Antía Veres: Diferenzas entre revisións
m →Obras traducidas: +1 |
m →Obra impresa: +1 |
||
Liña 22: | Liña 22: | ||
* ''[[O inimigo coñece o sistema]]'', de [[Marta Peirano]] (Kalandraka, 2019) |
* ''[[O inimigo coñece o sistema]]'', de [[Marta Peirano]] (Kalandraka, 2019) |
||
* ''O home dos círculos azuis'', de [[Fred Vargas]] (Kalandraka, 2020) |
* ''O home dos círculos azuis'', de [[Fred Vargas]] (Kalandraka, 2020) |
||
* ''As aventuras de Txano e Óscar. A pedra verde'', de Julio Santos (ilustr. Patricia Pérez) (Xarpa Books, 2020) |
|||
=== Tradución teatral === |
=== Tradución teatral === |
Revisión como estaba o 29 de novembro de 2020 ás 12:04
De esquerda a dereita, Celia Recarey, Andrea Barreira e a tradutora Antía Veres durante o relatorio "Tradución das clásicas ao galego, de Mary Wollstonecraft a Virginia Woolf", como parte das actividades da SELIC 2017. | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de xuño de 1990 (33 anos) Guitiriz, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Vigo |
Actividade | |
Ocupación | tradutora |
Lingua | Lingua galega |
Antía Veres Gesto, nada en Guitiriz o 19 de xuño de 1990, é unha tradutora galega.
Traxectoria
Licenciouse en 2013 en Tradución e Interpretación (especialidade inglés-galego) pola Universidade de Vigo, e en 2014 foi premio extraordinario fin de carreira pola dita universidade.[1] Dende ese mesmo ano, traballou na empresa privada Globalingua Translation, con sede en Vigo, lugar de residencia de Veres, e na Coruña[2]. Noutra orde de cousas, colaborou profesionalmente co proxecto Trasno e fixo voluntariado para a asociación sen fins de lucro Tradutores sen Fronteiras.
Foi unha das fundadoras da asociación Trabalingua da Universidade de Vigo (2009) da cal foi presidenta entre os anos 2011 e 2012.
Obras traducidas
Obra impresa
- O conto de Nadal de Auggie Wren, de Paul Auster.
- Un amante fantasma, de Vernon Lee (Editorial Hugin e Munin, 2015)[3]
- Detrás da máscara, de Louisa May Alcott (Editorial Hugin e Munin, 2017).
- Unha muller perdida, de Willa Cather (Editorial Hugin e Munin, 2018).
- Unha historia detectivesca de dobre canón, de Mark Twain (Kalandraka, 2018)
- A orde do día, de Éric Vuillard (Faktoría K, 2018)
- O planeta dos simios, de Pierre Boulle (Faktoría K, 2019)[4]
- A batalla de occidente, de Éric Vuillard (Kalandraka, 2019)
- O inimigo coñece o sistema, de Marta Peirano (Kalandraka, 2019)
- O home dos círculos azuis, de Fred Vargas (Kalandraka, 2020)
- As aventuras de Txano e Óscar. A pedra verde, de Julio Santos (ilustr. Patricia Pérez) (Xarpa Books, 2020)
Tradución teatral
- Os amantes sobrehumanos, de Ruth Gutiérrez (Erregueté, 2019)[5]
Outras publicacións
- "Como traducimos nas cidades divididas?", Viceversa, nº19-20 (2014).
Galardóns
No 2013, conseguiu o accésit na edición de 2013 do Premio de tradución da Universidade de Vigo[6] pola tradución da obra O conto de Nadal de Auggie Wren, de Paul Auster. No 2017, foi a gañadora do I Premio Realia de Tradución[7] por Detrás da máscara, de Louisa May Alcott. No 2019, gañou o XVIII Premio Plácido Castro pola tradución da obra Unha muller perdida de Willa Cather.[1]
Notas
- ↑ 1,0 1,1 "Antía Veres, Premio Plácido Castro de Tradución na súa 18ª edición". Praza.gal. 30 de setembro de 2019. Consultado o 30 de setembro de 2019.
- ↑ Páxina web da empresa, pestana "Quen somos".
- ↑ Vernon Lee. Un amante fantasma, entrada no blog "Revolta da Freixa" o 16 de abril de 2017.
- ↑ Redacción (6 de xuño de 2019). Sermos Galiza, ed. "Os simios dominarán o mundo. A distopía clásica de Boulle, en galego". Consultado o 6 de xuño de 2019.
- ↑ Entrevista: Ruth Gutiérrez, gañadora do XLIII Premi Born, e Antía Veres, tradutora da obra premiada, Erreguete.gal.
- ↑ Premio 2013 de tradución da Universidade de Vigo, en Laxastraducidas
- ↑ Antía Veres gaña o I Premio Realia de Tradución, nova recollida na páxina web do Concello de Santiago o 20 de abril de 2017.