Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
+ imaxe
Maria zaos (conversa | contribucións)
Liña 51: Liña 51:
[[Categoría:República Dominicana]]
[[Categoría:República Dominicana]]
[[Categoría:Días internacionais da Organización das Nacións Unidas]]
[[Categoría:Días internacionais da Organización das Nacións Unidas]]
[[Categoría:Muller]]
[[Categoría:Violencia contra as mulleres]]
[[Categoría:Novembro]]
[[Categoría:Novembro]]

Revisión como estaba o 9 de setembro de 2020 ás 19:45

Graffiti en Caldas de Reis
Placa no Carballiño cun verso de Carmen Blanco García.

O Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, aprobado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas na súa Resolución 50/134 o 17 de decembro de 1999, celébrase anualmente cada 25 de novembro, en memoria das irmás Mirabal. A proposta para que se celebrase nesa data realizouna a República Dominicana, co apoio de 80 países.

Historia

Na República Dominicana rexistrouse o asasinato das tres irmás Mirabal, feito que tivo lugar o 25 de novembro de 1960, por orde do ditador dominicano Rafael Leónidas Trujillo.

En 1981 celebrouse en Bogotá, Colombia, o Primeiro Encontro Feminista Latinoamericano e do Caribe, onde se decidiu marcar o 25 de novembro como o "Día Internacional de Non Violencia contra as Mulleres", lembrando o asasinato das tres mulleres.

En 1993 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas aprobou a Declaración sobre a Eliminación da Violencia contra a Muller, na que se definiu a "violencia contra a muller" como

Todo acto de violencia baseado no xénero que ten como resultado posible ou real un dano físico, sexual ou psicolóxico, incluídas as ameazas, a coerción ou a prohibición arbitraria da liberdade, xa sexa que ocorra na vida pública ou na vida privada

. Na devandita Asemblea recoñeceuse que eran necesarios "unha clara declaración dos dereitos que se deben aplicar para asegurar a eliminación de toda violencia contra a muller en todas as súas formas, e un compromiso dos Estados e da comunidade internacional en xeral para eliminar a violencia contra a muller".[1]

O 17 de decembro de 1999, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas designou o 25 de novembro coma o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. A ONU invitou os gobernos, organizacións internacionais e organizacións non gobernamentais a organizar actividades dirixidas a sensibilizar o público respecto do problema neste día coma unha celebración internacional.

O Fondo de Desenvolvemento das Nacións Unidas para a Muller (United Nations Development Fund for Women, ou Unifem, en inglés) tamén observa regularmente a xornada, e ofrece suxestións para que outros as observen.

En outubro de 2006 presentouse o Estudo a fondo sobre todas as formas de violencia contra a muller, que amosa que existen obrigas concretas dos Estados para prever esta violencia, para tratar as súas causas (a desigualdade histórica e a discriminación xeneralizada), así como para investigar, enxuizar e castigar os agresores.

¿Por que este Día Internacional?
Debido a que:
  • A violencia contra a muller é unha violación dos dereitos humanos.
  • A violencia contra a muller é consecuencia da discriminación que sofre, tanto nas leis como na práctica, e a persistencia de desigualdades por razón de xénero.
  • A violencia contra a muller afecta e impide o avance en moitas áreas, incluídas a erradicación da pobreza, a loita contra o VIH/SIDA e a paz e a seguridade.
  • A violencia contra as mulleres e as nenas pódese evitar. A prevención é posible e esencial.
  • A violencia contra a muller segue a ser unha pandemia global. Ata un 70% das mulleres sofren violencia na súa vida.
Pinta o teu mundo de laranxa durante 16 días para acabar coa violencia de xénero
A campaña do Secretario Xeral ÚNETE para pór fin á violencia contra as mulleres proclamou o 25 de cada mes Día Laranxa. Entre outras actividades, nese día invítasenos a levar algunha peza de roupa desa cor para resaltar o chamamento a erradicar a violencia contra a muller sen reservas, equívocos ou demoras.
Este ano a campaña ÚNETE estende ese Día Laranxa a 16 días de activismo contra a violencia baseada no xénero, desde o 25 de novembre en que se conmemora o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, ata o 10 de dicembro, Día dos Dereitos Humanos.

Notas

  1. Declaración sobre a eliminación da violencia contra a muller Resolución 48/104. Asemblea Xeral de Nacións Unidas. Aprobado o 20/12/1993. Publicado o 23/02/1994.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas