Axóuxere (obxecto): Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
En galego axóuxere tanto pode ser sinónimo de cascabel como de ruxerruxe pero os ruxerruxe non se poñen os gatos e os cascabeis non se empregan especificamente como xoguetes. É dicir axóuxere vale para todo pero ruxerruxe non (DRAG)
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
:''Para a publicación infantil véxase: [[Axouxere (1974)]].''
:''Para a publicación infantil véxase: [[Axouxere (1974)]].''
[[Ficheiro:SleighBells.jpg|miniatura|300px|dereita|axóuxeres sobre maza]]
[[Ficheiro:SleighBells.jpg|miniatura|300px|dereita|axóuxeres sobre maza]]
Un '''axóuxere''' é un [[Instrumento musical|obxecto]] sonoro que serve para entreter aos [[Neno|cativos]]. Pode ser de plástico, [[Metal (material)|metal]] ou [[madeira]] e ao movelo fai [[ruído]] debido a unha boliñas no seu interior. Adoitan seren de cores moi vivas para estimular os sentidos do neno.
Un '''axóuxere''' é unha ou varias esferas ocas que poden servir como [[Instrumento musical|obxecto]] sonoro que serve para entreter aos [[Neno|cativos]] ou como peza sonora que adoita poñerse os gatos ou outros animais domésticos para avisar de onde se moven. Pode ser de plástico, [[Metal (material)|metal]] ou [[madeira]] e ao movelo fai [[ruído]] debido a unha boliñas no seu interior. Adoitan seren de cores moi vivas para estimular os sentidos do neno.


Debido a que a capacidade cognitiva dos pequenos aínda non está desenvolvida, este [[xoguete]] obriga ao neniño a forzar as súas capacidades visuais e auditivas para comprender o que ten diante cando o xoguete está no seu poder. Ademais vai obtendo estímulos táctiles que o relacionan co mundo exterior. A existencia de obxectos que chamen a súa atención resulta moi importante como xeito de:
Debido a que a capacidade cognitiva dos pequenos aínda non está desenvolvida, este [[xoguete]] obriga ao neniño a forzar as súas capacidades visuais e auditivas para comprender o que ten diante cando o xoguete está no seu poder. Ademais vai obtendo estímulos táctiles que o relacionan co mundo exterior. A existencia de obxectos que chamen a súa atención resulta moi importante como xeito de:

Revisión como estaba o 30 de novembro de 2020 ás 22:19

Para a publicación infantil véxase: Axouxere (1974).
axóuxeres sobre maza

Un axóuxere é unha ou varias esferas ocas que poden servir como obxecto sonoro que serve para entreter aos cativos ou como peza sonora que adoita poñerse os gatos ou outros animais domésticos para avisar de onde se moven. Pode ser de plástico, metal ou madeira e ao movelo fai ruído debido a unha boliñas no seu interior. Adoitan seren de cores moi vivas para estimular os sentidos do neno.

Debido a que a capacidade cognitiva dos pequenos aínda non está desenvolvida, este xoguete obriga ao neniño a forzar as súas capacidades visuais e auditivas para comprender o que ten diante cando o xoguete está no seu poder. Ademais vai obtendo estímulos táctiles que o relacionan co mundo exterior. A existencia de obxectos que chamen a súa atención resulta moi importante como xeito de:

  • fomentar o crecemento do cerebro na etapa de maior plasticidade;
  • comprobar se sofre algunha discapacidade auditiva ou visual;
  • desenvolver as capacidades sensoriais;
  • buscar unha pronta reacción e comprensión do seu contorno para ilo integrando nas redes sociais;

Noutro aspecto non lúdico e máis funcional, este obxecto utilízase como sinal de movemento: coma os badais nas igrexas ou os chocallos nas vacas, pónselle ás veces aos gatos ou cans para saber onde están ou para saber se se están movendo.

Consiste nun recipiente no que introducen axóuxeres ou campaíñas e un mango por onde agarra o cativo. Os máis pequeños axítano instintivamente e divírtense co son que eles producen. Actualmente, existe unha gran cantidade de modelos no mercado, fabricados de moi diversos materiais. A maioría están decorados con cores rechamantes e figuriñas infantís. Os axóuxeres foron utilizados polos cativos durante milleiros de anos. Os primeiros que se coñecen datan da época exipcia, antes do comezo do Imperio Novo.