Vikings (serie de televisión): Diferenzas entre revisións
m amañando sintaxe desbotada (via JWB) |
número_de_episodios |
||
Liña 21: | Liña 21: | ||
| primeiro_episodio = [[3 de marzo]] de [[2013]] |
| primeiro_episodio = [[3 de marzo]] de [[2013]] |
||
| derradeiro_episodio = |
| derradeiro_episodio = |
||
| número_de_episodios = |
| número_de_episodios = 79 |
||
| páxina_web = |
| páxina_web = |
||
| imdb_id = 2306299 |
| imdb_id = 2306299 |
Revisión como estaba o 28 de setembro de 2020 ás 13:27
Vikings | |
---|---|
Formato | Drama histórico |
Creado por | Michael Hirst |
Dirixido por | John Bartley |
Intérpretes | Travis Fimmel Clive Standen Gabriel Byrne Nathan O'Toole Katheryn Winnick Jessalyn Gilsig George Blagden Gustaf Skarsgård Donal Logue |
Tema de apertura | If I Had a Heart (Fever Ray) |
País de orixe | Canadá Irlanda |
Episodios | 79 |
Produción | |
Duración | 45 min/cap. aprox. |
Distribuidor | Warner Bros |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | The History Channel |
Primeiro episodio | 3 de marzo de 2013 |
Na rede | |
http://www.history.com/shows/vikings | |
| |
[ editar datos en Wikidata ] |
Vikings é unha serie de televisión coproducida entre Canadá e Irlanda, ambientada neste último país. Foi creada por Michael Hirst para o canal de televisión The History Channel e estreouse en Estados Unidos e Canadá o 3 de marzo de 2013.
Argumento
A serie está baseada nas lendas sobre o rei semilendario viquingo Ragnar Lodbrok recollidas nas Sagas Islandesas. A serie retrata a Lodbrok coma un guerreiro e navegante curioso, tecnoloxicamente innovador, ambicioso e rebelde. A historia comeza coa insubordinación de Ragnar Lodbrok ao xefe do seu clan, Conde Haraldson, para viaxar co seu propio barco ao oeste en lugar do leste como ordenara o Conde que era o dono dos barcos, amosándoo así coma o primeiro viquingo en saquear as Illas Británicas.
Personaxes
Principais
Personaxe | Actor | Descrición |
---|---|---|
Ragnar Lodbrok | Travis Fimmel | Ragnar Lodbrok é un granxeiro ambicioso, casado con Lagertha e pai dun fillo, Bjorn, e unha filla, Gyda. Enfróntase ao Conde Haraldson ante a insistencia deste en saquear os territorios do leste, tan pobres como os escandinavos, en lugar dos do oeste. Co diñeiro dos saqueos paga a construción dun barco para explorar, cun grupo de leais, os territorios do oeste apoiado en innovacións técnicas como o precursor do compás. |
Conde Haraldson | Gabriel Byrne | O Conde Haraldson é o xefe da comunidade á que pertence Ragnar Lodbrok, á que goberna con man de ferro. É un home atormentado polo asasinato dos seus dous fillos varóns, que se conforma na súa vellez cos improdutivos saqueos do oeste. Entende a proposta de Lodbrok coma un desafío á súa posición e o éxito nas súas expedicións coma unha ameaza. |
Ladgerda | Katheryn Winnick | É unha escudeira, unha guerreira, e muller de Ragnar Lodbrok. De forte carácter tanto protexe a casa e a familia na ausencia de Ragnar coma o acompaña nas expedicións. |
Floki | Gustaf Skarsgård | Libremente baseado no deus nórdico Loki, é un construtor de barcos quen deseña e constrúe o barco de Ragnar Lodbrok, acompañándoo tamén na súa travesía. |
Athelstan | George Blagden | É un xove monxe cristián que vive no mosteiro de Lindisfarne, na costa de Northumbria. Os viquingos de Lodbrok arrasan o mosteiro e asasinan a tódolos ocupantes agás a Athelstan, a quen Ragnar tomará coma servo para coñecer a lingua e costumes do reino invadido. Pouco a pouco vai converténdose ás crenzas pagás. |
Rollo | Clive Standen | Irmán de Ragnar, e cunha relación tormentosa con este. Nun principio comezan as travesas nunha posición de igualdade pero o ascenso de Ragnar unha gran envexa no seu irmán e os primeiros problemas. Está baseado no Rollo histórico, Hrolf Ganger, que foi o primeiro Duque de Normandía. |
Secundarios
Xa fora da trama
- Nathan O'Toole coma Bjorn, fillo de Ragnar e Ladgerda, na infancia.
- Rubí O'Leary coma Gyda, filla de Ragnar e Ladgerda.
- Elinor Crawley coma Thyri, filla do Conde Haraldson e Siggy.
- Eric Higgins coma Knut, medio irmán do Conde Haraldson.
- David Pearse coma Svein, home de confianza do Conde.
- Thorbjørn Harr coma o Conde Borg de Gotaland.
- Donal Logue coma o Rei Horik I de Dinamarca.
Aínda presentes
- Alexander Ludwig coma Bjorn, adulto.
- Jessalyn Gilsig coma Siggy, esposa do Conde Haraldson.
- John Kavanagh coma o Seiðr, profeta ou adiviño tribal.
- Alyssa Sutherland coma Aslaug, princesa filla da valquiria Brunilda.
- Jouko Ahola coma Kauko, un dos guerreiros de Ragnar.
- Jefferson Hall coma Torstein, un dos guerreiros de Ragnar.
- Tadgh Murphy coma Arne, un dos guerreiros de Ragnar.
- Vladimir Kulich coma Erik, un dos guerreiros de Ragnar.
- Gerard McCarthy coma Bronsted, un dos guerreiros de Ragnar.
- Diarmaid Murtagh coma Leif, un dos guerreiros de Ragnar.
- Maude Hirst coma Helga, parella de Floki.
- Ivan Kaye coma Rei Aelle de Norteumbría.
- Linus Roache coma o Rei Egbert de Wessex.
- Morten Suurballe coma Sigvard, segundo marido de Ladgertha.
- Carrie Crowley coma Elisef, esposa do Rei Horik.
- Cormac Melia coma Ubbe, fillo maior de Ragnar e Aslaug.
- Cathal O'Hallin coma Hvitserk, segundo fillo de Ragnar e Aslaug.
- Gaia Weiss coma Þórunn, escrava e parella sentimental de Bjorn.