Diferenzas entre revisións de «Saruman»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
m
amañar blanco (via JWB)
m (→‎top: Arranxos varios using AWB)
m (amañar blanco (via JWB))
 
'''Saruman''' (do [[inglés antigo]] ''særu man'', "home hábil") é un personaxe creado por [[J. R. R. Tolkien]] que fai a súa aparición na novela ''[[O Señor dos Aneis]]''. Saruman era un dos cinco [[Istari]] ([[Maiar]] convertidos en Magos) que chegaron ós [[Portos Grises]] desde [[Valinor]] cando transcorreran mil anos da [[Terceira Idade (Tolkien)|Terceira Idade]]. Tamén era coñecido polos [[elfo]]s como '''Curunír''' ("home de hábiles recursos"). Seica o seu nome de Maia era '''Curúmo'''.
 
Durante séculos tivo como propósito destruír a [[Sauron]], o Señor Escuro, sendo elixido xefe do [[Consello Branco]], pero pouco a pouco, ó estudar a historia e a ciencia dos [[Aneis de Poder]], empezou a desexar o poder para si mesmo. Durante o tempo da Segunda Liñaxe dos reis de [[Rohan]] converteuse en suposto aliado e amigo deste pobo, e eles aceptárono compracidos. Máis adiante o Administrador rexente de [[Gondor]] entregoulle a chave da torre de Orthanc en [[Isengarda]], que sería o seu lugar de residencia. Logo de que o Consello BlancoBranco finalmente expulsara a Sauron do [[Bosque Escuro]], Saruman decidiu non oír máis consello que o seu, e retirouse a Isengarda, fortificándoa e converténdoa en segredo nun lugar dedicado ó mal. Conseguiu infiltrarse na corte do rei [[Théoden]] de Rohan por intermedio do conselleiro [[Gríma Lingua de Verme]], e Théoden foi vítima durante moitos anos do feitizo do Mago, que o mantiña como un vello débil.
 
Durante a [[Guerra do Anel]] soubo polas accións de [[Gandalf]] que o [[Anel Único]] se atopaba na [[Comarca (Terra Media|Comarca]] e non tardou en ter espías alí. Tratou de convencer a Gandalf para unirse xuntos e substituír a Sauron e facerse co poder supremo na [[Terra Media]], pero ó non aceptar Gandalf, pechouno en Orthanc. Logo, mandou capturar ós [[Hobbits]] da [[Irmandade do Anel]], sabendo que un deles portaba o Anel. Así foron capturados [[Merri]] e [[Peregrin Tuc|Pipin]]. Posterirmente, dirixiu un ataque de Orcos e Dunlendinos contra os [[Rohirrim]], desatando así a [[Batalla de Cornoburgo]].
50.385

edicións

Menú de navegación