Diferenzas entre revisións de «Galleta»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
(Recuperando 2 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.2)
 
Na época na que os homes vivían en cavernas, parte da súa alimentación baseábase en [[cereal|grans]] espagados cos dentes. A partir diso, tívose a idea de moer os grans con pedras, mesturalos con auga e secalos no lume dúas veces. A eses alimentos, secos e crebadizos déuselle o nome de [[biscoito]]s.<ref>{{Cita web|url=http://www.pucsp.br/maturidades/sabor_saber/biscoito_bolacha.html|título=Biscoito ou Bolacha|publicación=pucsp.br|dataacceso=19 de xaneiro de 2014}}</ref> Mais o confeccionamento profesional do alimento xurdiu no século VII A.C entre os [[Imperio persa|persas]].<ref name=FTL>{{Cita web|url=http://www.foodtimeline.org/foodcookies.html|title=Biscuits & Cookies|publisher=Food Timeline|accessdate=15 de xaneiro de 2010}}</ref>
 
[[Ficheiro:Pink-Frosted-Donut.jpg|miniatura|Biscoito con cramacrema de [[amorodo]].]]
 
As galletas foron posteriormente a base alimenticia das tripulacións na época dos descubrimentos, especialmente dos portugueses. Consistía nun pan de fariña triga, de forma achatada, cocido no forno dúas, tres ou máis veces, de xeito que se asegurase a durabilidade das súas cualidades alimenticias durante moito tempo, deberían ser moi duras. Chegou a ser tal a procura de biscoitos para aprovisionar as armadas dos navíos que houbo a necesidade de importalos de [[España]]. O padre [[Raphael Bluteau]] na súa obra ''Vocabulário português e latino'', chámalle mesmo ''pão do mar'' ou ''pão namor''. [[Martín Sarmiento]] nos seus traballos sobre o galego en 1746 tamén di: ''chámase galleta á bola ou torta de trigo dos mariñeiros, e é o biscoito''<ref>Martín Sarmiento (1746-1755c): ''Catálogo de voces y frases de la lengua gallega'', ed. de J. L. Pensado Tomé (U. de Salamanca en 1973)</ref>.
En 1498, a ración de biscoito, por cada tripulante era de 28 ''arráteis'' por mes (o ''[[arrátel]]'' equivale a 459 gramos) o que dá un pouco máis de 12 quilos, isto é, 428 gramos por día. Na India, para substituír o trigo, facíase unha masa de “[[sagu]]”, substancia farinácea extraída da parte central dalgunhas [[Palmeira (botánica)|palmeiras]] e que podía conservarse até vinte anos.<ref>[http://www.merriam-webster.com/dictionary/biscuit|title=Biscuit|publisher=[[Merriam-Webster]]|accessdate=14 de xaneiro de 2010]{{Ligazón morta|data=setembro de 2018 }}</ref>
 
1.330

edicións

Menú de navegación