade da República]] en [[Montevideo]]. Nos anos trinta foi representante da [[Liga contra o Fascismo, o Nacionalsocialismo e as persecucións raciais]].


En [[1935]] foi nomeado agregado cultural da embaixada do [[Uruguai]] en [[Madrid]]. Traballou co xinecólogo [[Manuel Varela Radío]]. En xullo de [[1936]] enrolouse como médico no exercito da República. Pasou a [[Xibraltar]] e colaborou na fuxida de republicanos desde [[Marrocos]]. Enviou unha serie de artigos para o xornal ''[[El País (Montevideo)|El País]]'' de [[Montevideo]] baixo o título xeral de “Guerra pola independencia de España” que foron moi difundidos en toda Latinoamérica.
En [[1935]] foi nomeado agregado cultural da embaixada do [[Uruguai]] en [[Madrid]]. Traballou co xinecólogo [[Manuel Varela Radío]]. En xullo de [[1936]] enrolouse como médico no exército da República. Pasou a [[Xibraltar]] e colaborou na fuxida de republicanos desde [[Marrocos]]. Enviou unha serie de artigos para o xornal ''[[El País (Montevideo)|El País]]'' de [[Montevideo]] baixo o título xeral de “Guerra pola independencia de España” que foron moi difundidos en toda Latinoamérica.


Desde [[1938]] traballou na [[Fundación Curie]] de [[París]], que chegou a dirixir. Foi tamén director do Instituto de Canceroloxía. Laureado co Premio Chevillon da Academia Nacional de [[París]] e co título de Científico estranxeiro insigne. Morreu en [[1959]] cando dirixía o Servizo de roentgenoterapia da [[Fundación Curie]].
Desde [[1938]] traballou na [[Fundación Curie]] de [[París]], que chegou a dirixir. Foi tamén director do Instituto de Canceroloxía. Laureado co Premio Chevillon da Academia Nacional de [[París]] e co título de Científico estranxeiro insigne. Morreu en [[1959]] cando dirixía o Servizo de roentgenoterapia da [[Fundación Curie]].

Revisión como estaba o 11 de decembro de 2020 ás 22:55

Infotaula de personaJosé María Fernández Colmeiro
Biografía
Nacemento21 de setembro de 1894 Editar o valor em Wikidata
Toxa, España Editar o valor em Wikidata
Morte10 de xuño de 1959 Editar o valor em Wikidata (64 anos)
París, Francia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade da República Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmédico , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

José María Fernández Colmeiro, nado en Toxa (Silleda) o 21 de setembro de 1894 e finado en París o 10 de xuño de 1959, foi un médico e político galego.

Traxectoria

Aos 18 anos emigrou a Uruguai, onde desempeñou diversos traballos, rematando de farmacéutico. En 1928 graduouse en Medicina na Universidade da República en Montevideo. Nos anos trinta foi representante da Liga contra o Fascismo, o Nacionalsocialismo e as persecucións raciais.

En 1935 foi nomeado agregado cultural da embaixada do Uruguai en Madrid. Traballou co xinecólogo Manuel Varela Radío. En xullo de 1936 enrolouse como médico no exército da República. Pasou a Xibraltar e colaborou na fuxida de republicanos desde Marrocos. Enviou unha serie de artigos para o xornal El País de Montevideo baixo o título xeral de “Guerra pola independencia de España” que foron moi difundidos en toda Latinoamérica.

Desde 1938 traballou na Fundación Curie de París, que chegou a dirixir. Foi tamén director do Instituto de Canceroloxía. Laureado co Premio Chevillon da Academia Nacional de París e co título de Científico estranxeiro insigne. Morreu en 1959 cando dirixía o Servizo de roentgenoterapia da Fundación Curie.

Homenaxe

No ano 2009 o goberno municipal de Silleda aprobou o cambio de denominación do centro de saúde da capital, que desde entón se coñece como Centro de Saúde Doutor Fernández Colmeiro[1].

Notas

  1. "El callejero de Silleda modifica el nombre de 10 rúas y bautiza a otras 6". Faro de Vigo (en castelán). 26 de setembro de 2009. Consultado o 23 de novembro de 2016. 

Véxase tamén

Ligazóns externas