Vitamina C: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
m →‎Fontes de vitamina C: revisión táboa
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Quitando espazos nas cabeceiras
Liña 42: Liña 42:
|}
|}


== Sinais de falta ==
==Sinais de falta==
A deficiencia patolóxica denomínase [[escorbuto]]: feridas que demoran en cicatrizar, hemorraxias, dentes moles, perda de peso, dores nas articulacións e xenxivas inflamadas.
A deficiencia patolóxica denomínase [[escorbuto]]: feridas que demoran en cicatrizar, hemorraxias, dentes moles, perda de peso, dores nas articulacións e xenxivas inflamadas.



Revisión como estaba o 18 de novembro de 2007 ás 19:50

Aínda que existen outros alimentos máis ricos en ácido ascórbico (véxase a tabela anexa), popularmente considérase que os cítricos son unha fonte natural de vitamina C.

A vitamina C ou ácido ascórbico é unha molécula usada na hidroxilación de varias reaccións bioquímicas nas células. A súa principal función é a hidroxilación do colaxenio, a proteína fibrilar que dá resistencia aos ósos, dentes, tendóns e paredes dos vasos sanguíneos. Alén diso é un poderoso antioxidante, usándose para transformar os radicais libres de oxíxeno en formas inertes. Úsase tamén na síntese dalgunhas moléculas que serven como hormonas ou neurotransmisores.

Todos os efectos da vitamina C son importantes para doentes con deficiencias. Non existe hipervitaminose de vitamina C a través dos alimentos, pero se se toma sinteticamente e en exceso pode ser daniño. Ten os seguintes efectos no organismo en doses moderadas:

  • Favorece a formación dos dentes e ósos;
  • Axuda a resistir ás doenzas.
  • Prevén gripes, fraqueza muscular e infeccións. Axuda sen dúbida en doentes xa con escorbuto.
  • Axuda o sistema inmunolóxico e a respiración celular, estimula as glándulas suprarrenais e protexe os vasos sanguíneos.

A carencia desta vitamina provoca a avitaminose designada escorbuto.

Fontes de vitamina C

A vitamina C non é producida polas células humanas e ten de ser inxerida na alimentación. Alimentos ricos en Vitamina C: Amorodo, melón, laranxa, limón, acerola, verza, piña, papaia, manga, caxú e pementón.

A acerola é trintás veces máis rica en Vitamina C que a laranxa.

Produto
mg Vit. C/100 g de

produto fresco

goiaba
273
pemento
131
brócoli
110
kiwi
90
amorodos
60
limón e laranxa
50

Sinais de falta

A deficiencia patolóxica denomínase escorbuto: feridas que demoran en cicatrizar, hemorraxias, dentes moles, perda de peso, dores nas articulacións e xenxivas inflamadas.