Difteria: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Viascos (conversa | contribucións)
→‎Etioloxía: Engado referencia
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 71: Liña 71:
{{Control de autoridades}}
{{Control de autoridades}}


{{En progreso}}
{{Medicina en progreso}}


[[Categoría:Doenzas infecciosas]]
[[Categoría:Doenzas infecciosas]]

Revisión como estaba o 14 de setembro de 2020 ás 18:54

Difteria
Clasificación e recursos externos
Aspecto dunha boca diftérica, onde pode observarse a pseudomembrana adherente, densa e branco-cincentan na orofarinxe e piares amigdalinos.
DiseasesDB3122
MedlinePlus001608
MeSHD004165
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

A difteria (do grego διφθέρα [diphthera], coiro) é unha doenza infecciosa que afecta á pel e á nasofarinxe, producida pola bacteria Corynebacterium diphtheriae, tamén coñecido coma bacilo de Klebs-Löffler por seren os apelidos dos descubridores do axente[1]. Algunhas cepas deste microorganismo son quen de produciren toxinas, que poden afectar a órganos coma o corazón, producindo miocardite, ou ao sistema nervioso, producindo polineuropatía. Porén, o máis habitual adoita ser a forma respiratoria da infección, caracterizada pola aparición de falsas membranas ou pseudomembradas, que se adhiren á mucosa respiratoria e á farinxe.

A difteria é unha enfermidade mortal entre o 5% e 10% das veces. En rapaces de menos de cinco anos e en adultos de máis de 40 anos, o índice de mortalidade pode chegar a alcanzar o 20%. Porén, é improbable a aparición dalgún caso de difteria na poboación occidental, aparecendo casos unicamente en países africanos, onde non teñen acceso á vacina DTPa.

Etioloxía

A causa da difteria é o bacilo grampositivo Corynebacterium diphtheriae. Trátase dun axente inmóbil, non encapsulado, que ten un aspecto de pau ou bastón, e adoitan agruparse en formacións coñecidas coma letras chinesas.[2] Dentro desta especie existen diferentes cepas, algunhas de elas con alto poder toxixénico, isto é, capacidade de fabricar toxinas con acción nociva.

Epidemioloxía

Anos de vida perdidos a causa da doenza para a difteria por 100 ,000 habitantes en 2004.      sen datos      ≤ 1      1–2      2–3      3–4      4–5      5–6      6–7      7–9      9–10      10–15      15–50      ≥ 50
Casos de difteria declarados pola Organización Mundial da Saúde (OMS) entre 1997 e 2006:      sen datos      1–49 casos      Entre 50 e 99 casos      Máis de 100 casos

A difteria pódese transmitir a outros individuos ben por contacto directo por esbirros, gorxa, pel, ollos ou calquera outro tipo de secreción das persoas infectadas.

O período de incubación da doenza é de aproximadamente 5 días, aínda que os síntomas poden comezar máis tarde. Porén, dende que existe vacina contra a difteria, a cal está presente no calendario vacinal galego do Servizo Galego de Saúde, é extremadamente pouco habitual atopar casos de difteria alén da inmigración.

Síntomas

Diagnóstico

Tratamento

Notas

  1. Edwin Klebs e Friedrich Löffler foron os científicos que describiron por vez primeira a bacteria Corynebacterium diphtheriae
  2. Farreras, P.; Rozman, C. (1978). Medicina Interna (en castelán) 2 (9ª ed.). Barcelona: Marin S.A. pp. 887–892. ISBN 84-7102-980-4. 

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre medicina é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.