Doríforo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m arranxiños
arranxiño
Liña 15: Liña 15:
}}
}}


O '''Doríforo''' (en [[Lingua grega|grego]] δορυφόρος, ''Doryphóros'', "o portador de lanza") é unha [[estatua]], orixinalmente de [[bronce]], atribuída ao escultor grego [[Policleto]] realizada, probablemente entre o 450 a.C e o 440 a.C. A mellor copia [[Roma antiga|romana]] de [[mármore]], de 2.12 metros de altura, atopada en Pompeia e datada entre finais do século II a.C. e comezos do século I a.C., atópase no [[Museo Arqueolóxico Nacional de Nápoles]], [[Italia]].
O '''Doríforo''' (en [[Lingua grega|grego]] δορυφόρος, ''Doryphóros'', "o portador de lanza") é unha [[estatua]], orixinalmente de [[bronce]], atribuída ao escultor grego [[Policleto]] realizada, probablemente entre o 450 a.C e o 440 a.C. A mellor copia [[Roma antiga|romana]] de [[mármore]], de 2,12 metros de altura, atopada en [[Pompeia]] e datada entre finais do século II a.C. e comezos do século I a.C., atópase no [[Museo Arqueolóxico Nacional de Nápoles]], [[Italia]].


== Descrición ==
== Descrición ==
Liña 24: Liña 24:
O [[realismo]] na obra é manifesto e consegue ofrecer a beleza ideal do corpo masculino. Non obstante, aínda non é posible apreciar a beleza na expresión, pois o seu rostro é inexpresivo e frío.
O [[realismo]] na obra é manifesto e consegue ofrecer a beleza ideal do corpo masculino. Non obstante, aínda non é posible apreciar a beleza na expresión, pois o seu rostro é inexpresivo e frío.


O Doríforo exerceu moita influencia na estatuaria grecorromana,por exemplo no [[Augusto de prima porta]],<ref>Vidal (2007), p. 109</ref> pois era o modelo a imitar, e en consecuencia, na posterior [[escultura]] moderna, xa a partir do século XV.
O Doríforo exerceu moita influencia na estatuaria grecorromana, por exemplo no [[Augusto de prima porta]],<ref>Vidal (2007), p. 109</ref> pois era o modelo a imitar, e en consecuencia, na posterior [[escultura]] moderna, xa a partir do século XV.


== Notas ==
== Notas ==
{{Listaref}}
{{Listaref}}
== Véxase tamén ==
== Véxase tamén ==
{{Commonscat|Doryphoros}}

=== Bibliografía ===
=== Bibliografía ===


* {{Cita libro|título=Léxico de Arte|apelidos=Lajo|nome=Rosina|editorial=Akal|ano=2001|ISBN=84-460-0924-2|edición=4ª|lugar=Madrid|ref=}}
* {{Cita libro|título=Léxico de Arte|apelidos=Lajo|nome=Rosina|editorial=Akal|ano=2001|ISBN=84-460-0924-2|edición=4ª|lugar=Madrid|ref=}}
* {{Cita libro|título=Retratos de la Antigüedad Romana y la Primera Cristiandad|apelidos=Vidal Guzmán|nome=Gerardo|editorial=Rialp|ano=2007|ISBN=978-84-321-3634-4|lugar=Madrid|ref=}}
* {{Cita libro|título=Retratos de la Antigüedad Romana y la Primera Cristiandad|apelidos=Vidal Guzmán|nome=Gerardo|editorial=Rialp|ano=2007|ISBN=978-84-321-3634-4|lugar=Madrid|ref=}}
{{Commonscat|Doryphoros}}
=== Outros artigos ===
=== Outros artigos ===
* [[Apoxiomeno]]
* [[Apoxiomeno]]
Liña 40: Liña 39:
=== Ligazóns externas ===
=== Ligazóns externas ===
* [https://web.archive.org/web/20081210094213/http://www.artehistoria.jcyl.es/historia/obras/7938.htm Páxina de ArteHistoria sobre o Doriforo.] {{es}}
* [https://web.archive.org/web/20081210094213/http://www.artehistoria.jcyl.es/historia/obras/7938.htm Páxina de ArteHistoria sobre o Doriforo.] {{es}}

{{Control de autoridades}}
{{Control de autoridades}}


{{ORDENAR:Doríforo}}
[[Categoría:Escultura da Grecia antiga]]
[[Categoría:Escultura da Grecia antiga]]
[[Categoría:Obras escultóricas]]
[[Categoría:Obras escultóricas]]

Revisión como estaba o 19 de setembro de 2020 ás 00:34

Doríforo
Copia romana do orixinal en bronce
ArtistaPolicleto
Dataorixinal 450 a.C-440 a.C; copia de finais do II a.C. a comezos do I a.C.
Técnicatalla
MovementoArte grega, período clásico.
Dimensións212 cm ×  cm
LocalizaciónMuseo Arqueolóxico Nacional. (Nápoles)

O Doríforo (en grego δορυφόρος, Doryphóros, "o portador de lanza") é unha estatua, orixinalmente de bronce, atribuída ao escultor grego Policleto realizada, probablemente entre o 450 a.C e o 440 a.C. A mellor copia romana de mármore, de 2,12 metros de altura, atopada en Pompeia e datada entre finais do século II a.C. e comezos do século I a.C., atópase no Museo Arqueolóxico Nacional de Nápoles, Italia.

Descrición

Representa a un mozo de pé, a un atleta vencedor que porta unha lanza ou xavelina na man esquerda. Considérase que Policleto realizou esta obra como ilustración dun libro escrito por el titulado Canon (modelo en grego)[1] no que se refería á simetría e as proporcións. O libro expresaba o arquetipo ou modelo perfecto, polo seu estudio matemático das proporcións ideais na representación do corpo humano: a altura do corpo era sete veces a da cabeza,[2] a cal se dividía en tres partes iguais: fronte, nariz, e distancia entre nariz e queixo; o pé era tres veces a lonxitude da palma da man; a perna, do pé ao xeonllo, era seis veces a lonxitude da palma da man etc.

O corpo é concibido coma un conxunto de planos, moi separados, e molduras: podémolo observar no bordo dos peitorís e na rugosidade pelviana, por exemplo. Estes pregamentos musculares tan vigorosos suxiren volume. Outra achega importante do Doríforo é a posición da figura, pois Policleto acada o equilibrio cun ritmo cruzado e compensado, o contraposto, que lle dá efecto de profundidade. Presenta a cabeza lixeiramente ladeada, inclinación derivada da postura, xa que a figura gravita sobre a dereita. O lado esquerdo proxéctase para fóra co fin de soster a lanza apoiada no ombro, e responde á curvatura do lado oposto. Unha observación polo miúdo permítenos comprobar a diferente función de cada perna. Deste xeito, rompe co estatismo arcaico, pois a figura está en actitude de avanzar, pero hai unha contención do movemento: pódese dicir que posúe a estabilidade do movemento en potencia.

O realismo na obra é manifesto e consegue ofrecer a beleza ideal do corpo masculino. Non obstante, aínda non é posible apreciar a beleza na expresión, pois o seu rostro é inexpresivo e frío.

O Doríforo exerceu moita influencia na estatuaria grecorromana, por exemplo no Augusto de prima porta,[3] pois era o modelo a imitar, e en consecuencia, na posterior escultura moderna, xa a partir do século XV.

Notas

  1. Fernández Paradas, Antonio (2016). Escultura Barroca Española. Entre el Barroco y el siglo XXI (EPUB - DRM). Vol.1. Exlibric. ISBN 9788416110797. 
  2. Lajo (2001), p. 65
  3. Vidal (2007), p. 109

Véxase tamén

Bibliografía

  • Lajo, Rosina (2001). Léxico de Arte (4ª ed.). Madrid: Akal. ISBN 84-460-0924-2. 
  • Vidal Guzmán, Gerardo (2007). Retratos de la Antigüedad Romana y la Primera Cristiandad. Madrid: Rialp. ISBN 978-84-321-3634-4. 

Outros artigos

Ligazóns externas