John Trulock: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Dodro (conversa | contribucións)
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil Edición móbil avanzada
Dodro (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 18: Liña 18:


==Traxectoria==
==Traxectoria==
Fillo de John Trulock (1814—1869), un [[Comercio|comerciante]] de [[millo]] natural de Bow, e de Henrietta Glascott (1833— ), natural de [[Whitechapel]], que casaron o 31 de xullo de 1855.{{#tag:ref|John Trulock (pai) e Henrietta Glascott casaron o 31 de xullo de 1855 na Holy Trinity Church (en galego igrexa da Santísima Trindade), en [[Mile End]], Londres.|group="lower-alpha"}} John Trulock foi o irmán máis vello doutros cinco fillos do matrimonio; Alfred, Arthur, Henry, Kate e mais Ellen.
Fillo de John Trulock (1814—1869), un [[Comercio|comerciante]] de [[millo]] natural de Bow, e de Henrietta Glascott (1833— ), natural de [[Whitechapel]], que casaron o 31 de xullo de 1855.{{#tag:ref|John Trulock (pai) e Henrietta Glascott casaron o 31 de xullo de 1855 na Holy Trinity Church (en galego igrexa da Santísima Trindade), en [[Mile End]], Londres.<ref name=lar />|group="lower-alpha"}} John Trulock foi o irmán máis vello doutros cinco fillos do matrimonio; Alfred, Arthur, Henry, Kate e mais Ellen.


John naceu en Bow{{#tag:ref|John Trulock naceu nunha casa de Tredegar Square en Bow, no leste de Londres, o 31 de decembro de 1856.<ref name=lar />|group="lower-alpha"}} e residiu con seus pais e os seus cinco irmáns en varios lugares do [[East London|leste de Londres]] ó longo da súa infancia.<ref name=lar />{{#tag:ref|Residiu en diferentes lugares do leste de Londres durante a súa infancia, incluíndo Bow (1855—1859), Bromley (1860—1863), Woodford Green (1865—1867) e Hackney (1969).<ref>{{Cita web |apelido=Hooper |nome=Kirsty |url=https://www.google.com/maps/d/viewer?mid=1Fth35kF1W0amymdj_gw1vRb1E0o&ll=51.52751593393153%2C-0.03426253795623779&z=12 |título=John Trulock en Londres |data-acceso=08-07-2020}}</ref>|group="lower-alpha"}} Tivo unha existencia cómoda ata os trece anos, cando seu pai finou o día 24 de agosto de 1869 á idade de 55 anos. Trala morte de seu pai tódalas pertenzas da familia foron vendidas nunha poxa pouco tempo despois.<ref name=lar />
John naceu en Bow{{#tag:ref|John Trulock naceu nunha casa de Tredegar Square en Bow, no leste de Londres, o 31 de decembro de 1856.<ref name=lar />|group="lower-alpha"}} e residiu con seus pais e os seus cinco irmáns en varios lugares do [[East London|leste de Londres]] ó longo da súa infancia.<ref name=lar />{{#tag:ref|Residiu en diferentes lugares do leste de Londres durante a súa infancia, incluíndo Bow (1855—1859), Bromley (1860—1863), Woodford Green (1865—1867) e Hackney (1969).<ref>{{Cita web |apelido=Hooper |nome=Kirsty |url=https://www.google.com/maps/d/viewer?mid=1Fth35kF1W0amymdj_gw1vRb1E0o&ll=51.52751593393153%2C-0.03426253795623779&z=12 |título=John Trulock en Londres |data-acceso=08-07-2020}}</ref>|group="lower-alpha"}} Tivo unha existencia cómoda ata os trece anos, cando seu pai finou o día 24 de agosto de 1869 á idade de 55 anos. Trala morte de seu pai tódalas pertenzas da familia foron vendidas nunha poxa pouco tempo despois.<ref name=lar />

Revisión como estaba o 8 de outubro de 2020 ás 10:57

Infotaula de personaJohn Trulock

John Trulock co seu neto Camilo José Cela no regazo en 1916 Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento31 de decembro de 1856 Editar o valor em Wikidata
Bow Editar o valor em Wikidata
Morte8 de xuño de 1919 Editar o valor em Wikidata (62 anos)
Iria Flavia, España Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio de Adina Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido de Gran Bretaña e Irlanda Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxerente de The West Galicia Railway Co. Ltd.
Familia
CónxuxeJosefina Catalina Aida Bertorini
Fillos


John Trulock, nado en Bow (Londres) o 31 de decembro de 1856 e finado en Iria Flavia (Padrón) o 8 de xuño de 1919,[1] foi o xerente en Galicia da compañía inglesa The West Galicia Railway Co. Ltd., propietaria da primeira liña de ferrocarril entre Santiago de Compostela e Vilagarcía de Arousa.[2][3][a]

Traxectoria

Fillo de John Trulock (1814—1869), un comerciante de millo natural de Bow, e de Henrietta Glascott (1833— ), natural de Whitechapel, que casaron o 31 de xullo de 1855.[b] John Trulock foi o irmán máis vello doutros cinco fillos do matrimonio; Alfred, Arthur, Henry, Kate e mais Ellen.

John naceu en Bow[c] e residiu con seus pais e os seus cinco irmáns en varios lugares do leste de Londres ó longo da súa infancia.[1][d] Tivo unha existencia cómoda ata os trece anos, cando seu pai finou o día 24 de agosto de 1869 á idade de 55 anos. Trala morte de seu pai tódalas pertenzas da familia foron vendidas nunha poxa pouco tempo despois.[1]

A familia foi separada; no censo de 1871 consta que seus irmáns foran acollidos en diferentes asilos para orfos da cidade de Londres,[e] non obstante, John con 14 anos vivía de forma independente e figura no censo como traballador dun almacén para unha fábrica de paraugas en Holborn.[1]

Cando contaba 18 anos de idade Trulock encontrábase en Galicia e foi nomeado voceiro da compañía Sociedad del Ferro-Carril Compostelano de la Infanta Doña Isabel na xunta xeral de accionistas de 1875. En 1876 John Trulock figura como membro do consello do Ferro-Carril Compostelano, representando o financeiro británico da compañía Credit Foncier.[6] En 1883 aparece como xerente,[7] cargo que ocuparía ata a súa morte en Iria Flavia no ano 1919.

Casou o 31 de maio de 1889 no Consulado británico da Coruña con Josefina Bertorini, filla do seu socio comercial Camilo Bertorini e a súa esposa María Margarita Jones. O matrimonio tivo sete fillos, incluída María, que casaría con Eduardo Rodríguez-Losada Rebellón, e mais Camila, a nai de Camilo José Cela Trulock.[8]

John Trulock faleceu o 8 de xuño de 1919 ós 62 anos de idade e foi soterrado no cemiterio de Adina, en Iria Flavia.

Sepulcro de John Trulock e a súa familia.

Recoñecemento

Trala inauguración da Fundación Camilo José Cela no ano 1991 creouse o 25 de maio de 1999 o Museo do Ferrocarril,[9] integrado dentro da casa Museo Camilo José Cela, en homenaxe a John Trulock.[10]

Notas

  1. O primeiro camiño de ferro de Galicia foi inaugurado o 15 de setembro de 1873 e unía a estación de Cornes, no concello de Conxo, preto de Santiago de Compostela, coa estación do Carril, no concello do Carril, preto de Vilagarcía de Arousa.[4]
  2. John Trulock (pai) e Henrietta Glascott casaron o 31 de xullo de 1855 na Holy Trinity Church (en galego igrexa da Santísima Trindade), en Mile End, Londres.[1]
  3. John Trulock naceu nunha casa de Tredegar Square en Bow, no leste de Londres, o 31 de decembro de 1856.[1]
  4. Residiu en diferentes lugares do leste de Londres durante a súa infancia, incluíndo Bow (1855—1859), Bromley (1860—1863), Woodford Green (1865—1867) e Hackney (1969).[5]
  5. No censo de 1871, Arthur atopábase no British Orphan Asylum (Asilo para Orfos Británicos) en Berkshire; Alfred e Henry encontrábanse no City of London Orphan School (Escola para Orfos da Cidade de Londres), en Lambeth; Kate e mais Ellen estaban no Infant Orphan Asylum (Asilo para Nenos Orfos) de Wanstead. Descoñécese o paradoiro de súa nai.[1]
Referencias
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Hooper, Kirsty (08-05-2014). "From Mile End to Iria Flavia: John Trulock (1856-1919), a British Railwayman in Galicia". Hispanic Britain (en inglés). Consultado o 05-04-2020. 
  2. "Historia do ferrocarril en Carril e Vilagarcía de Arousa". patrimoniovilagarcia.com. Consultado o 08-07-2020. 
  3. Peris Torner, Juan (06-03-2012). "Santiago a Carril y Pontevedra, (The West Galicia Railway Company Limited)". spanishrailway.com (en castelán). Consultado o 08-07-2020. 
  4. "...Cuando 'El Compostelano' enlazaba Santiago con Carril desde la estación de tren de Cornes". El Correo Gallego (en castelán). 02-02-2018. Consultado o 08-07-2020. 
  5. Hooper, Kirsty. "John Trulock en Londres". Consultado o 08-07-2020. 
  6. "Ferro-carril Compostelano". El Diario de Santiago (en castelán). 21-08-1876. p. 1. Consultado o 06-04-2020. —Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia. 
  7. "Ferro-Carril Compostelano". Gaceta de los Caminos de Hierro (en castelán). 25-03-1883. pp. 9–10. Consultado o 06-04-2020. —Hemeroteca Digital de la Biblioteca Nacional de España. 
  8. "John Trulock Family Tree". geneanet.org. Consultado o 06-04-2020. 
  9. "Cronología de Camilo José Cela". Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes. Consultado o 08-07-2020. 
  10. "Museo do Ferrocarril da Fundación Camilo José Cela". fundacioncela.gal. Consultado o 08-07-2020. 

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas