Tratado do Ebro: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m info de de:wiki
Liña 1: Liña 1:
{{enuso}}
{{enuso}}
O '''Tratado do Ebro''' foi un acordo alcanzado no 226&nbsp;a.&nbsp;C. entre a [[República Romana|República romana]] e o xeneral [[Asdrúbal o Belo]], en representación de [[Cartago]], polo que se fixaba o río [[Río Ebro|Ebro]] ([[Lingua latina|latín]]: ''Iber'') como o límite entre ámbalas dúas potencias na [[Península Ibérica|península ibérica]]. Algúns autores denomínano o [[Tratado do Ebro|Tratado de Asdrúbal]], posto que foi acordado entre o líder cartaxinés e os embaixadores romanos.<ref>Bringmann (2001), p. 369</ref> Baixo os termos do tratado, Cartago vía recoñecida a súa soberanía ao sur do río e non se expandiría ao norte do Ebro, a condición de que Roma non fixese o propio cara ao sur.
O '''Tratado do Ebro''' foi un acordo alcanzado no 226&nbsp;a.&nbsp;C. entre a [[República Romana|República romana]] e o xeneral [[Asdrúbal o Belo]], en representación de [[Cartago]], polo que se fixaba o río [[Río Ebro|Ebro]] ([[Lingua latina|latín]]: ''Iber'') como o límite entre ámbalas dúas potencias na [[Península Ibérica|península ibérica]]. Algúns autores denomínano o [[Tratado do Ebro|Tratado de Asdrúbal]], posto que foi acordado entre o líder cartaxinés e os embaixadores romanos.<ref>Bringmann (2001), p. 369</ref> Baixo os termos do tratado, Cartago vía recoñecida a súa soberanía ao sur do río e non se expandiría ao norte do Ebro, a condición de que Roma non fixese o propio cara ao sur.

== Contexto histórico ==
Despois da derrota na [[Primeira guerra púnica]] en 241, Cartago perdeu [[Sicilia]] fronte aos romanos. Aproveitando o levantamento mercenario, no que os mercenarios libios subleváronse contra o estado norteafricano, os romanos ocuparon no 238 os territorios que surtían de gran a Cartago, Cerdeña e Córsega . Os cartaxineses non foron quen de resistir a esta violación do [[Tratado de Lutacio]], e tiveron que acepta-la perda adicional de territorio. Nos anos seguintes, a esfera de influencia de Roma expandiuse cara ao norte da península italiana e produciuse o gran conflito da guerra contra os celtas no norte de Italia no 225 a. C. Daquela, Cartago decidiu, baixo o liderado de Amílcar Barca, compensa-la perda dos territorio insulares cunha intensa política de conquista na Península Ibérica.

Os romanos observaron con preocupación a renovada expansión do seu adversario máis importante no Mediterráneo occidental. Xa o 231/230 a.C., unha embaixada romana visitou os Bárquidas para coñece-los seus plans sobre Iberia. Os romanos quedaron satisfeitos coa resposta de que a expansión era necesaria para poder resolver as reparacións negociadas e que aínda estaban pendentes da anterior guerra contra eles.<ref>Zimmermann (2009), p. 42</ref>


== Características ==
== Características ==

Revisión como estaba o 28 de outubro de 2020 ás 16:59

O Tratado do Ebro foi un acordo alcanzado no 226 a. C. entre a República romana e o xeneral Asdrúbal o Belo, en representación de Cartago, polo que se fixaba o río Ebro (latín: Iber) como o límite entre ámbalas dúas potencias na península ibérica. Algúns autores denomínano o Tratado de Asdrúbal, posto que foi acordado entre o líder cartaxinés e os embaixadores romanos.[1] Baixo os termos do tratado, Cartago vía recoñecida a súa soberanía ao sur do río e non se expandiría ao norte do Ebro, a condición de que Roma non fixese o propio cara ao sur.

Contexto histórico

Despois da derrota na Primeira guerra púnica en 241, Cartago perdeu Sicilia fronte aos romanos. Aproveitando o levantamento mercenario, no que os mercenarios libios subleváronse contra o estado norteafricano, os romanos ocuparon no 238 os territorios que surtían de gran a Cartago, Cerdeña e Córsega . Os cartaxineses non foron quen de resistir a esta violación do Tratado de Lutacio, e tiveron que acepta-la perda adicional de territorio. Nos anos seguintes, a esfera de influencia de Roma expandiuse cara ao norte da península italiana e produciuse o gran conflito da guerra contra os celtas no norte de Italia no 225 a. C. Daquela, Cartago decidiu, baixo o liderado de Amílcar Barca, compensa-la perda dos territorio insulares cunha intensa política de conquista na Península Ibérica.

Os romanos observaron con preocupación a renovada expansión do seu adversario máis importante no Mediterráneo occidental. Xa o 231/230 a.C., unha embaixada romana visitou os Bárquidas para coñece-los seus plans sobre Iberia. Os romanos quedaron satisfeitos coa resposta de que a expansión era necesaria para poder resolver as reparacións negociadas e que aínda estaban pendentes da anterior guerra contra eles.[2]

Características

Descoñécese a data exacta, aínda que algún tempo despois do ano en que se asinou o tratado, Roma asociouse cos edetanos de Sagunto, ao sur do río.[3] Polibio conta que o xeneral púnico Aníbal estaba a buscar un pretexto para a guerra[4] de xeito que, tras consultar brevemente ao Senado cartaxinés, puxo a cidade baixo asedio durante oito meses. O Senado romano, ao se decatar do cerco, enviou inmediatamente embaixadas a Aníbal, e máis tarde ao Senado de Cartago. Inicialmente os romanos esixiron que detivese o seu ataque contra un dos seus aliados, ao que rexeitaron os púnicos. O Senado cartaxinés afirmou que foran os saguntinos quen empezaron o conflito, e que os romanos non tiñan motivo algún para acusarlles.

Os romanos foron incapaces de acudir en socorro de Sagunto, que sucumbiu no 219 a. C. Despois da caída da cidade, os romanos fixeron preparativos para a guerra, enviando unha segunda embaixada a Cartago. Os seus emisarios esixiron a Cartago a entrega de Aníbal e o resto de responsables do ataque a Sagunto.[5] Tito Livio relata que esta segunda embaixada foi enviada simplemente como unha formalidade antes de declarar oficialmente a guerra, o que quere dicir que os romanos esperaban completamente unha nova guerra contra os cartaxineses.[6] Tanto Livio como Polibio falan da rifa entre a embaixada romana e o Senado púnico antes de que se fixese a declaración de guerra.

Foi neste punto cando o Senado cartaxinés se negou a recoñecer o Tratado do Ebro e a entregar a Aníbal aos romanos. Dise que os cartaxineses compararon este tratado co realizado entre Caio Lutacio Cátulo e Amílcar Barca no 241 a.C., argumentando que os romanos se negaron a aceptar o convenio entre os dous xenerais porque non fora ratificado polo seu pobo.[7] Os enviados romanos descualificaron este razoamento e, ante a incapacidade de chegar a un pacto, a guerra estalou no 218 a.C. O conflito resultante foi a coñecido como Segunda guerra púnica, que durou até o 201 a.C.

Notas

  1. Bringmann (2001), p. 369
  2. Zimmermann (2009), p. 42
  3. Goldsworthy (2008), p. 170
  4. Polibio (1990), p. (II, 15–16)
  5. Tito Livio, 1993, «XXI»
  6. Tito Livio, 1993, «XXI, VII, 49».
  7. Polibio, 1990, «III, 28–29».

Véxase tamén

Bibliografía

Fontes primarias

Fontes secundarias

Ligazóns externas