Diferenzas entre revisións de «Patinaxe sobre xeo»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
sen resumo de edición
(Arranxos)
A patinaxe sobre xeo foi levada a Gran Bretaña dende os Países Baixos, onde [[Xacobe II de Inglaterra|Xacobe II]] se exiliara brevemente no século XVII. Cando regresou a [[Inglaterra]], este «novo» deporte foi introducido á aristocracia británica, e axiña foi gozado por xente de todas as condicións sociais.
 
O primeiro club de patinaxe organizado foi o Edinburgh Skating Club, formado na década de 1740, aínda que hai que afirma que o club se estableceu en 1642.<ref name=":0">{{Cita publicación periódica|título=In The Beginning...|data=xuño de 1970|revista=Skating magazine}}</ref><ref>{{Cita web|url=http://www.iceskating.org.uk/index.cfm/about/history/|título=NISA History|data-acceso=28 de decembro de 2017|lingua=en|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20170921000258/http://www.iceskating.org.uk/index.cfm/about/history/|dataarquivo=21 de setembro de 2017}}</ref><ref>{{Cita web|url=http://www.thecanadianencyclopedia.com/en/article/figure-skating/|título=Figure Skating|data-acceso=28 de diciembredecembro de 2017|lingua=en}}</ref>
 
Na segunda edición da ''[[Encyclopædia Britannica|Enciclopedia Británica]]'' (1783) apareceu unha referencia contemporánea ao club:
Na [[Europa continental]], a participación na patinaxe sobre xeo limitábase aos membros das clases altas. O emperador [[Rodolfo II]] do [[Sacro Imperio Romano Xermánico|Sacro Imperio Romano]] gozou tanto patinando sobre xeo, que fixo construír un gran parque de xeo na súa corte para popularizar o deporte. O rei [[Luís XVI de Francia|Luís XVI]] de Francia introduciu a patinaxe sobre xeo en [[París]] durante o seu reinado. [[Madame de Pompadour]], [[Napoleón I de Francia|Napoleón I]], [[Napoleón III de Francia|Napoleón III]] e a [[Casa de Estuardo]] eran, entre outros, afeccionados reais e de clase alta á patinaxe sobre xeo.
[[Ficheiro:Glaciarium_Ice_Rink.jpg|esquerda|miniatura|Interior do ''Glaciarium'' en 1876]]
O seguinte club de patinaxe que se estableceu foi en Londres e non se fundou ata 1830.<ref name=":0"/> A mediados do século XIX, a patinaxe sobre xeo era un pasatempo popular entre a clase alta e media británica (a [[Vitoria do Reino Unido|raíña Vitoria]] coñeceu o seu futuro marido, o príncipe [[Alberte de Saxonia-Coburgo e Gotha|Albert]], a través dunha serie de viaxes de patinaxe sobre xeo) e os primeiros intentos de construción de pistas de patinaxe artificial fixéronse durante a «teima das pistas» de 1841-1844.<ref>{{Cita web|url=http://www.followthebrownsigns.com/ice-skating/|título=Ice Skating|data-acceso=28 de diciembredecembro de 2017|lingua=en}}</ref> Como a tecnoloxía para o mantemento do xeo natural non existía, estas pistas de patinaxe temperás emprgaron un substituto consistente nunha mestura de [[manteiga de porco]] e varios sales. Un artigo da edición do 8 de maio de 1844 da revista ''Living Age'' de Littell, que se titulaba ''Glaciarium'', dicía: «Este establecemento, que foi trasladado ao [[Tottenham Court Road]] do Grafton Street East, inaugurouse o luns pola tarde. A área de xeo artificial é extremadamente conveniente para aqueles que desexan participar no grácil e varonil pasatempo da patinaxe».
 
=== Xurdimento como deporte ===
[[Ficheiro:Fenskaters_ronden_ton.jpg|miniatura|James Smart dá a volta ao barril]]
A patinaxe converteuse nun deporte popular como recreación, medio de transporte e como espectáculo nos [[Fens]], Inglaterra, para persoas de todas as profesións e condicións sociais. As carreiras estaban reservadas aos traballadores, a maioría deles traballadores agrícolas. Non se sabe cando se celebraron os primeiros campionatos de patinaxe, pero a principios do século XIX as carreiras estaban ben establecidas e os resultados das competicións publicábanse na prensa.<ref>{{Cita libro|apelidos=Goodman|nome=Neville|título=Handbook of Fen Skating|url=https://archive.org/details/handbookfenskat00goodgoog|dataacceso=28 de decembro de 2017|ano=1882|editorial=Longmans, Green and Co.|lingua=en|apelidos2=Goodman|nome2=Albert}}</ref> A patinaxe como deporte desenvolveuse nos lagos de [[Escocia]] e nas canles dos [[Países Baixos]]. Nos séculos XIII e XIV substituíuse a madeira polo óso nas follas dos patíns, e en 1572 fabricáronse os primeiros patíns de metal.<ref>{{Cita web|url=https://www.scholastic.com/teachers/articles/teaching-content/ice-skating/|título=Ice Skating|data-acceso=28 de decembro de 2017|apelidos=Greiff|nome=James|lingua=en}}</ref> Cando as augas se conxelaban, celebrábanse torneos de patinaxe en vilas e aldeas de todo Fens. Nestes torneos locais os homes (e ás veces as mulleres ou os nenos) competían por premios de cartos, roupa ou comida.<ref name=":1">''Cycling'', 19 de xaneiro de 1895, ppáx. 19.</ref>
 
Os gañadores dos torneos locais eran convidados a participar nos grandes campionatos nos que patinadores de todo o Fens competían por premios en efectivo ante miles de espectadores. Os encontros do campionato adoptaron a forma dunha competencia principal galesa ou «último home de pé». Os competidores, 16 ou ás veces 32, eran emparellados en series e o gañador de cada serie pasaba á seguinte rolda. Medíase un percorrido de 660 [[iarda]]<nowiki/>s sobre o xeo, e colocábase un barril cunha bandeira en cada extremo. Durante unha carreira dunha [[milla]] e media, os patinadores completaban dúas roldas do percorrido, con tres voltas ao redor do barril.<ref name=":1">''Cycling'', 19 de enero de 1895, p 19.</ref>
[[Ficheiro:Fen_Runners.jpg|esquerda|miniatura|''Fen runners'']]
Nos Fens, os patíns chamábanse ''pattens'', ''fen runners'' ou corredores de [[Whittlesey]]. O estribo estaba feito de madeira de [[Fagus|faia]]. Colocábase un parafuso no talón da bota e aparafusábanse tres púas pequenas na parte dianteira para manter estable o patín. Había buracos no estribo para que as correas de coiro se suxeitasen ao pé. As follas de metal eran lixeiramente máis altas na parte traseira que na dianteira. Na década de 1890 os patinadores comezaron a competir con patíns ao estilo noruegués.
 
O sábado 1 de febreiro de 1879, varios patinadores profesionais de [[Cambridgeshire]] e [[Huntingdonshire]] reuníronse no Guildhall de Cambridge para fundar a National Ice Skating Association, o primeiro organismo nacional de patinaxe sobre xeo do mundo.<ref>{{Cita web|url=http://www.iceskating.org.uk/index.cfm/athletes/speed-skating1/long-track/the-history-of-long-track-speed-skating/|título=The History of Long Track Speed Skating|data-acceso=28 de diciembredecembro de 2017|lingua=en|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20171229173907/http://www.iceskating.org.uk/index.cfm/athletes/speed-skating1/long-track/the-history-of-long-track-speed-skating/|dataarquivo=29 de diciembredecembro de 2017}}</ref>
 
=== Patinaxe artística sobre xeo ===
Durante un tempo, as duras e ríxidas figuras británicas da patinaxe artística dominaron en América, superando sobre a forma máis artística de Haines. Haines, en cambio, tentou difundir as súas innovacións na patinaxe sobre xeo en Europa, gañando éxito en países como [[Suecia]] e [[Austria]]. O seu estilo era rexeitado polos seus colegas norteamericanos e polos patinadores da [[Época vitoriana|Inglaterra vitoriana]], que continuaron a defender un estilo de patinaxe máis ríxida e sobria. Haines continuou a engadir novos elementos de danza ás súas rutinas, e asombrou unha multitude en [[Viena]] no inverno de 1868. Moitos na audiencia preguntáronse como un home normal podía moverse sobre o xeo de tal xeito. A actuación de Haines conduciu ao establecemento da Escola de Viena, que seguiu a desenvolveu o estilo artístico de Haines.
 
A [[Unión Internacional de Patinaxe sobre Xeo|Unión Internacional de Patinaxe]] foi fundada en 1892 como a primeira organización internacional de patinaxe sobre xeo en [[Scheveningen]], Países Baixos. A Unión creou o primeiro conxunto codificado de normas sobre patinaxe artística e regulou a competición internacional en materia de velocidade e patinaxe artística. O primeiro campionato, coñecido como Championship of the Internationale Eislauf-Vereingung, celebrouse en [[San Petersburgo]] en 1896. O evento tivo catro competidores e foi gañado por [[Gilbert Fuchs]].<ref>{{Cita libro|apelidos=Hines|nome=James Robert|ligazónautor=|título=Figure Skating: A History|url=https://archive.org/details/figureskatinghis00hine/page/75|dataacceso=|ano=2006|editorial=University of Illinois Press|ISBN=9780252072864|apelidos-editor=|lugar=|páxina=[https://archive.org/details/figureskatinghis00hine/page/75 75]|lingua=en|capítulo=}}</ref>
 
== Mecánica física da patinaxe ==
Un patín pode deslizarse sobre o xeo porque hai unha capa de moléculas de xeo na superficie que non están tan fortemente unidas como as moléculas da masa de xeo que hai debaixo. Estas moléculas están en estado semilíquido, proporcionando lubricación. As moléculas desta capa «cuasifluída» ou «parecida á auga» son menos móbiles que a auga líquida, pero son moito máis móbiles que as moléculas máis fondas no xeo. Aproximadamente a -157 &nbsp;°C a capa esvaradía ten un espesor molecular; a medida que a temperatura aumenta, a capa esvaradía vólvese máis grosa.<ref>{{Cita web|url=http://www.nytimes.com/2006/02/21/science/21ice.html?pagewanted=all|título=Explaining Ice: The Answers Are Slippery|data-acceso=29 DEde DICIEMBREdecembro DEde 2017|apelidos=Chang|nome=Kenneth|data=21 de febrerofebreiro de 2006|lingua=en}}</ref><ref>{{Cita publicación periódica|url=https://doi.org/10.1016/S0039-6028(97)00090-3|apelidos3=Barbieri|apelidos7=Minot|nome6=G.J.|apelidos6=Kroes|nome5=G.A.|apelidos5=Somorjai|nome4=M.A.|apelidos4=Van Hove|nome3=A.|cita=Most studies so far were performed at temperatures well above 240 K (-33 °C) and report the presence of a liquid or quasiliquid layer on ice. Those studies that went below this temperature do not suggest a liquid-like layer.|título=Molecular surface structure of ice(0001): dynamical low-energy electron diffraction, total-energy calculations and molecular dynamics simulations|doi=10.1016/S0039-6028(97)00090-3|páxinas=190-210|número=2-3|volume=381|data=10 de junioxuño de 1997|nome2=U.|apelidos2=Starke|nome=N.|apelidos=Materer|nome7=C.}}</ref><ref>{{Cita web|url=http://www.post-gazette.com/neighborhoods-city/2012/12/23/Pitt-physics-professor-explains-the-science-of-skating-across-the-ice/stories/201212230227|título=Pitt physics professor explains the science of skating across the ice|data-acceso=29 de diciembredecembro de 2017|data=23 de diciembredecembro de 2012|lingua=en|cita=It used to be thought ... that the reason skaters can glide gracefully across the ice is because the pressure they exert on the sharp blades creates a thin layer of liquid on top of the ice... More recent research has shown, though, that this property isn't why skaters can slide on the ice... It turns out that at the very surface of the ice, water molecules exist in a state somewhere between a pure liquid and a pure solid. It's not exactly water -- but it's like water. The atoms in this layer are 100,000 times more mobile than the atoms [deeper] in the ice, but they're still 25 times less mobile than atoms in water. So it's like proto-water, and that's what we're really skimming on.}}</ref><ref>{{Cita web|url=http://www.exploratorium.edu/hockey/ice2.html|título=Slippery All the Time|data-acceso=29 de diciembredecembro de 2017|cita=Professor Somorjai's findings indicate that ice itself is slippery. You don't need to melt the ice to skate on it, or need a layer of water as a lubricant to help slide along the ice... the "quasi-fluid" or "water-like" layer exists on the surface of the ice and may be thicker or thinner depending on temperature. At about 250 degrees below zero Fahrenheit (-157 &nbsp;°C), the ice has a slippery layer one molecule thick. As the ice is warmed, the number of these slippery layers increases.|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20120719170256/http://www.exploratorium.edu/hockey/ice2.html|dataarquivo=19 de julioxullo de 2012}}</ref><ref>{{Cita web|url=http://news.sciencemag.org/sciencenow/1996/12/09-04.html|título=Getting a Grip on Ice|data-acceso=29 de diciembredecembro de 2017|data=9 de diciembredecembro de 1996|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20130528045227/http://news.sciencemag.org/sciencenow/1996/12/09-04.html|dataarquivo=28 de mayomaio de 2013}}</ref>
 
Durante moito tempo creuse que o xeo era esvaradío porque a presión dun obxecto en contacto con el facía que unha capa delgada se derretise. A hipótese era que a folla dun patín de xeo, exercendo presión sobre o xeo, derretía unha fina capa, proporcionando lubricación entre o xeo e a folla. Esta explicación, chamada «fusión a presión», orixinouse no século XIX. Con todo, isto non tiña en conta a patinaxe sobre xeo a temperaturas inferiores a -3,5 &nbsp;°C, mentres que os patinadores adoitan patinar sobre xeo a temperaturas máis baixas. No século XX, propúxose unha explicación alternativa, chamada "quecemento por fricción", segundo a cal a fricción do material estaba a causar o derretemento da capa de xeo. Con todo, esta teoría tampouco explica a patinaxe a baixa temperatura. De feito, ningunha das dúas explicacións explicaba por que o xeo é esvaradío cando está quieto mesmo a temperaturas baixo cero.<ref>{{Cita publicación periódica|url=http://lptms.u-psud.fr/membres/trizac/Ens/L3FIP/Ice.pdf|título=Why Is Ice Slippery?|apelidos=Rosenberg|nome=Robert|páxinas=50-54|data-acceso=29 de diciembredecembro de 2019|lingua=en|doi=10.1063/1.2169444}}</ref>
 
== Seguridade ==
A patinaxe depende da rugosidade do xeo, o deseño do patín e a habilidade e experiencia do patinador. Aínda que as lesións graves son raras, varios patinadores de [[Patinaxe de velocidade sobre pista curta|pista curta]] quedaron [[Parálise|paralizados]] despois dunha caída. A caída pode ser fatal se non se usa un [[casco (protector)|casco]] para protexerse dun traumatismo cranial grave. Os accidentes son raros pero máis comúns con colisións, xogos de [[Hóckey sobre xeo|hóckey]] ou [[Patinaxe artística sobre xeo en parellas|patinaxe en parella]]. O segundo perigo, e máis grave, é o de caer a través do xeo á auga xeada cando se patina ao aire libre sobre un corpo de auga xeada. A morte pode ocorrer debido a [[hidrocución]], [[hipotermia]] ou [[afogamento]]. A miúdo é difícil ou imposible para os patinadores saír da auga de volta ao xeo debido a que o xeo rompe repetidamente, o patinador angústiase polos patíns e a roupa grosa de inverno, ou desoriéntase baixo a auga. O patinador pode mesmo non ser capaz de atopar o buraco a través do cal caeu. Isto pode resultar en afogamento ou hipotermia, mais o arrefriado rápido tamén pode crear un estado no cal alguén pode ser revivido ata horas despois de caer na auga. Por razóns de seguridade, recoméndase que os patinadores nunca patinen sós ou na escuridade.
 
== Xogos de equipo sobre xeo ==
37.990

edicións

Menú de navegación