Josep Maria Subirachs: Diferenzas entre revisións
m Bot: Arranxos varios |
m engado a Categoría:Finados por párkinson mediante HotCat |
||
Liña 39: | Liña 39: | ||
[[Categoría:Finados en 2014]] |
[[Categoría:Finados en 2014]] |
||
[[Categoría:Premio Creu de Sant Jordi]] |
[[Categoría:Premio Creu de Sant Jordi]] |
||
[[Categoría:Finados por párkinson]] |
Revisión como estaba o 7 de decembro de 2020 ás 18:19
Josep Maria Subirachs | |
---|---|
Subirachs fotografado por Manel Armengol no seu estudio da Sagrada Familia (abril de 1987) | |
Nome | Josep Maria Subirachs i Sitjar |
Nacemento | 11 de marzo de 1927 e 1927 |
Barcelona e Barcelona | |
Falecemento | 7 de abril de 2014 |
Barcelona | |
Nacionalidade | Catalán |
Fillos | Judit Subirachs e Roger Subirachs i Burgaya |
Eido | Pintura, escultura, gravado e escenografía |
Movemento | Novecentisme, expresionismo, abstracción, neofiguración |
Traballos | Monumento a Francesc Macià |
Influenciado por | Enric Casanovas, Josep Clarà, Aristide Maillol, Henry Moore, Leandre Cristòfol, Ángel Ferrant, Eudald Serra, Juli González, Pau Gargallo |
Premios | Medalla de Ouro ó Mérito nas Belas Artes, Creu de Sant Jordi, Medalla de Ouro ó Mérito Artístico do Concello de Barcelona |
Na rede | |
http://www.subirachs.cat e https://www.subirachs.org | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Josep Maria Subirachs i Sitjar, nado en Barcelona o 11 de marzo de 1927, e finado ibídem o 7 de abril de 2014, foi un escultor, pintor, gravador, escenógrafo e crítico de arte catalán. Foi un dos escultores contemporáneos con máis prestixio internacional, como se pode ver nos seus múltiples galardóns e recoñecementos, así como da presenza da súa obra en museos e lugares públicos de cidades de todo o mundo, mais principalmente Barcelona. Tamén participou nunha gran cantidade de exposicións tanto colectivas como individuais, en museos e galerías públicas e privadas.[1]
Artista polifacético, Subirachs destacou especialmente na escultura, pero tamén noutras técnicas como a pintura, o debuxo, o gravado, o cartel, o tapiz, a ilustración de libros, o deseño de xoias e o acuñamento de medallas. Tamén realizou escenografías para prestixiosas montaxes de obres de teatro e ballet. Exerceu de mestre de arte e, no eido teórico, como escritor e colaborador en revistas e xornais, crítico de arte e conferenciante en universidades e academias arredor do mundo. Na súa longa traxectoria pasou por varias fases —mediterránea, expresionista, abstracta, neofigurativa—, períodos sempre caracterizados polas formas xeométricas, as liñas rectas e angulosas e as texturas rugosas.[2]
Notas
- ↑ "Josep Maria Subirachs i Sitjar". L'Enciclopèdia.cat. Barcelona: Grup Enciclopèdia Catalana.
- ↑ Subirachs (ed.). "Nota biogràfica". Consultado o 8 de abril de 2014.
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Josep Maria Subirachs |
Ligazóns externas
- Páxina oficial (en catalán)