Batalla de Cambedo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 33: Liña 33:


=== Ligazóns externas ===
=== Ligazóns externas ===
* {{cita novas|url=http://praza.com/movementos-sociais/3078/66-anos-da-batalla-de-cambedo/|título=66 anos da Batalla de Cambedo|data=20 de decembro de 2012|xornal=Praza.gal|
* {{cita novas|url=http://praza.com/movementos-sociais/3078/66-anos-da-batalla-de-cambedo/|título=66 anos da Batalla de Cambedo|data=20 de decembro de 2012|xornal=Praza.gal}}
* [http://cambedo-maquis.blogs.sapo.pt/ Cambedo - Maquis]
* [http://cambedo-maquis.blogs.sapo.pt/ Cambedo - Maquis]



Revisión como estaba o 18 de setembro de 2020 ás 01:03

Coordenadas: 41°51′28″N 7°29′46″O / 41.8576577, -7.4959758

Casas derruídas en 1946.
Placa nunha das casas derruídas en 1946.
Placa informativa.
Placa conmemorativa.

Batalla de Cambedo é o nome que se dá[1] a un encontro bélico mantido o 19 de decembro de 1946, nas inmediacións de Cambedo (Portugal), entre guerrilleiros antifranquistas españois, por unha banda, e por outra forzas da Garda Civil española e máis elementos portugueses da Garda Nacional Republicana, Garda Fiscal, do exército e da Polícia Internacional e de Defensa do Estado.

Antecedentes

Grupos guerrilleiros que operaban no noroeste de España viñan refuxiándose en localidades portuguesas setentrionais, da zona de Tras os Montes. A finais de 1946 diversos grupos agardaban en localidades portuguesas próximas a Cambedo (Torre do Couto, Vilar de Nantes, Cima de Vila da Castanheira etc.) para efectuar unha xuntanza na que esperaban considerar a situación que se presentaba para o seu futuro en vista das mudanzas que se estaban a efectuar na situación española, europea e mundial, como resultado da posguerra inmediata á segunda guerra mundial.

Membros da Garda Civil infiltrados nas guerrillas informaron aos seus mandos, polo que se preparou, en colaboración con mandos portugueses, unha operación conxunta de grande envergadura contra os resistentes republicanos españois. Con todo, en última instancia, as guerrillas puideron ser alertadas da emboscada que se lles estaba a preparar. Mais aínda que na súa maioría os guerrilleiros puideron escapar do cerco, o grupo instalado en Cambedo non puido ser avisado.

Os feitos

Envoltos pola amálgama de tropas luso-españolas, o grupo guerrilleiro trabou combate, desigual e desesperado. De resultas caeron mortos varios guerrilleiros (Bernardino García García, Juan Salgado Riveiro) e outros foron apresados (Demetrio García Álvarez, Manuel Bárcea).

Consecuencias

En días sucesivos estendeuse a represión e foron detidas sesenta e cinco persoas en distintas localidades, tanto portugueses como españois, entre elas dezaoito veciños do mesmo Cambedo. A raíz do sucedido, a guerrilla do Noroeste tivo que abandonar as bases que creara no Norte portugués, o que a illaba aínda máis, dificultando moitísimo os contactos co estranxeiro, aínda que os mesmos continuaron en anos sucesivos, tanto pola vía portuguesa como pola francesa.

Repercusión

A batalla aparece citada no poema de Xosé Luís Méndez Ferrín "O Cambedo", pertencente ao libro Estirpe (1994).

Notas

  1. A denominación de batalla é un tanto pretensiosa, mais acostuma empregarse na historiografía especializada, ben que ás veces vai entrecomiñada para mitigala.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Cruz, Bento da, Guerrilheiros antifranquistas en Tras-os-Montes. Barrosana. 2003.
  • VV. AA., O Cambedo da Raia: 1946: Solidariedade galego-portuguesa silenciada. Ourense. Asociación de Amigos da República. 2004.

Ligazóns externas