Biólogo, bióloga: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Lles (conversa | contribucións)
m engado a Categoría:Profesións mediante HotCat
Liña 15: Liña 15:
{{Control de autoridades}}
{{Control de autoridades}}
[[Categoría:Bioloxía]]
[[Categoría:Bioloxía]]
[[Categoría:Profesións]]

Revisión como estaba o 10 de decembro de 2020 ás 13:48

Louis Pasteur (esquerda) e Lynn Margulis (dereita), dous destacados biólogos.

Un biólogo ou unha bióloga é un científico dedicado á bioloxía. Os biólogos estudan os organismos vivos e a súa relación coa súa contorna. Os biólogos involucrados na investigación de base tentan descubrir os mecanismos que gobernan o funcionamento dos organismos vivos. Os biólogos que se dedican á investigación aplicada tentan desenvolver ou mellorar procesos médicos, industriais ou agrícolas. Algúns biólogos traballan en postos directivos coordinando ou supervisando a investigación. Os técnicos levan a cabo tarefas especializadas utilizando equipamento de laboratorio.

Formación

Existen varios graos e mestrados das disciplinas da bioloxía que en Galicia se imparten nas tres universidades: na Universidade da Coruña, na Universidade de Santiago de Compostela e na Universidade de Vigo.