Televisión de Galicia: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Etiquetas: Edición visual edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 8: Liña 8:
| lanzamento = 24 de xullo de 1985 {{idade|24|7|1985}}
| lanzamento = 24 de xullo de 1985 {{idade|24|7|1985}}
| peche =
| peche =
| formato_imaxe = 720p [[HDTV]]<br />(reescalado a [[16:9]] 576i para la señal en resolución estándar)
| formato_imaxe = 720p [[HDTV]]<br />(reescalado a [[16:9]] 576i para o sinal en resolución estándar)
| audiencia = 9,9%
| audiencia = 9,9%
| audiencia_data = marzo de 2019
| audiencia_data = marzo de 2019

Revisión como estaba o 29 de novembro de 2020 ás 15:54

Coordenadas: 42°53′30.42″N 8°28′10.96″O / 42.8917833, -8.4697111

TVG
Logo da TVG
Inicio das emisións 24 de xullo de 1985 (38 anos)
Propiedade de CRTVG
Formato da imaxe 720p HDTV
(reescalado a 16:9 576i para o sinal en resolución estándar)
Datos de audiencia 9,9% (marzo de 2019, TVG)
País España España
Lingua Galego
Área de emisión Galicia
Sede central Santiago de Compostela
Canle/s irmá(s) tvG2
TVG Europa
TVG América
Dispoñibilidade
Terrestre
TDT A Coruña (Norte): 25
A Coruña (Sur): 40
Lugo: 31
Ourense: 25
Pontevedra: 37
Satélite
Astra 19.2°L Frecuencia:11377 MHz
Cable
R TVG Dial 110
tvG2 Dial 118
Vodafone TVG Dial 7
tvG2 Dial 8
IPTV
Movistar+ Dial 9
Televisión por Internet
Á carta TVG á carta

Na rede
TVG
Facebook: CRTVG Twitter: crtvg Instagram: tvgalicia Youtube: UCz46p3cffUXUSGUtcnw_Ouw Editar o valor em Wikidata

A Televisión de Galicia, tamén chamada A Galega, é unha canle televisiva galega que forma parte da Corporación de Radiotelevisión de Galicia (CRTVG) xunto coa Radio Galega. As súas instalacións centrais están en San Marcos, na parroquia do Bando, no concello de Santiago de Compostela.

No mes de xaneiro do ano 2009 a TVG fixo historia ao converterse en líder autonómica por primeira vez na súa historia[1], pero foi entre 1988 e 1990 cando tivo as maiores audiencias da súa historia[2].

Historia e características

Antigo logo da TVG.

As obras da súa sede comezaron o 8 de outubro de 1984, a dirección xeral de medios de comunicación tivo que crear unha rede de reemisores[3] para que puidese transmitir, finalmente inaugurou as súas emisións ás 19:30 do 24 de xullo de 1985 cos actos en directo da súa inauguración[4] e pola noite a retransmisión en directo dos actos do Día do Apóstolo en Santiago. O 25 de xullo emitiu a súa primeira película, a curtametraxe Mamasunción de Chano Piñeiro. Logo destas probas suspendeu a transmisión, emitindo nos meses seguintes 150 horas en probas[5] ata o 1 de setembro, cando comezou a programación regular, con 39 horas de emisión á semana. Emite 168 horas á semana e preto do 70% é de produción propia. [Cómpre referencia]

Ó longo da historia, os diversos directores da canle foron Guillermo Montes, Xosé Luis Blanco Campaña, Gerardo González Martín, Xerardo Rodríguez, Xosé Rodil Lombardía, Arturo Maneiro, Anxo Quintanilla, Suso Iglesias e Rosa Vilas.

O 31 de decembro de 1996 a canle Galeusca TV, da que tamén formaban parte ETB e TV3, iniciou as súas emisións regulares cara América vía satélite e o 17 de maio do ano seguinte a TVG comezou a transmitir pola internet. Desde a desaparición da Galeusca TV, a TVG emite para o resto de España e Europa por satélite e redes de cable a canle Galicia TV Europa e para América Galicia TV América.

A TVG emite integramente en galego para Galicia, malia iso emite algún programa en castelán para o exterior; a publicidade, que durante moito tempo foi predominantemente en castelán, tende a igualarse nas dúas linguas. Non obstante, a primeira canle televisiva en emitir en galego, malia que parcialmente, foi o Centro Territorial de RTVE en Galicia.

A TVG forma parte da FORTA, unha federación de diferentes televisións autonómicas do estado español.

A segunda canle

Artigo principal: tvG2.

Aínda que dixera que poría en marcha a súa segunda canle, G2, o 25 de xullo de 2008[6], ao final fíxoo, tras fallar outubro de 2008[7][8], o 2 de febreiro de 2009[9][10]. Facéndoo con demora, porque xa se apuntara noutrora que ía ser no 2006 e, co anterior director, no 2005.

Esta segunda canle emite de luns a venres bloques infantís de 13.45 a 15.30 e de 18.00 a 20.30 e o resto das horas reemite a programación de Galicia TV América; as fins de semana están exclusivamente dedicadas ó deporte. O director da CRTVG na época de aparición da G2, Benigno Sánchez, tiña previsto que a canle emitira de luns a venres de 07.00 a 00.45 programación de divulgación, cultural, deportiva, documentais, cine e programación infantil e xuvenil; para as fins de semana centrarse no deporte, con especial atención ó minoritario e ó de base, e na cultura. Na década do 2000, anunciárase a creación dunha canle de noticias para o 2010 e dunha cuarta canle posterior sen confirmar a temática. Finalmente, ningunha destas dúas canles viu a luz.

TVG, San Marcos, Bando (Santiago de Compostela)

Imaxe corporativa

Laura Casares, Mucha e Nucha, Xosé Ramón Gayoso e Luis Zahera na gravación da 801ª emisión de Luar.
Conexión da TVG na Festa da Malla de Doade (2015)

Clasificación dos programas máis vistos por tempada

Notas

  1. "A TVG, líder autonómica por primeira vez na súa historia", La Voz de Galicia.
  2. Arturo Maneiro e Alfonso Cabaleiro, "A TVG". Lea, 1993, páxina 47.
  3. Mª Luz Ríos Rodríguez e Mª Carmen Saavedra Vázquez (coord.) As institucions galegas na historia. USC, 2004, páxina 608
  4. "25 anos da TVG". Arquivado dende o orixinal o 19 de agosto de 2010. Consultado o 23 de agosto de 2010. 
  5. Xosé López García: "Tres décadas de televisión en Galicia", CGC, Santiago, páxina 52
  6. El País - La apertura de un segundo canal aboca a TVG a aumentar el gasto
  7. Mundoplus - El segundo canal de la TVG costará el primer año dos millones
  8. agalega.info - 'Cousiñas' será o primeiro programa da Galega para menores de 3 anos[Ligazón morta]
  9. "A Nosa Terra - En 15 días emitirá G2, a segunda canle da Galega". Arquivado dende o orixinal o 23 de xaneiro de 2009. Consultado o 20 de xaneiro de 2009. 
  10. G2, a segunda canle da Galega, estrearase o vindeiro luns

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas