Eduardo Mendoza: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
mSen resumo de edición
Liña 46: Liña 46:
* ''¿Quién se acuerda de [[Armando Palacio Valdés]]?'' (2007)
* ''¿Quién se acuerda de [[Armando Palacio Valdés]]?'' (2007)


== Notas ==
{{Listaref}}
== Véxase tamén ==
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
=== Bibliografía ===

Revisión como estaba o 30 de outubro de 2020 ás 13:01

Eduardo Mendoza
Cruz de Sant Jordi 1995
Cruz de Sant Jordi 1995
Nacemento11 de xaneiro de 1943
 Barcelona
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónlingüista, guionista, novelista, tradutor, escritor, dramaturgo, avogado e intérprete
PaiEduardo Mendoza Arias-Carvajal
NaiCristina Garriga Alemany
CónxuxeHelena Ramos e Ana Soler
FillosAlexandre Mendoza Soler e Ferran Mendoza Soler
XénerosNarrativa
Coñecido/a porLa verdad sobre el caso Savolta, La ciudad de los prodigios, Sen novas de Gurb, El último trayecto de Horacio Dos, El asombroso viaje de Pomponio Flato, El misterio de la cripta embrujada, La aventura del tocador de señoras, El enredo de la bolsa y la vida, El rey recibe, El negociado del ying y el yang e O labirinto das azeitonas
EstudosDereito
PremiosCreu de Sant Jordi, Premio Planeta, Premio Franz Kafka, European Book Prize, National Culture Award of Catalonia e Premio Miguel de Cervantes
Na rede
IMDB: nm0579258 Bitraga: 3497 Dialnet: 590755 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Eduardo Mendoza Garriga, nado en Barcelona o 11 de xaneiro de 1943, é un escritor en lingua castelá e catalá. As súas principais obras son La verdad sobre el caso Savolta (1975) e La ciudad de los prodigios (1986).

Traxectoria

De pai fiscal e nai ama de casa, estudou nos Maristas, para logo cursar a carreira de Dereito, que rematou en 1965. En 1966 viaxou a Londres cunha bolsa de estudos, volvendo á súa cidade natal para exercer a avogacía. No 1973 abandonou Barcelona para marchar a Nova York como tradutor da ONU. Regresou á cidade condal en 1982, aínda que ausentándose dela frecuentemente debido ás súas constantes viaxes. En Barcelona segue residindo actualmente. A súa parella, a directora e actriz Rosa Novell, faleceu en 2015.[1]

Literatura

Deuse a coñecer en 1975 coa novela La verdad sobre el caso Savolta, censurada inicialmente polo franquismo. A obra recibiu un aplauso unánime da crítica. Recolle as lembranzas de Javier Miranda, espectador das tensións sociais que acontecen na Barcelona dos anos 1917 a 1919. Eduardo Mendoza combina as peripecias individuais e os acontecementos colectivos, con certos trazos de novela histórica. Mais, por embaixo dos sucesos, percíbese unha reflexión sobre o lugar e as actitudes do home no mundo que o arrodea, situándose tal reflexión tanto nun plano social e político, coma nun plano existencial. Todo isto cunha notable variedade de técnicas estruturais e estilísticas.

Introduciuse na novela negra con toques humorísticos coas súas dúas seguintes obras, El misterio de la cripta embrujada (1979) e El laberinto de las aceitunas (1982), para logo escribir a que moitos consideran a súa obra mestra: La ciudad de los prodigios (1986). Narra a chegada á Barcelona de 1887 dun campesiño arruinado, Onofre Bouvila, que atopa traballo como repartidor de propaganda anarquista entre os obreiros que traballan na Exposición Universal do ano seguinte.

Nos anos noventa inicia con Restauració (1990), a súa liña de escribir teatro en catalán, que posteriormente el mesmo traduce ao castelán, e novela en castelán, que mantén hoxe en día.

Obra

Narrativa

Teatro

  • Restauració (1990)
  • Gloria (2008)

Ensaio

  • Nueva York (1986)
  • Barcelona modernista (1989)
  • Baroja, la contradicción (2001)
  • ¿Quién se acuerda de Armando Palacio Valdés? (2007)

Notas

  1. Blanco (28 de febreiro de 2015). "Fallece en Barcelona la gran dama del teatro Rosa Novell". el mundo. Es (en castelán). Consultado o 30 de outubro de 2020. 

Véxase tamén

Bibliografía

  • Lázaro, F. e Tusón, V. (1982). Literatura española. Ed. Anaya.

Ligazóns externas