Club Deportivo Leganés: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores) |
||
Liña 101: | Liña 101: | ||
* [http://www.deportivoleganes.com/ Sitio web oficial] |
* [http://www.deportivoleganes.com/ Sitio web oficial] |
||
* [http://www.legamania.es/ Web non oficial] |
* [http://www.legamania.es/ Web non oficial] |
||
* [http://ghetto28.blogspot.com/ |
* [http://ghetto28.blogspot.com/ Blog de Ghetto28] |
||
* [https://web.archive.org/web/20100522214815/http://www.nucleodurocdl.com/ Web oficial da Peña Nucleo Duro] |
* [https://web.archive.org/web/20100522214815/http://www.nucleodurocdl.com/ Web oficial da Peña Nucleo Duro] |
||
* [https://web.archive.org/web/20100305102645/http://www.mundopepinero.com.ar/ Museo virtual non oficial do CD Leganés] |
* [https://web.archive.org/web/20100305102645/http://www.mundopepinero.com.ar/ Museo virtual non oficial do CD Leganés] |
Revisión como estaba o 28 de setembro de 2020 ás 10:15
Leganés | ||||
---|---|---|---|---|
Nome | Club Deportivo Leganés | |||
Alcume(s) | Lega Pepineros | |||
Fundación | 1928 | |||
Estadio | Municipal de Butarque, Leganés, España | |||
Inauguración | 1997 | |||
Capacidade | 10958 | |||
Presidente | María Victoria Pavón | |||
Adestrador | José Luis Martí | |||
Liga | Segunda División | |||
2019–20 | 18º (Primeira División) | |||
Na rede | ||||
http://www.deportivoleganes.com/ | ||||
| ||||
O Club Deportivo Leganés é un club de fútbol español da cidade de Leganés, na Comunidade de Madrid. Foi fundado en 1928 e actualmente xoga na Segunda División.
Uniforme
- Uniforme titular: Camiseta branquiazul, pantalón branco e medias brancas.
- Uniforme alternativo: Camiseta verde, pantalón verde e medias verdes.
O primeiro uniforme do Leganés foi azulgrana, e anos máis tarde optouse por unha camiseta tricolor (verde, branca e vermella), para pasar finalmente ás cores actuais, branco e azul, que foron os tradicionais do equipo.
Estadio
- Artigo principal: Estadio Municipal de Butarque.
O Leganés xoga no Estadio Municipal de Butarque, inaugurado o 14 de febreiro de 1998, con capacidade para 10958 persoas e dimensións de 105 x 70 metros. O primeiro partido que albergou o terreo de xogo foi fronte ao Xerez.
Antes de Butarque, o CD Leganés xogou noutros 3 feudos. O primeiro campo no que xogou en 1928 estaba situado no Campo del Tiro, nun terreo cedido polos militares. Anos máis tarde pasouse ao campo municipal de Plaza Roma, un campo que durante a Guerra Civil española foi restaurado polos propios veciños da cidade, ata que foi remodelado profesionalmente ao terminar a mesma. En 1966 inauguraríase o campo principal do equipo, o Luis Rodríguez de Miguel, con capacidade para 5.000 persoas e no corazón da cidade, no que xogaron ata a metade da tempada 1998.
Datos do club
- Tempadas en 1ª: 4
- Tempadas en 2ª: 14 (incluída a 2020/21)
- Tempadas en 2ªB: 16
- Tempadas en 3ª: 19
- Mellor posto na liga: 13º (1ª división tempada 2018-19)
- Peor posto na liga: 19º (2ª división tempada 03-04)
Xogadores
Cadro actual
Actualizado a 19 de xaneiro de 2017.
|
|