Pablo Seoane: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 12: Liña 12:
Como doutorando en filosofía e musicólogo publica "Regla y tiempo real. Improvisación, interpretación y ontología de la obra musical" en Athenaica Edicións<ref>[https://www.athenaica.com/libro/regla-y-tiempo-real_105485/ "Pablo Seoane"]{{es}}</ref> no que interpreta a tradición e natureza da obra musical en termos similares a [[Vladimir Jankélévitch]] , como un contexto forzosamente improvisativo. Noutra banda adica estudos á arbitrariedade na gramática de [[Wittgenstein]] e a relación da mesma con certos rasgos musicais e coa propia creación artística.
Como doutorando en filosofía e musicólogo publica "Regla y tiempo real. Improvisación, interpretación y ontología de la obra musical" en Athenaica Edicións<ref>[https://www.athenaica.com/libro/regla-y-tiempo-real_105485/ "Pablo Seoane"]{{es}}</ref> no que interpreta a tradición e natureza da obra musical en termos similares a [[Vladimir Jankélévitch]] , como un contexto forzosamente improvisativo. Noutra banda adica estudos á arbitrariedade na gramática de [[Wittgenstein]] e a relación da mesma con certos rasgos musicais e coa propia creación artística.


Traduce ao galego a [[Guillaume Apollinaire]] en O bestiario ou cortexo de Orfeo (Positivas, 2019) <ref>[https://www.bookdepository.com/O-bestiario-ou-cortexo-de-Orfeo/9788494273940?ref=grid-view&qid=1580844913166&sr=1-21 "Pablo Seoane"]{{en}}</ref> e a [[Henry David Thoreau]], en Desobediencia civil e Vida sen fundamentos (Positivas, 2002) <ref>[https://elpais.com/ccaa/2012/07/09/galicia/1341857002_990699.html "Pablo Seoane"]{{es}}</ref>
Traduce ao galego a [[Guillaume Apollinaire]] , en O bestiario ou cortexo de Orfeo (Positivas, 2019) <ref>[https://www.bookdepository.com/O-bestiario-ou-cortexo-de-Orfeo/9788494273940?ref=grid-view&qid=1580844913166&sr=1-21 "Pablo Seoane"]{{en}}</ref> e a [[Henry David Thoreau]], en Desobediencia civil e Vida sen fundamentos (Positivas, 2002) <ref>[https://elpais.com/ccaa/2012/07/09/galicia/1341857002_990699.html "Pablo Seoane"]{{es}}</ref>


==Notas==
==Notas==

Revisión como estaba o 3 de outubro de 2020 ás 12:26

Pablo Seoane, pianista de jazz.

Pablo Seoane Rodríguez, nado en Ferrol en 1968, é investigador, compositor e pianista dentro do ámbito do jazz, a improvisación e a música contemporánea. Filólogo, tradutor, graduado en filosofía e doutorando en filosofía da música.[1]

Traxectoria

Pablo Seoane estuda música e filoloxía inglesa en Salamanca, A Coruña e Estados Unidos (Wake Forest, NC). Desde hai máis de quince anos desenvolve unha intensa actividade como pianista e compositor en distintas formacións, xeralmente vinculadas ao jazz e á improvisación libre. Ten composto música para teatro e levado a cabo tarefas docentes en diversas institucións.

Entre as súas últimas actividades figuran a xestión xunto a LAR Legido das jam-sessions semanais de improvisación libre no Café El Puente (Santiago de Compostela) e a dirección, en colaboración con Javier Turnes, duns multidisciplinares Encontros de Filosofía e Música ‘Pensar a voces’ que se celebraron en Cee desde 2012. Así como os grupos de improvisación "Pablo Seoane Trem",unha agrupación de formación de vangarda galega, coa base colaborativa da violinista Elena Vázquez Ledo e o contrabaixista Saúl Puga, "Lupercal", "Tripo" e "Machín not Workin´ Properly".

No ano 2006 dirixe o evento After Falou, Sar 40 no 2010 e La Bambola Malata (free pocket-opera no 2011). Presenta na conferencia en Música Contemporánea "Xornadas de Música Contemporanea de Compostela" do 2014 a peza "Festas do Erro".

Como doutorando en filosofía e musicólogo publica "Regla y tiempo real. Improvisación, interpretación y ontología de la obra musical" en Athenaica Edicións[2] no que interpreta a tradición e natureza da obra musical en termos similares a Vladimir Jankélévitch , como un contexto forzosamente improvisativo. Noutra banda adica estudos á arbitrariedade na gramática de Wittgenstein e a relación da mesma con certos rasgos musicais e coa propia creación artística.

Traduce ao galego a Guillaume Apollinaire , en O bestiario ou cortexo de Orfeo (Positivas, 2019) [3] e a Henry David Thoreau, en Desobediencia civil e Vida sen fundamentos (Positivas, 2002) [4]

Notas

Véxase tamén

L.A.R. Legido

Bibliografía

  • Ápeiron: estudios de filosofía, ISSN-e 2386-5326, Nº. 10, 2019 (Exemplar dedicado a: Wittgenstein, música e arquitectura), páxs. 75-89: Wittgenstein, gramáticas musicales y arbitrariedad.