Avogado, avogada: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Redirixida cara a "Advogado"
Etiquetas: Nova redirección Revertida Eliminación de categorías
m Desfixéronse as edicións de 186.130.5.155 (conversa); cambiado á última versión feita por Corribot
Etiquetas: Redirección eliminada Reversión
Liña 1: Liña 1:
[[Ficheiro:Advokat, Fransk advokatdräkt, Nordisk familjebok.png|miniatura|Avogado francés, principios do s. XX.]]
#REDIRECT [[Advogado]]
Un '''avogado''' (do [[latín]] ''advocatus'') é aquela persoa, licenciada en [[dereito]] que exerce profesionalmente a defensa das partes en [[xuízo]] e toda clase de [[proceso xudicial|procesos xudiciais]] e administrativos e, en xeral, o asesoramento e consello en materias xurídicas. Na maioría dos [[ordenamento xurídico|ordenamentos]], para exercer esta profesión, requírese estar inscrito nun colexio de avogados.

== Exercicio profesional ==
Persoa que exerce o dereito, sendo un colaborador activo e indispensable da Administración de Xustiza.

O avogado é un dos cooperadores ou axentes que interveñen no proceso da administración de [[xustiza]] defendendo os intereses das parte en litixio. Ao ser o avogado un profesional especificamente preparado e especializado en cuestións xurídicas, é a única persoa que pode ofrecer un enfoque adecuado do problema que ten o cidadán dende o punto de vista procesual.

Débese salientar que ademais da súa intervención en xuízo, unha función básica e principal do avogado é a preventiva. Con asesoramento, unha correcta redacción dos contratos e documentos etc, evítanse conflitos, de forma que o avogado, máis ca para os preitos ou xuízos, serve para non chegar a eles. Tanto é así que na maioría dos procedementos xudiciais é obrigatorio comparecer perante os tribunais e asistido ou defendido por un avogado.

A actuación profesional do avogado baséase nos principios de [[liberdade]] e [[independencia]]. O principio de [[boa fe]] preside as relacións entre o cliente e o avogado, que está suxeito ao segredo profesional.

Por medio dos colexios de avogados ou organismos pertinentes, dependendo do país, existen servizos de asistencia xurídica gratuíta (Servizo de orientación xurídica, quenda de oficio e asistencia a detidos) para os cidadáns que carecen de medios económicos para pagar os honorarios dun avogado.

Diversos colectivos profesionais prestan servizos próximos aos dos avogados, especializados no asesoramento ou na xestión de cuestións ou en materias moi concretas. O único profesional habilitado para o trámite completo dunha cuestión xudicial é o avogado.

Dentro da profesión de avogados, as especialidades máis habituais adoitan ser: [[dereito civil]], [[dereito de familia|de familia]], [[dereito penal|penal]], [[dereito mercantil|mercantil]], [[dereito laboral|laboral]], [[dereito administrativo|administrativo]], [[dereito tributario|tributario]], [[dereito constitucional|constitucional]], [[dereito ambiental|ambiental]] e [[dereito internacional privado|internacional privado]].

== Véxase tamén ==
{{Galizionario}}
=== Ligazóns externas ===
* [http://avogacia.gal Consello da Avogacía Galega]
* [http://www.cgae.es/ Consello Xeral da Avogacía Española]
* [http://www.oa.pt/ Ordem dos Advogados. Portugal]

{{Control de autoridades}}

[[Categoría:Dereito procesual]]

Revisión como estaba o 12 de novembro de 2020 ás 22:08

Avogado francés, principios do s. XX.

Un avogado (do latín advocatus) é aquela persoa, licenciada en dereito que exerce profesionalmente a defensa das partes en xuízo e toda clase de procesos xudiciais e administrativos e, en xeral, o asesoramento e consello en materias xurídicas. Na maioría dos ordenamentos, para exercer esta profesión, requírese estar inscrito nun colexio de avogados.

Exercicio profesional

Persoa que exerce o dereito, sendo un colaborador activo e indispensable da Administración de Xustiza.

O avogado é un dos cooperadores ou axentes que interveñen no proceso da administración de xustiza defendendo os intereses das parte en litixio. Ao ser o avogado un profesional especificamente preparado e especializado en cuestións xurídicas, é a única persoa que pode ofrecer un enfoque adecuado do problema que ten o cidadán dende o punto de vista procesual.

Débese salientar que ademais da súa intervención en xuízo, unha función básica e principal do avogado é a preventiva. Con asesoramento, unha correcta redacción dos contratos e documentos etc, evítanse conflitos, de forma que o avogado, máis ca para os preitos ou xuízos, serve para non chegar a eles. Tanto é así que na maioría dos procedementos xudiciais é obrigatorio comparecer perante os tribunais e asistido ou defendido por un avogado.

A actuación profesional do avogado baséase nos principios de liberdade e independencia. O principio de boa fe preside as relacións entre o cliente e o avogado, que está suxeito ao segredo profesional.

Por medio dos colexios de avogados ou organismos pertinentes, dependendo do país, existen servizos de asistencia xurídica gratuíta (Servizo de orientación xurídica, quenda de oficio e asistencia a detidos) para os cidadáns que carecen de medios económicos para pagar os honorarios dun avogado.

Diversos colectivos profesionais prestan servizos próximos aos dos avogados, especializados no asesoramento ou na xestión de cuestións ou en materias moi concretas. O único profesional habilitado para o trámite completo dunha cuestión xudicial é o avogado.

Dentro da profesión de avogados, as especialidades máis habituais adoitan ser: dereito civil, de familia, penal, mercantil, laboral, administrativo, tributario, constitucional, ambiental e internacional privado.

Véxase tamén

Ligazóns externas