Fife, Escocia: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xoio (conversa | contribucións)
arranxiños
Liña 16: Liña 16:
Desde [[1975]] até [[1996]] formou unha das rexiónes de Escocia, que estaba dividida en tres distritos: Dunfermline, Kirkcaldy e [[North-East Fife]].
Desde [[1975]] até [[1996]] formou unha das rexiónes de Escocia, que estaba dividida en tres distritos: Dunfermline, Kirkcaldy e [[North-East Fife]].


En [[1996]] foi creado o concello de Fife mantendo as mismas fronteiras.
En [[1996]] foi creado o concello de Fife mantendo as mesmas fronteiras.


== Cultura ==
== Cultura ==

Revisión como estaba o 28 de outubro de 2020 ás 19:55

Coordenadas: 56°15′N 3°12′O / 56.250, -3.200

Localización de Fife en Escocia

Fife (en gaélico escocés: Fìobha) é un concello de Escocia (Reino Unido).[1][2]

Xeografía

Está situado entre o fiorde de Tay e o de Forth, e limita cos concellos de Perth and Kinross e Clackmannanshire.

É o terceiro concello unitario de Escocia máis poboado, concentrándose a terceira parte da poboación en tres cidades, Kirkcaldy, Dunfermline e Glenrothes, sendo esta última a capital administrativa.

Historia

Historicamente foi un dos reinos pictos da zona central de Escocia, coñecido como Fib. Por esta razón Fife é coñecido comunmente como "Reino de Fife".

Até 1975 foi un dos condados históricos en que estaba dividida Escocia, nalgunhas ocasións chamado Fifeshire.

Desde 1975 até 1996 formou unha das rexiónes de Escocia, que estaba dividida en tres distritos: Dunfermline, Kirkcaldy e North-East Fife.

En 1996 foi creado o concello de Fife mantendo as mesmas fronteiras.

Cultura

O lugar máis coñecido de Fife é St Andrews, enclave histórico de importancia cun castelo e unha catedral medievais, hoxe en ruínas, un histórico campo de golf (o Old Course of St Andrews) e unha das Universidades máis importantes do Reino Unido.

O circuíto de Knockhill tamén se encontra na rexión de Fife.

Notas

  1. Office for National Statistics (2009). "United Kingdom: Counties and Unitary Authorities" (PDF) (en inglés). Consultado o 20 de outobro de 2020. 
  2. Office for National Statistics. "Counties, Non-metropolitan Districts and Unitary Authorities" (en inglés). Consultado o 28 de outubro de 2020.