Asociación de Clubs de Baloncesto: Diferenzas entre revisións
m →Ligazóns externas: +control autoridades using AWB |
Sen resumo de edición |
||
Liña 1: | Liña 1: | ||
{{Compañía |
|||
| nome_compañía = Asociación de Clubs de Baloncesto |
|||
| logo_compañía = Acb 2019 logo.svg |
|||
| pé = |
|||
| imaxe = |
|||
| pé_imaxe = |
|||
| tipo_compañía = [[Liga profesional]] |
|||
| fundación = 3 de marzo de 1982 |
|||
| matriz = |
|||
| localización = [[Barcelona]] |
|||
| fundador = |
|||
| persoas_clave = |
|||
| industria = |
|||
| produtos = |
|||
| beneficio = |
|||
| beneficio_operativo = |
|||
| beneficio_neto = |
|||
| núm_empregados = |
|||
| páxina_web = {{URL|http://www.acb.com/}} |
|||
| notas = |
|||
}} |
|||
:''Para a liga de baloncesto homónima véxase:'' '''[[Liga ACB]]'''. |
:''Para a liga de baloncesto homónima véxase:'' '''[[Liga ACB]]'''. |
||
A '''Asociación de Clubs de Baloncesto''', a miúdo coñecida polas súas siglas '''ACB''' é unha organización deportiva que aglutina e defende os intereses dos clubs profesionais do [[baloncesto]] [[España|español]]. |
A '''Asociación de Clubs de Baloncesto''', a miúdo coñecida polas súas siglas '''ACB''' é unha organización deportiva que aglutina e defende os intereses dos clubs profesionais do [[baloncesto]] [[España|español]]. |
Revisión como estaba o 5 de outubro de 2020 ás 23:19
Asociación de Clubs de Baloncesto | |
---|---|
Tipo | Liga profesional |
Fundación | 3 de marzo de 1982 |
Localización | Barcelona |
Na rede | |
http://www.acb.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
- Para a liga de baloncesto homónima véxase: Liga ACB.
A Asociación de Clubs de Baloncesto, a miúdo coñecida polas súas siglas ACB é unha organización deportiva que aglutina e defende os intereses dos clubs profesionais do baloncesto español.
Historia
A constitución da ACB formalizouse o mércores 3 de marzo de 1982 en Madrid mediante a firma dunha acta notarial na que estamparon a súa firma Carlos Casas (Manresa E.B.), Juan Fernández (OAR Ferrol), Santiago Toca (Valladolid C.B.), José Cabrera (C.B. Canarias), Anxo Palmi (C.B. Granollers), Carlos Pastrana (La Salle Bonanova) e Santiago March (Joventut Badalona). Eduardo Portela e José Antonio Gasca foron os impulsores.
Dende a tempada 1983-1984, a ACB organiza anualmente a competición de elite do baloncesto masculino español, transformándose a antiga Liga Nacional na nova Liga ACB. A nacente organización contribuíu a profesionalizar e modernizar o baloncesto español e a tentar converter a liga Nacional na segunda competición nacional máis importante do mundo tras a NBA ao implantar unha filosofía de deporte-espectáculo: venda conxunta dos dereitos de transmisión por televisión, instauración dos play offs polo título e un Partido das Estrelas (a semellanza do All-Star Game da NBA), fase final da Copa do Rei (primeiro con catro equipos, logo con oito), creación da Supercopa de España (a mediados dos anos 80 e resucitada en 2004)...
O primeiro presidente da ACB foi o entón máximo dirixente do C.B. Granollers, Antonio Novoa. O directivo responsable da sección de Baloncesto do Real Madrid Mariano Jaquotot sucedeulle no cargo e Juan Fernández, presidente do OAR Ferrol, foi o último mandatario vinculado directamente a un club asociado. O primeiro independente foi Evaristo do Río e o segundo é quen actualmente ostenta o cargo, Eduardo Portela. Todos os directivos teñen que responder anualmente da súa xestión á Asemblea Xeral, que representa aos clubs que toman parte na competición. Portela preside a ACB dende 1990 e, un ano despois, impulsou a creación da Unión de Ligas Europeas de Baloncesto (ULEB), organización que tamén preside Portela na actualidade. A ACB e a ULEB teñen a súa sede na cidade de Barcelona.