Álex Mene: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m →‎Traxectoria: + dato tomado de https://www.aelg.gal/centro-documentacion/autores-as/alex-mene
Liña 17: Liña 17:


En [[2019]] gañou o premio a primeira edición do [[Premio de Literatura Infantil e Xuvenil Muíño do Vento]] coa obra ''Indómita e a semente da inmortalidade''.<ref>[http://www.fervenzasliterarias.gal/index.php/lix/novas/alex-mene-gana-o-i-certame-de-literatura-infantil-e-xuvenil-muino-do-vento ''Álex Mene gaña o I Certame de Literatura Infantil e Xuvenil Muíño do Vento''], ''[[Fervenzas Literarias (revista)|Fervenzas Literarias]]'', [[2 de abril]] de [[2019]].</ref>
En [[2019]] gañou o premio a primeira edición do [[Premio de Literatura Infantil e Xuvenil Muíño do Vento]] coa obra ''Indómita e a semente da inmortalidade''.<ref>[http://www.fervenzasliterarias.gal/index.php/lix/novas/alex-mene-gana-o-i-certame-de-literatura-infantil-e-xuvenil-muino-do-vento ''Álex Mene gaña o I Certame de Literatura Infantil e Xuvenil Muíño do Vento''], ''[[Fervenzas Literarias (revista)|Fervenzas Literarias]]'', [[2 de abril]] de [[2019]].</ref>

En 2020 gañou o 3º premio no [[Certame de Narracións breves Manuel Murguía]], coa obra ''A herdeira (foto de familia)''.


== Obra ==
== Obra ==

Revisión como estaba o 22 de novembro de 2020 ás 18:53

Infotaula de personaÁlex Mene

Mene en 2019.
Biografía
Nacemento1969 Editar o valor em Wikidata (54/55 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpintor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Participou en
Novos Valores Editar o valor em Wikidata

AELG: 581 Dialnet: 1163345


Alejandro Mene Pazos, coñecido como Álex Mene, nado en 1969[1] en Vigo, é un mestre, escritor, artista multidisciplinar e comisario de exposicións galego.[2]

Traxectoria

Licenciouse en Comunicación Audiovisual na Facultade de Ciencias da Información da Universidade Complutense de Madrid.

A súa obra aborda temas coma o desexo, a memoria, e os roles e a Identidade de xénero[3]. Como fotógrafo e pintor expuxo en espazos tales como a Galería Espacio 48 de Santiago de Compostela, no Museo Municipal de Ourense[4] ou no Museo MARCO de Vigo.[5]

Pezas audiovisuais súas participaron en festivais como o Certamen de cortos de Caja Madrid, o Festival de Cine Independiente de Elx, o Certamen de Jóvenes Realizadores de Zaragoza, o Rec.06, o Festival de Creació Audiovisual de Tarragona ou o Girona Film Festival.

Doutorouse en Belas Artes cunha tese sobre o labor de fotógrafo de Eduardo Blanco Amor intitulada O ollo cazador. Sobre a fotografía de Eduardo Blanco Amor.[6]

En 2018 publicou a obra de literatura infantil A raíña das tortas, ilustrada por Blanca González Crespán e editada por Alvarellos editora[7].

En 2019 gañou o premio a primeira edición do Premio de Literatura Infantil e Xuvenil Muíño do Vento coa obra Indómita e a semente da inmortalidade.[8]

En 2020 gañou o 3º premio no Certame de Narracións breves Manuel Murguía, coa obra A herdeira (foto de familia).

Obra

Individual

  • Ventás para unha fuga. Outono Fotográfico de Ourense. Biblioteca Central do Campus de Ourense da Universidade de Vigo., 2017.[9]
  • Fotodiario [caderno de campo]. Outono Fotográfico de Ourense. Centro Cultural Márcos Valcárcel. Deputación de Ourense, 2015.[10]
  • Unha cabana no lago. Galería Espacio 48. Santiago de Compostela, 2009.
  • Oasis. Galería Espacio 48. Santiago de Compostela, 2003.
  • Eu son o outro. (con Santi Jiménez) Galería Espacio 48. Santiago de Compostela. 2002.

Colectiva

  • XII Concurso Nacional de Cine y I de Vídeo Amateur, Madrid, 1991.
  • I Certame Ourense de Fotografía para a Mocidade. Sala de exposicións de Caixa Ourense, 1992.
  • XIV Concurso Galego de Fotografía Xuventude 98. Casa da Xuventude. Ourense, 1998. Segundo premio á mellor fotografía[11]
  • Ourense en Pé de Foto. Museo Municipal. Ourense 2000.
  • Novos Valores 2000, Deputación de Pontevedra, 2000.
  • Identidades feridas da arte na doenza, Fundación Laxeiro, 2001.
  • ArtXove, Concello de Pontedeume, 2001.
  • Territorio(s), Galería Espacio 48, 2001.
  • V Bienal de Lalín "Pintor Laxeiro", Xunta de Galicia, 2001.
  • VI Bienal de Lalín "Pintor Laxeiro", Xunta de Galicia, 2003.
  • Malas Artes 03, Concellaría de Cultura de Vigo, 2003.
  • Radicais Libres. Auditorio de Galicia. Santiago de Compostela, 2005.
  • VII Bienal de Lalín "Pintor Laxeiro", Xunta de Galicia, 2005.
  • XVI Certamen de Artes Plásticas de la UNED. Casa de Velázquez. Madrid, 2006.
  • Entre-cruzar, Proxecto-Edición, CGAC, Santiago de Compostela, 2006.
  • ant_art, A Nosa Terra, 2007.
  • Vemos o que somos, somos o que vemos, Pazo de Cultura de Pontevedra, 2010.
  • Colección Alterarte, Campus de Ourense. Sala X. Pontevedra, 2011
  • Afinidades Selectivas 6, Universidade de Vigo, 2013.
  • Procesalia. Verbum, Casa da Palabras. Vigo, 2014
  • Colección alterarte: 10 anos, Difusora de Letras, Artes e Ideas, 2015.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas