Bergen-Belsen: Diferenzas entre revisións
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores) |
Sen resumo de edición |
||
Liña 2: | Liña 2: | ||
== Historia == |
== Historia == |
||
[[Ficheiro:Bergen-belsen.jpg|miniatura|esquerda|Entrada de Bergan-Belsen na actualidade]] |
|||
Posto en funcionamento no ano [[1940]], ao comezo Bergen-Belsen foi un campo de prisioneiros [[Bélxica|belgas]] e [[Francia|franceses]] baixo o mando da [[Wehrmacht]]. |
Posto en funcionamento no ano [[1940]], ao comezo Bergen-Belsen foi un campo de prisioneiros [[Bélxica|belgas]] e [[Francia|franceses]] baixo o mando da [[Wehrmacht]]. En [[1941]] levaron alí 20000 prisioneiros [[Rusia|rusos]]. En 1943 por decisión de [[Himmler]] foi requisado polas [[SS]] e transformado nun campo de exterminio ao levar alí 10000 xudeus coa intención de seren cambiados por prisioneiros de guerra alemáns. |
||
Dende [[1944]] ata a súa liberación en [[1945]], as condicións de vida no campo empeoraron terriblemente, a decisión de levar alí prisioneiros enfermos doutros campos marcou o destino dos prisioneiros de Bergen-Belsen, durante ese período de tempo sucedéronse varias epidemias que acabaron coa vida de milleiros de prisioneiros.O nomeamento de Josef Kramer (procedente de [[Auschwitz]]) como comandante do campo o [[2 de setembro]] de 1944 empeorou aínda máis as cousas. Kramer introduciu novas medidas para aumenta-lo sufrimento dos prisioneiros: eliminou os vestixios de autoadministración xudía, privou os prisioneiros de comida durante varios días e retirou aos prisioneiros de intercambio dos seus últimos privilexios. A ración de comida foi reducida a unha cunca de sopa e a unha rabada de pan. A terrible fame deu lugar a varios casos de [[canibalismo]]. |

Revisión como estaba o 5 de decembro de 2020 ás 22:42
Campo de concentración nazi, tamén chamado Stalag 311. Situado preto de Celle (Hannover), no estado da Baixa Saxonia en Alemaña. O nome de Bergen-Belsen deuselle pola vila de Belsen, situado preto de alí, tras a Segunda Guerra Mundial a vila mudou de nome, hoxe en día chámase Hohne.
Historia
Posto en funcionamento no ano 1940, ao comezo Bergen-Belsen foi un campo de prisioneiros belgas e franceses baixo o mando da Wehrmacht. En 1941 levaron alí 20000 prisioneiros rusos. En 1943 por decisión de Himmler foi requisado polas SS e transformado nun campo de exterminio ao levar alí 10000 xudeus coa intención de seren cambiados por prisioneiros de guerra alemáns.
Dende 1944 ata a súa liberación en 1945, as condicións de vida no campo empeoraron terriblemente, a decisión de levar alí prisioneiros enfermos doutros campos marcou o destino dos prisioneiros de Bergen-Belsen, durante ese período de tempo sucedéronse varias epidemias que acabaron coa vida de milleiros de prisioneiros.O nomeamento de Josef Kramer (procedente de Auschwitz) como comandante do campo o 2 de setembro de 1944 empeorou aínda máis as cousas. Kramer introduciu novas medidas para aumenta-lo sufrimento dos prisioneiros: eliminou os vestixios de autoadministración xudía, privou os prisioneiros de comida durante varios días e retirou aos prisioneiros de intercambio dos seus últimos privilexios. A ración de comida foi reducida a unha cunca de sopa e a unha rabada de pan. A terrible fame deu lugar a varios casos de canibalismo.
Liberación
O 15 de abril de 1945 tropas británicas liberaron o campo tras un alto o fogo acordado polas dúas partes que non desexaban que as enfermidades se espallaran. As SS tentaron borra-las probas dos seus crimes, obrigando aos prisioneiros a enterra-los cadáveres nas fosas comúns antes de que chegaran os aliados. Pero aínda así, cando os británicos entraron atoparon uns 10000 cadáveres aínda sen enterrar. As SS foron obrigadas a enterralos. Foron necesarios bulldozers para arrastrar os corpos ata as fosas e impedir máis epidemias.
A xente que vivía preto afirmou non saber nada do que se facía no campo e foi levada dentro para que foran testemuñas do que os nazis chamaban a Solución final.
A evacuación do campo comezou o 24 de abril pero ata mediados de maio non foi posible terminala. Trala evacuación Bergen-Belsen foi incendiado.
Véxase tamén
Outros artigos
- Anne Frank (asasinada en Bergen-Belsen)
Ligazóns externas
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Bergen-Belsen |