Diferenzas entre revisións de «Hadriano (emperador)»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
m
Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
(Retiro o aviso de revisión de ortografía)
m (Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores))
Hadriano sobe á dignidade imperial á morte de [[Traxano]], no ano [[117]]. Tamén nado na [[Bética]], chegou a emperador na idade madura, e a pesar de estar nomeado por Traxano, á morte deste tivo que facer fronte a unha conxura dos lugartenentes de Traxano, que desexaban evitar o seu nomeamento. Tódolos conspiradores foron condenados a morte.
 
Hadriano tivo que protagonizar unha retirada das terras conquistadas por Traxano co abandono da [[Mesopotamia]]. Xa no ano [[115]] notábase un clima de rebelión nas provincias orientais, promovido polas comunidades xudías. O destronado rei [[Partos|parto]] [[Cosroes]] aproveitou esta circunstancia para volver ao poder e tratar de desprazar a influencia romana na rexión. Hadriano comprendeu que era moi difícil de manter a soberanía máis aló do [[EufratesÉufrates]], e ordenou a evacuación, mais na beira daquel río quedou un importante continxente militar romano. Tamén na zona de [[Mauritania]] se rexistrou un leve retroceso das fronteiras.
 
O emperador dedicou unha grande parte do seu reinado a viaxar e percorreu unha gran parte dos territorios limítrofes, intervindo persoalmente na sufocación dalgúns levantamentos. Rematou o trazado do ''[[Limites romani|limes]]'' xermánico, deulle un pulo á romanización da rexión alpina, reforzou os efectivos da raia do [[Danubio]] e levantou na [[Britania]] o que se coñece como a [[Muralla de Hadrián|muralla de Hadriano]] (''[[Vallum Hadriani]]'') co obxecto de previr as incursións dos [[pictos]] e escotos. Tratábase dunha serie de fortificacións entre [[Inglaterra]] e [[Escocia]], dende a desembocadura do [[río Tyne]], no [[mar do Norte]] e o Solvay Firth no mar de [[Irlanda]].
47.991

edicións

Menú de navegación