Titán (mitoloxía): Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Lameiro (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 12: Liña 12:
Salvo Temis e Mnemósine, por un lado, e Cronos e Rea, por outro, os titáns no desenvolveron un perfil propio e apenas aparecen na [[iconografía]]. En todo caso, sábese que Océano e Tetis se mantiveron na ribeira da Terra polo seu comportamento neutral durante a guerra, e que criaron a [[Hera]]. Océano pode ser representado con atributos relacionados co seu carácter acuático (áncora, remo, ánfora que verte auga), pero son máis representativas unhas pinzas de cangrexo sobre a súa cabeza, con pelo largo, barba mollada e auga saíndo da súa boca.

Tetis represéntase, adoito en [[mo]]saicos, como muller sentada e máis ou menos núa, rodeada de peixes e monstros acuáticos, ás veces cun remo, e sempre cunhas ás na fronte. Pode estar soa ou acompañando a Océano.
Tetis represéntase, adoito en [[mosaico]]s, como muller sentada e máis ou menos núa, rodeada de peixes e monstros acuáticos, ás veces cun remo, e sempre cunhas ás na fronte. Pode estar soa ou acompañando a Océano.

No [[altar de Pérgamo]] figuran representadas as titánides Tía e Febe.
No [[altar de Pérgamo]] figuran representadas as titánides Tía e Febe.

Revisión como estaba o 6 de decembro de 2020 ás 18:13

A caída dos Titáns de Rubens.

Os titáns, masculino, e titánides, feminino, eran deidades da primeira xeración divina, na mitoloxía grega, nacidos da unión entre Gaia e Urano. Uniranse entre si para dar procrear á segunda xeración de deuses, chamados Olímpicos; outros dous titáns uníronse a hembras doutras estirpes (Iápeto con Clímene, unha oceánide, e Crio con Euribia), e dúas titánides, Temis e Mnemósine, foron compañeiras de Zeus.

Reciben os nomes de Océano, Ceo, Hiperión, Crio, Iápeto e Cronos, os varóns; e Tetis, Rea, Temis, Mnemósine, Febe, Dione e Tía, as mulleres

Zeus rebelouse contra o seu pai Cronos, que se fixera co poder no ceo tras castrar a Urano, nunha guerra coñecida como Titanomaquia, na que se enfrontaron Zeus e os seus irmáns contra os titáns (mentres que as titánides se mantiveron neutrais).

Mitoloxía

Mosaico de Petra (Xordania), representando ó deus Océano

Segundo Elvira Barba, o mito dos titáns ten raíces neolíticas, anteriores á chegada dos pobos indoeuropeos a Grecia.

Salvo Temis e Mnemósine, por un lado, e Cronos e Rea, por outro, os titáns no desenvolveron un perfil propio e apenas aparecen na iconografía. En todo caso, sábese que Océano e Tetis se mantiveron na ribeira da Terra polo seu comportamento neutral durante a guerra, e que criaron a Hera. Océano pode ser representado con atributos relacionados co seu carácter acuático (áncora, remo, ánfora que verte auga), pero son máis representativas unhas pinzas de cangrexo sobre a súa cabeza, con pelo largo, barba mollada e auga saíndo da súa boca.

Tetis represéntase, adoito en mosaicos, como muller sentada e máis ou menos núa, rodeada de peixes e monstros acuáticos, ás veces cun remo, e sempre cunhas ás na fronte. Pode estar soa ou acompañando a Océano.

No altar de Pérgamo figuran representadas as titánides Tía e Febe.

Véxase tamén

Bibliografía

  • ELVIRA BARBA: Miguel Ángel: Arte y mito. Manual de iconografía clásica. Sílex, 3ª ed. 2017.
  • GRIMAL, Pierre: Diccionario de mitología griega y romana. Ed. Paidós, 1981.