Manuel Igrexas: Diferenzas entre revisións
cambio imaxe |
m engado a Categoría:Wikimedistas mediante HotCat |
||
Liña 44: | Liña 44: | ||
[[Categoría:Nados en 1961]] |
[[Categoría:Nados en 1961]] |
||
[[Categoría:Profesores de educación secundaria]] |
[[Categoría:Profesores de educación secundaria]] |
||
[[Categoría:Wikimedistas]] |
Revisión como estaba o 26 de novembro de 2020 ás 13:44
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de decembro de 1961 (62 anos) Lalín, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Valencia Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Lugar de traballo | Lalín |
Ocupación | historiador , profesor de ensino secundario , wikimedista |
Empregador | Consellería de Educación da Xunta de Galicia |
Lingua | Lingua galega |
Familia | |
Cónxuxe | Chus Pato |
Manuel Igrexas Rodríguez, nado en Lalín o 21 de decembro de 1961, é un historiador e escritor galego.
Traxectoria
Licenciado en Filosofía pola Universidade Literaria de Valencia, actualmente imparte clases no IES Laxeiro de Lalín.
Publicacións
Ten feito publicacións sobre a historia local en xornais e libros coma Os emigrantes e a transformación social na comarca de Deza.
Participou con comunicacións nos Congresos:
- O exilio galego. Santiago de Compostela, 2001.
- I Congreso da Memoria A represión franquista en Galicia. Narón, 2003.
É autor (con Mario Pereira) dunha edición crítica do libro de contos O Naranxo de Ramón de Valenzuela. Escribiu unha biografía do mestre Xesús Golmar (Xesús Golmar, Ed. Fervenza, 2005).
Outras actividades
Pertenceu á directiva das Redes Escarlata. É socio fundador e vicepresidente da Asociación Cultural O Naranxo, así como membro da Comisión pola Memoria Histórica Siñor Afranio.
Encabezou a candidatura da Coordinadora Alternativa de Lalín nas eleccións municipais de 1987 e foi elixido concelleiro[1]. Posteriormente integrouse no BNG. Pasou despois a militar na FPG e nas Eleccións ao Parlamento de Galicia 2005 foi candidato desta formación na cuarta posición pola provincia de Pontevedra.
No 2015 foi elixido terceiro candidato da Plataforma Aberta Cidadá de Lalín ás Eleccións municipais de 2015 en Galicia.
É editor habitual na Galipedia desde 2007.
Notas
- ↑ González Alén, Daniel (2004). Seminario de Estudios de Deza, ed. 25 anos de corporacións democráticas no Concello de Lalín (1979-2004). Lalín. ISBN 84-609-3810-7.